Imos falar un pouco do granadillo (Dalbergia Melanoxylon).
Como sabedes é a madeira xeralmente preferida polos gaiteiros na actualidade debido ás súas cualidades tanto físicas coma sonoras, esto prodúcese polas características que posúe en canto a dureza, densidade, resistencia á humidde e durabilidade. Estos parámetros combinados entre sí fan que os instrumentos construidos nesta madeira teñan un son potente e cun timbre brilante moi apreciado polos músicos, aínda que a min persoalmente gústanme mais outras madeiras que ofrecen un son tamén potente pero mais doce (gusto persoal).
Atópase, fundamentalmente, en África (Angola, Congo, Kenia, Mozambique, Tanzania, Senegal, Etiopía, Sudán, Uganda, Zambia, Sudáfrica, Botsuana, Costa de Marfil, Chad, Nigeria, Zimbabue, etc.)
Existe tamén a variedade centroamericana (Platymiscium yucatanum Standl), pero ten propiedades de dureza e densidade sensiblemente inferiores e cor lixeiramente mais claro.
Esta madeira, como case tódalas que empregamos, está protexida polo convenio CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres), que regula o seu mercadeo e importación.
E imos agora cos datos técnicos:
Nome botánico: Dalbergia melanoxylon.

Outros nomes comerciais: Español: Granadillo de África. Inglés: African blackwood, African Grenadillo. Francés: Grenadille d´Afrique, ebene du Mozambique, blackwood d´Afrique. Italiano: Grenadille del Senegal. Alemán: Afrikanische grenadill, grenadillo. Nome local: Mpingo, Pau Preto.
Descripción da madeira: a cor da madeira de sámago (albura) e branco-amarelo e o cerne (duramen) é marrón oscuro con chamativas trazas ou vetas negras, as cales normalmente predominan, de tal xeito que o seu aspecto xeral é casi negro. A fibra é recta. O gran é fino. Ten un tacto oleoso. Nalgunhas fontes cítase que ten un olor característico a rosas.
Propiedades físicas: Densidade: 1250 kg/ m3. Contracción: medianamente nervosa. Coeficientes de contracción: total (unitario). Volumétrica: - (0,38). Tanxencial: 5 % - (-). Radial: 3 % - (-). Dureza – moi dura. Propiedades mecánicas: Madeira libre de defectos: Flexión estática: 226N/mm2. Módulo de elasticidade: 16.000 N/mm2. Compresión axial: 72 N/mm2. Comprensión perpendicular: - . Cortante: - . Flexión dinámica: - . Secado: Sécase moi lentamente e tende a fender durante o secado, especialmente cando está na forma de madeira en bruto [rolo].

Mínimos riscos de que se produzan deformacións e risco importante de que aparezcan fendas. Recoméndase a aplicación de cera ou pintura, en ambas puntas do rolo, para minimizar o problema de que se parta.
Durabilidade e impregnabilidade: madeira clasificada como moi resistente frente á acción dos fungos e non atacable polos lictidos. Á madeira de cerne é moi impregnable. Propiedades tecnolóxicas: é unha madeira extremadamente dura para cortar e procesar.
Requírese o uso de ferramentas de tungsteno e equipos de gran potencia. As serras desafíanse con rapidez. O mecanizado é difícil, a madeira tende a levantarse. O encolado e o acabado son aceptables. Require taladros previos no atornillado e clavado.
Aplicaciones: os fabricantes de instrumentos musicais de madeira, a prefiren en vez de ébano, en primeiro lugar pola súa tonalidade e as súas características acústicas, e en segundo lugar, pola súa extrema estabilidade e resistencia á saliva. Ela tamén é recoñecida, debido a súa estabilidade, como a mellor madeira para ornamentos e tallados de palos de billar, bastóns, palillos, armas deportivas, coitelería, ítems técnicos, clavixas, teares a baquetas para tambores, tornería, escultura figuras de xadrez.