Estamos a recibir novos títulos que pronto estarán ao dispor dos nosos/as usuarios/as. Mentres a Biblioteca deséxavos a todos Felices Festas!!!
Vémonos á volta das vacacións.
Vémonos á volta das vacacións.
Durante este curso académico o obradoiro de Debuxo vai presentar tres películas documentais cuxo late motiv é a arte urbana. Desde fai varios anos, e sobre todo ca aparición de Banksy como artista acaparador de portadas nos medios, tanto polo seu arte como pola súa enigmática personalidade, a arte urbana xa está presente no que poderíamos denominar "mercado", cando este nacera dun xeito puramente vandálico e subcultural.
Nos anos 90 o que anteriormente coñecíase como "graffiti" comenza a ter outras características para pasar a chamarse Street art. Figuras como Shepard Fairey, dan un xiro técnico, estético e conceptual as obras que utilizan o entorno urbano como soporte, ca utilización de plantillas e carteis que queren sorprender aos peóns, pero tamén remover conciencias e provocar cambios na sociedade.
Obra de Farey da campaña OBAY |
Esta tarde na nosa hemeroteca o Ateneo Atlántico organiza a presentación do libro “A Barcelonesa”, de Xabier Paz, acompañado por Xulio Abalde e Nones Araújo.
Hoxe xoves, 9 de decembro ás 19:30, presentación do libro "Memorias dun exgalego" de Josiño Araújo Pérez, na hemeroteca. Participarán ademais do autor , o poeta X.M. Cáccamo e Alberto Ardiz, ilustrador da cuberta do libro.
George Hurst traballando no seu obradoiro |
Galician first, English below.
Hoxe temos a oportunidade coñecer algo máis sobre George Hurst, premio Al Stohlman Award do ano 1991.
-Como empezaches no coiro?
- Comecei a facer marroquinería en 1950 como estudante de último ano na escola secundaria. Tiven que elixir dúas materias optativas para completar o meu horario de clases, así que agreguei mecanografía e artesanía en coiro. Tivemos un novo mestre que introduciu a marroquinería na escola e inspirou o meu amor de toda a vida polo oficio. -
Viviana e Alejandro son dous apaixonados do oficio serigráfico e así o amosan día a día cos seus traballos no obradoiro El Taller Impresiones Serigráficas.
Cabe destacar a súa enorme xenerosidade ao compartir con nós o seu saber facer na conferencia do pasado venres amosando procesos e traballos que demostran a experiencia de máis de 20 anos de
profesión.
No seu taller fan un servizo personalizado que permite imprimir
produción sen mínimos axustándose ás necesidades do cliente e asesorando
dende o deseño, a preimpresión a parte técnica (tintas, acabados,
etc). As súas impresións destacan por ser manuais, baseadas na
serigrafía
tradicional e artesá.
A área de didáctica do MARCO afronta este trimestre consolidando e renovando a súa oferta de actividades, entre as que destaca unha nova proposta de obradoiros para adultos. A actividade proposta enlaza co que estamos a facer de gravado na aula. Fixemos punta seca sobre tetrabrik, estupenda técnica de grabado non tóxico que aproveita o material de refugallo.
O restaurador Federico Acitores |
A historia do órgano como “instrumento musical” está inequivocamente ligada á historia da Igrexa e á función que este exerce ao interno da liturxia. Por este motivo, a práctica do instrumento e o uso que del teñen feito os compositores sempre se desenvolveu a cabalo entre a creatividade artística e a funcionalidade axeitada ao contexto sacro. Esta dualidade supón un reto para os estudantes do instrumento, que deben adecuarse ás novas necesidades e contextos do século XXI.
A historia do órgano como “instrumento musical” está inequivocamente ligada á historia da Igrexa e á función que este exerce ao interno da liturxia. Por este motivo, a práctica do instrumento e o uso que del teñen feito os compositores sempre se desenvolveu a cabalo entre a creatividade artística e a funcionalidade axeitada ao contexto sacro. Esta dualidade supón un reto para os estudantes do instrumento, que deben adecuarse ás novas necesidades e contextos do século XXI.
http://orquestaclasica.com/
O mércores 24 de novembro, ás 19 horas, e na nosa biblioteca, o Ateneo Atlántico presenta o libro Clase y política en España I (1986-2008), de Modesto Gayo (editorial Siglo XXI España, 2021).