Este Venres da EMAO visítanos Xoán Pastor Rodríguez, director dun dos museos máis importantes de Galicia e de España na súa categoría, xa que alberga unha fantástica colección que acolle cantas técnicas artísticas do gravado operaron dende o século XV ata os nosos días. Con máis de 30.000 gravados de máis de 400 artistas entre o fondo antigo e moderno, no Museo de Artes, ademais de contar cunha ampla programación expositiva moi dinámica, pódense encontrar nos seus fondos estampas de Rafael, Rembrandt, Goya, Dalí, Picasso, Toulouse-Lautrec, Chagall, Saura ou Alberti entre moitos outros, así o Museo e a Fundación cumpren coa tarefa de custodiar ese patrimonio gráfico, conservalo e difundilo xa que moitas das súas estampas son reclamadas en préstamos por museos de todo o mundo.
De todo iso e máis falaremos con Xoan Pastor, que nos contará como chegou esta fantástica colección a un pequeno lugar de Ribeira.
Presentado por Rosa García (mestra de Talla e escultura en madeira da EMAO)
Data: 24 de maio de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!