![]() |
| Xoves 1 de outubro ás 19.30 horas |
luns, 28 de setembro de 2026
sábado, 26 de setembro de 2026
26-9-2026. 140 Aniversario da creación da Escola de Artes e Oficios de Vigo [BIBLIOTECA]
Hoxe estamos de aniversario, a Escola Municipal de Artes e Oficios cumpre 140 anos. A inauguración da Escola tivo lugar o 26 de setembro de 1886, foi Eduardo Chao, antigo ministro da 1ª República Española quen deu o discurso inaugural. Era o resultado da iniciativa dunha Sociedade de Socorros Mutuos chamada "A Cooperativa" que recollía unha vella reivindicación das sociedades obreiras e agrarias do século XIX conscientes da necesidade de elevar o nivel de instrución das clases traballadoras en beneficio do desenvolvemento da cidade. O seu primeiro enderezo foi a antiga rúa do Circo, no ano 1900 trasládase ata o edificio doado por José García Barbón que actualmente ocupa.
Desde o mesmo momento da súa creación a Escola contribuíu ao desenvolvemento industrial, comercial e cultural da nosa cidade, exerceu unha tarefa moi importante preparando a mozos e adolescentes non soamente nas disciplinas técnicas ou complentando o seu ensino primario, senón proporcionándolles tamén os fundamentos dunha instrución artística e impulsando unha vocación.
Na actualidade, é un centro de ensinanza para adultos, non regrada, cun programa que abrangue materias moi diversas desde o ámbito das belas artes (Debuxo e Pintura) ata os oficios máis artesanais (Artesanía do coiro, Cerámica artística, Construción artesanal de instrumentos musicais, gaita e zanfona, Deseño e encaixe de palillos, Escultura e talla en madeira, Moda e confección, Ourivaría e Serigrafía artística) cunha orientación máis profesional. Mediante una metodoloxía práctica que combina o traballo en obradoiros especializados, dotados das ferramentas e a maquinaria necesaria para cada disciplina artística ou oficio, coa aprendizaxe de contidos e destrezas complementarias.
O vindeiro xoves día 1 de outubro, comeza este novo curso. Felicitémonos todos por iso!!!
Recordarvos que ata o día 16 de outubro pódese visitar na nosa sala de exposicións "Espazo Emao" a exposición 140. Escola de Artes e Oficios.
mércores, 23 de setembro de 2026
Formalización da matrícula para o alumnado de novo ingreso na EMAO. Curso 2026-2027 [ADMINISTRACIÓN]
| Alumnado de novo ingreso na EMAO curso 2026-27 |
Formalización de matrícula:
- Ficha cumprimentada (Recóllese e entregase na Unidade Administrativa da EMAO).
- Fotocopia simple do seu DNI.
- Datas
e horario de matrícula: do 24 ao 30 de setembro (de 10 a 13 horas e de
16 a 20 horas). O día 30 de setembro (de 10 a 13 horas).
2. De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto a persoa que figure no lugar correspondente na lista de agarda.
3. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado durante o primeiro trimestre do curso 2026-2027. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo, o número de prazas ofertadas para cada especialidade.
A admisión definitiva está condicionada á veracidade dos datos de empadroamento.
Unidade Administrativa da EMAO.
EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO.
De luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado)
Teléfono: 986 228 088
Correo-e: emao@vigo.org/
Internet: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7.php
https://emaonlinecovid.blogspot.com/
xoves, 10 de setembro de 2026
Calendario das probas de acceso ao Curso 2026-2027 [ADMINISTRACIÓN]
As letras que aparecen citadas refírense ao primeiro apelido das persoas solicitantes de praza, incluíndo á totalidade das persoas cuxo apelido comece pola letra indicada, agás indicación noutro sentido.
As persoas candidatas deberán presentarse nos horarios e lugares indicados, co seu DNI e bolígrafo.
luns, 29 de xuño de 2026
Fotos do Acto de Entrega de Diplomas Fin de Estudos na EMAO 2025 - 2026 [ADMINISTRACIÓN]
venres, 26 de xuño de 2026
26-6-2026. Entrega de Diplomas Fin de Estudos no Salón de Actos [ADMINISTRACIÓN]
xoves, 25 de xuño de 2026
Reunión da Comisión de Valoración dos Proxectos de Fin de Estudos na EMAO [ADMINISTRACIÓN]
- Fundamentación
- Orixinalidade
- Implicación no proxecto dos coñecementos, técnicas e destrezas adquiridos polo alumno/a durante a súa formación.
