28-10-2024. Presentación do libro "As músicas interrompidas. Balboa, Macías, Viaño"
mércores, 30 de outubro de 2024
Resumo en imaxes das actividades culturais desta semana na hemeroteca [OUTRAS NOVAS]
luns, 28 de outubro de 2024
Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 21 ao 25 de outubro [OUTRAS NOVAS]
24-10-2024. 1ª Conferencia: "As raices musicais da obra poetica rosaliana" Ciclo de Conferencias Rosalía e a Música [ASOCIACIÓN CULTURAL PERTENZA]
23-10-2024. Presentación do libro "Pulso de Galicia" por Victor Oia
22-10-2024. Mesa redonda "O dereito á sanidade" e Proxección do documental "DEP. Destruír era o plan" [ATENEO ATLÁNTICO]
xoves, 24 de outubro de 2024
Día das Bibliotecas 2024: por un futuro sostible [BIBLIOTECA]
Cada 24 de outubro o Ministerio de Cultura, a través da Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura, impulsa a celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, espazos abertos e "aptos para todos os públicos" que este 2024 leva o lema "Por un fututuro sostible". A través das súas coleccións, servizos e actividades, as bibliotecas constribúen a unha sociedade mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.
O cartel conmemorativo deste ano é do ilustrador Nicolás Aznárez.
luns, 21 de outubro de 2024
25-10-2024. Venres da EMAO presenta "Crispín e Crispiniano pasaron á historia, pero cántos se perderon na memoria? [COIRO]
"Crispín e Crispiniano pasaron á historia, pero cántos se perderon na memoria?"
O 25 de outubro é unha data moi especial para todos os que traballan o coiro: é o seu día. Para valorar o estado presente do
oficio débese ter en conta o traballo que durante moito tempo
desempeñaron moitos artesáns que cada día transformaron o material en
obxectos útiles que fixeron que a vida da xente fose máis doada. Moitas
destas pezas hoxe son admiradas, pero descoñecemos as mans que as
construíron, decoraron e deron vida.
Xa é hora de falar deles.
Presentado por Pepe Pereira (Mestre de Artesanía en coiro da EMAO)
Data: 25 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
24-10-2024. 1ª Conferencia: "As raices musicais da obra poetica rosaliana" Ciclo de Conferencias Rosalía e a Música [ASOCIACIÓN CULTURAL PERTENZA]
Primeira das conferencias do Ciclo Rosalía e a Música organizado pola Asociación Cultural Pertenza.Conferenciante Anxo Angueira, música, Marina Fernández, presenta Cipriano Jiménez.
22-10-2024. Mesa redonda "O dereito á sanidade" e Proxección do documental "DEP. Destruír era o plan" [ATENEO ATLÁNTICO]
Mesa redonda arredor do deterioro da sanidade pública en Galicia e
proxección do documental “DEP Destruír era o plan. Martes 22 de
outubro, na EMAO, a partir das 19.30. Organiza o Ateneo Atlántico.
luns, 14 de outubro de 2024
18-10-2024. Venres da EMAO presenta "Itinerario, paradas e vivencias" por Miguel Vázquez [BIBLIOTECA]
"Itinerario, paradas e vivencias"
Miguel Vázquez, que impartiu clases de cerámica na EMAO desde 1986, desenvolveu a súa actividade en tres vertentes, a escultura, a docencia e a cerámica de autor. Baixo o título "Itinerario, paradas e vivencias", Miguel Vázquez constrúe un relato no que tentará establecer as pontes entre a parte docente, a de manipulador e a de activista cerámico, a través das diferentes etapas e vivencias do seu itinerario vital.
Presentado por María Jesús Cuesta (bibliotecaria da EMAO)
Data: 18 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
Ex libris. Policromía. Conferencia de Gladys Muñoz [SERIGRAFÍA]
15-10-2024. Conferencia "O Tesouro da Toponimia Galega" por Gonzalo Navaza [ATENEO ATLÁNTICO]
O martes 15 de outubro ás 19.30 horas, Gonzalo Navaza falará sobre a toponimia galega. O acto será presentado por X. Carlos L. Bernárdez. Organiza o Ateneo Atlántico.
mércores, 9 de outubro de 2024
Gladys Muñoz e os seus ex libris [SERIGRAFÍA]
Este venres 11 de outubro contaremos coa presenza de Gladys Muñoz na hemeroteca da escola onde organizaremos unha charla informal sobre a técnica dos ex libris. Gladys iniciou os seus estudos na Escola de Belas Artes Rogelio Yrurtia e na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón na que se graduou como profesora de gravado. Estudou técnicas de litografía no Taller Experimental de Gráfica da Habana. Participou en exposicións e bienais de gravado, nacionais e internacionais, individuais e colectivas na disciplina de ex libris. Participou e recibiu premios en competencias e exposicións nacionais e internacionais de gravado entre os que destacan:
XIV Bienal Internacional de pequeno formato e ex libris, Ostrów, Wielkopolski (2011).
luns, 7 de outubro de 2024
11-10-2024. Venres da EMAO presenta Ex-Libris por Gladys Muñoz [SERIGRAFÍA]
Gladys Muñoz é unha artista formada en varias escolas de Belas Artes de Arxentina, onde obtivo o título de profesora de gravado. Afondou na técnica litográfica no Taller Experimental da Habana e participou en diversas exposicións internacionais de gravado, con premios e mencións de honra en ex libris. Neste encontro Gladys falaranos do que é un ex libris e amosaranos procesos de elaboración de gravado en relevo e policromía a prancha perdida.
Presentado por Alba Pardo (mestre de Serigrafía artística da EMAO)
Data: 11 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.