martes, 14 de maio de 2024
15-5-2024. Mesa Redonda "Mulleres Xornalistas. Elas abriron o camiño" [Ateneo Atlántico]
O mércores 15 de maio ás 19.30 horas, mesa redonda sobre Mulleres xornalistas. Elas abriron o camiño. Coa presenza de Luz María Durán, Magis Igesias e Ana Guantes, así como con Irene Bascoy que actuará de moderadora. Todas elas xornalistas viguesas pioneiras e con moita proxección en numerosos medios.
luns, 13 de maio de 2024
Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 5 ao 10 de maio [OUTRAS NOVAS]
mércores, 8 de maio de 2024
10-5-2024. Venres da EMAO presenta Isaac Pérez Vicente e a Hermes Salceda en "Erre, que erre? Palabras, imaxes, grafos, potencialidades" [PINTURA]
Desde mediados dos anos oitenta do século pasado as exploracións de Isaac Pérez Vicente despréganse en múltiples grafos novos e ofrécenlle a quen se adentre nelas formas inéditas de circular polo mundo e pola súa propia memoria. IPV explora e desprega a potencialidade das palabras e das imaxes que herdamos de antigo propoñéndonos novas relacións que desautomatizan a nosa percepción e interrogan os límites da arte, as súas relacións coa literatura e a semiótica do presente.
Presentado por Darío A. Basso (mestre de Pintura na EMAO)
Data: 10 de maio de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
martes, 7 de maio de 2024
Convocatoria do nivel avanzado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Curso 2024-2025 [ADMINISTRACIÓN]
II da especialidade na que estea matriculado/a.
- Investigación
- Produción
- Creación
- Ampliación de coñecementos.
Prazos
- Do 6 de maio ao 14 de xuño de 2024, presentación de proxectos por parte do alumnado.
- Do 17 ao 21 de xuño de 2024, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada en 5.2.
- 24 ao 27 de xuño de 2024: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración.
- 1 de xullo de 2024: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados.
luns, 6 de maio de 2024
Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 29 de abril ao 3 de maio [OUTRAS NOVAS]
2-5-2024. Xornadas de Divulgación e Concienciación. O sarcoma ao descuberto [ASARGA]
Escultura e talla en madeira |
Biblioteca |
Serigrafía artística |
xoves, 2 de maio de 2024
3-5-2024. Exposición "Farruco. Arte por amor á arte. Unha rendición de contas na EMAO" [ESPAZO EMAO]
"Farruco. Arte por amor á arte. Unha rendición de contas na EMAO", representa o reencontro de Francisco Sesto Novás "Farruco" (Vigo, 1943), coa escola da que foi alumno nos anos 60 (foi 1º premio en Pastel e 2º premio en Debuxo na "I Exposición de artistas noveles" da EMAO en 1960), lugar que el mesmo identifica como a xénese de moitas das súas inquedanzas no campo da creación. Aos 18 anos emigra a Venezuela, onde fai a súa vida.
Poeta, escritor, pintor, debuxante, arquitecto, membro correspondente da Real Academia Galega. Farruco móstranos nesta exposición exemplos destacados da súa rica e diversa obra creativa e o seu retornado vencello coa escola e coa cidade.
FICHA DA EXPOSICIÓN
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 3 ao 24 de maio de 2024
Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas
Comisariado: Darío Álvarez-Basso, Federico Fernández e Alba Pardo, mestres de Pintura, Debuxo e Serigrafía artística, respectivamente, da EMAO.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2024
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
luns, 29 de abril de 2024
29-4-2024. Presentación do libro Francisco Villamil [OUTRAS NOVAS]
Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 22 ao 26 de abril [OUTRAS NOVAS]
25-4-2024. Conferencia "Francis Drake en la Ría de Vigo, 1585 y 1589" por Juan Antonio Gelabert [FORUM IEV]
22-4-2024. Presentación do libro "O teu perfin na miña sombra" de Xina Vega [ATENEO ATLÁNTICO]