- Interese e relevancia que ten no marco da especialidade.
- Capacidade intrínseca do proxecto de xerar novo coñecemento ou fixación de aptitudes e actitudes
- Coherencia e viabilidade
- Viabilidade económica
- Deseño e presentación
- Adaptación á modalidade de titoría
- Creatividade e implicación
A EMAO publicará 1 de xullo de 2026, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel avanzado.
martes, 23 de xuño de 2026
luns, 22 de xuño de 2026
Convocatoria Xeral Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Curso 2026-2027 [ADMINISTRACIÓN]
O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca o proceso de solicitude de praza e matrícula para o vindeiro curso 2026-2027 na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), nas especialidades de: Artesanía en coiro, Construcción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Gaita, CAIM Zanfona, Cerámica artística, Debuxo artístico, Deseño e encaixe de palillos, Moda e confección, Ourivería, Pintura, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira.
Oferta formativa (a partir dos 16 anos)
Os prazos establecidos para este proceso, son os seguintes:
INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN
Lugar: EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO.
Administración: de luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado)
Teléfono: 986 228 088
Correo-e: emao@vigo.org
Web EMAO: https://hoxe.vigo.org/movemonos/emao27.php?lang=gal
Resumo en fotos das outras actividades culturais da semana na hemeroteca [OUTRAS NOVAS]
17-6-2026. Presentación do libro "Habitaciones sin barrer" de Ramiro Tomás Sueiro Beloso [APAMP]
mércores, 17 de xuño de 2026
19-6-2026. Inauguración da exposición "140. Escola de Artes e Oficios" [ESPAZO EMAO]
A Escola de Artes e Oficios de Vigo creouse en 1886 da man da Sociedade de Socorros Mutuos La Cooperativa, presidida por Manuel Diego Santos, coa axuda do seu presidente honorario, Eduardo Chao. A Escola viña cubrir a demanda dunha formación técnica para os obreiros, que poderían así perfeccionar os seus oficios ademais de completar a súa instrución básica. Comezou a súa andaina custeada polo esforzo persoal de particulares, pero non foi suficiente para o sostemento do centro. Así pois, en 1888, a Escola pasou a ser municipal; será o Concello de Vigo quen desde entón se ocupe do seu funcionamento e mantemento.
Esta Escola tivo como primeira sede o número 3 da Rúa do Circo (hoxe rúa Eduardo Iglesias), nun edificio que, ante o constante aumento de matrícula, pronto quedou pequeno. No ano 1900, despois de 14 anos, a Escola abandona a sede da rúa do Circo para trasladarse ao edificio que actualmente ocupa, un encargo de José García Barbón ao arquitecto Michel Pacewicz.
Para levar a cabo este proxecto, García Barbón doou os terreos, custeou o edificio e completou a súa doazón con material de ensino, maquinaria e libros para formar a biblioteca que aínda hoxe existe e que no seu momento foi a primeira biblioteca pública da cidade. Sempre coa convicción de que sería para o beneficio da clase obreira, a "cuxa instrución, cultura e progreso van unidos o progreso, adianto e cultura dos pobos".
Con motivo do seu 140 aniversario, as once especialidades que se imparten actualmente na EMAO, e máis a Biblioteca, renden unha homenaxe á Escola a través de 12 obras que nacen dunha visión e análise interno, e que se formalizan de maneira artística, sen tanta institucionalidade.
Honramos ás propias especialidades, aos 140 anos de vida, aos mestres e aos alumnos que por aquí pasaron; en definitiva, á nosa propia historia, a través de propostas que o alumnado dos distintos obradoiros materializaron con dedicación e oficio para levar a bo fin cada unha destas obras.







































