Estamos a recibir novos títulos que pronto estarán ao dispor dos nosos/as usuarios/as. Mentres a Biblioteca deséxavos a todos Felices Festas!!!
Vémonos á volta das vacacións.
Vémonos á volta das vacacións.
Durante este curso académico o obradoiro de Debuxo vai presentar tres películas documentais cuxo late motiv é a arte urbana. Desde fai varios anos, e sobre todo ca aparición de Banksy como artista acaparador de portadas nos medios, tanto polo seu arte como pola súa enigmática personalidade, a arte urbana xa está presente no que poderíamos denominar "mercado", cando este nacera dun xeito puramente vandálico e subcultural.
Nos anos 90 o que anteriormente coñecíase como "graffiti" comenza a ter outras características para pasar a chamarse Street art. Figuras como Shepard Fairey, dan un xiro técnico, estético e conceptual as obras que utilizan o entorno urbano como soporte, ca utilización de plantillas e carteis que queren sorprender aos peóns, pero tamén remover conciencias e provocar cambios na sociedade.
Obra de Farey da campaña OBAY |
Esta tarde na nosa hemeroteca o Ateneo Atlántico organiza a presentación do libro “A Barcelonesa”, de Xabier Paz, acompañado por Xulio Abalde e Nones Araújo.
Hoxe xoves, 9 de decembro ás 19:30, presentación do libro "Memorias dun exgalego" de Josiño Araújo Pérez, na hemeroteca. Participarán ademais do autor , o poeta X.M. Cáccamo e Alberto Ardiz, ilustrador da cuberta do libro.
George Hurst traballando no seu obradoiro |
Galician first, English below.
Hoxe temos a oportunidade coñecer algo máis sobre George Hurst, premio Al Stohlman Award do ano 1991.
-Como empezaches no coiro?
- Comecei a facer marroquinería en 1950 como estudante de último ano na escola secundaria. Tiven que elixir dúas materias optativas para completar o meu horario de clases, así que agreguei mecanografía e artesanía en coiro. Tivemos un novo mestre que introduciu a marroquinería na escola e inspirou o meu amor de toda a vida polo oficio. -