martes, 7 de maio de 2024

Convocatoria do nivel avanzado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Curso 2024-2025 [ADMINISTRACIÓN]

 

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo vén de facer pública a Convocatoria de acceso ao Nivel Avanzado para o curso 2024-25 nas especialidades de Serigrafía artística, Moda e confección, Pintura, Debuxo artístico, Artesanía en Coiro, Talla e escultura en madeira,  Ourivería, Deseño e encaixe de palillos e Construción artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM Gaita e CAIM Zanfona). 
 
 
Terá dereito o alumno/a que remate coa cualificación de apto/a o Nivel Superior ou Perfeccionamento
II da especialidade na que estea matriculado/a.

O Nivel Avanzado consiste no desenvolvemento dun Proxecto de Fin de Estudos previamente presentado e seleccionado conforme ás normas e aos criterios que se explicitan nas Bases. Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas/catro horas de duración durante o curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario. 
 
Ao remate do curso académico, unha vez avaliado e cualificado como Apto/Non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015), certificaranse 70/100 horas correspondentes á superación do nivel AVANZADO.
 
Para acceder a este nivel o/a interesado/a deberá presentar, nos prazos que se indican na presente convocatoria, un proxecto persoal directamente relacionado coa especialidade cursada. Esta proposta será informada inicialmente polo/a mestre/a titular da mesma tendo en conta as especificidades recollidas no apartado correspondente desta convocatoria. 

Este proxecto poderá orientarse nalgunha das catro liñas seguintes:
  • Investigación
  • Produción
  • Creación
  • Ampliación de coñecementos. 
Unha comisión formada pola xefatura do Servizo municipal de Educación (ou técnico/a en quen delegue), xefe de estudos, o/a profesor/a da especialidade e un profesor/a elixido por cada un dos departamentos, seleccionará, de xeito libre e motivado -previo o informe escrito do profesor/a da especialidade-, aqueles proxectos que considere de interese.
A EMAO publicará, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel Avanzado, facendo constar as iniciais do nome e apelidos do/ alumno/a, especialidade e denominación do proxecto. 
 
Prazos
  • Do 6 de maio ao 14 de xuño de 2024, presentación de proxectos por parte do alumnado.
  • Do 17 ao 21 de xuño de 2024, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada en 5.2.
  • 24 ao 27 de xuño de 2024: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración.
  • 1 de xullo de 2024: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!