O periodista e debuxante Gabriel Campanario crea na rede, aló polo ano
2007, o colectivo Urban Sketchers. Esto aconteceu na cidade de Seatle,
pero extendeuse por todas as cidades do
mundo en pouco tempo. Xente reunida nas rúas co único fin de debuxar a
contorna, pasar un bo rato e compartir en redes sociais os seus debuxos.
O
colectivo Uskriasbaixas creouse no ano 2018 e foise diversificando en
Uskvalmiñor, Uskpontevedra e Uskcangas. Finalmente pasou a ser Uskvigo
no ano 2022. Desde esa data, o número de persoas tan diversas que se van
unindo ás quedadas Uskvigo vai crecendo día a día.
Agora
invitamos a este colectivo tan vencellado á EMAO a contar as súas
experiencias como debuxantes, así como os seus proxectos futuros.
Presentado por: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da EMAO
Data: 9 de outubro de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 5 de outubro de 2026
9-10-2026. Venres da EMAO presenta "Urban Sketchers" [DEBUXO]
martes, 14 de abril de 2026
Giovanni B. Piranesi: catálogo completo de grabados [BIBLIOGRAFÍA]
Giovanni Battista Piranesi (1720-1778) foi un arqueólogo, arquitecto, investigador e excelente gravador italiano. Destacou realizando, entre outras moitas cousas, miles de gravados de edificios reais e imaxinarios. Formouse como arquitecto, na década de 1740 trasladouse a Roma. Na Cidade Eterna inició a súa carreira como gravador, colaborando na edición das primeiras guías ilustradas de Roma.
Piranesi foi un artista que realizou toda a súa produción en debuxo e gravado. Todos os seus gravados fíxoos coa técnica chamada gravado á augaforte. Nalgunhas das súas estampas atopamos outras técnicas complementarias ao gravado á augaforte que tiñan a función de enriquecer a imaxe con valores tonais de grises, técnicas como o gravado á punta seca, que achegaba á imaxe negros aveludado. Tamén o gravado ao buril, co que intensificou as liñas dos primeiros planos ou o gravado lavado, onde se aplica directamente o mordente sobre o ferro para crear grises moi sutís.
A excepcional destreza de Piranesi coa técnica da augaforte atopou o seu medio de expresión nunha serie de publicacións centradas, maioritariamente, na Roma antiga.
Exposición de debuxos da hemeroteca na vitrina de acceso á biblioteca [DEBUXO]
Este días podedes ver unha pequena mostra de debuxos da biblioteca na vitrina de corredor da pranta baixa, Como explica o mestre Federico Fernández, estes debuxos son exercicios do alumnado desta especialidade. O tema tratado foi a perspectiva oblicua. Debuxados do natural, in situ co lapis, e rematados do estilógrafo na aula. Son debuxos do inicio do segundo trimestre realizados polo grupo de básico. Parabéns!!!
luns, 9 de marzo de 2026
mércores, 4 de marzo de 2026
6-3-2026. Venres da EMAO presenta "Outras técnicas... o azar ou a reformulación do Action Painting. 2007-2012" [DEBUXO]
Nesta conferencia, Juan Carlos Román, artista e profesor da Facultade de
Belas Artes de Pontevedra, mostrará outras técnicas e materiais para
facer arte da man dunha xeración de artistas norteamericanos que tiveron
relevancia internacional a finais da década de dous mil e principios do dous mil dez.
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 6 de marzo de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
venres, 21 de novembro de 2025
ROSA REY. Proxecto Debuxo
luns, 27 de outubro de 2025
venres, 24 de outubro de 2025
24-10-2025. Venres da EMAO presenta a Julio Barrera [DEBUXO]
Julio Barreira é avogado de formación. A súa vocación artística chegou
tarde, influída polo regreso a Galicia, a terra natal, e o
redescubrimento da marabillosa contorna, despois de residir en Madrid
durante moitos anos. Os inicios no debuxo son de xeito autodidacta co
lapis e o pastel, pero no seu paso pola EMAO na especialidade de Debuxo
descobre a acuarela, formándose paralelamente en técnicas pictóricas no
estudio de Ana Soler. Estas formacións danlle pulo para dedicarse
profesionalmente á actividade artística. Julio, como antigo alumno, vén á
EMAO a contar a súa experiencia e os seus proxectos futuros.
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 24 de outubro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
mércores, 22 de outubro de 2025
martes, 21 de outubro de 2025
Exposición-Homenaxe a Aurora Murias [EXPOSICIÓNS EMAO]
(Mestre de Debuxo na EMAO)
luns, 16 de xuño de 2025
20-6-2025. Inauguración da exposición "Castelao na EMAO" [ESPAZO EMAO]
A inauguración da Exposición "Castelao na EMAO", comisariada polo profesorado das especialidades de Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira da Escola municipal de Artes e Oficios (EMAO), terá lugar o venres, día 20 de xuño, ás 19,00h, no Espazo EMAO.
Dentro da programación anual da EMAO prevese, ao remate de cada curso académico, a produción dunha exposición cos resultados dun proxecto que, partindo dunha idea xeradora única, dea lugar a interpretación, despregue do traballo e saber facer dos distintos talleres.
Neste ano 2025, a escola e as súas especialidades renderán homenaxe, no Ano dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo 75 cabodano do seu pasamento, ao polifacético persoeiro da cultura e da política, figura clave na historia recente do noso país, e considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea.
A EMAO súmase así á multitude de actos e homenaxes que, por toda Galicia, se están a desenvolver neste ano, salientando a obra do pintor, debuxante, humorista, escritor, pensador e político. O alumnado e mestres das diferentes especialidades da Escola presentan a súa particular visión deste personaxe universal. En paralelo á exposición, nas vitrinas do corredor da Biblioteca da EMAO pódense contemplar unha selección bibliográfica de títulos relacionados coa vida e a obra de Castelao, pertencentes aos fondos da Biblioteca da Escola.
Esta exposición estará aberta entre os días 20 de xuño e o 17 de outubro de 2025 (pechada o mes de agosto).
FICHA DA EXPOSICIÓN
Horario:
- Do 20 de xuño ao 30 de xuño: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
- Do 1 de xullo ao 12 de setembro (agosto pechado): de luns a venres, laborables, de 10:30h a 13:30h
- Do 15 de setembro ao 17 de outubro: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
Comisariado: Alba Pardo, mestra de Serigrafía artística e Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira, coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, CAIM Gaita, Moda e confección, Ourivería, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos e CAIM Zanfona.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2025
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

















































