martes, 31 de marzo de 2020

Debuxos desde o bunker [DEBUXO]

Estes días de confinamento moitos artistas, músicos sobre todo, abren as suas casas e os seus espazos íntimos para ofrecer ao público mini pezas que reflexionan na sua maioría sobre a fraxilidade humana e o vulnerables que podemos chegar a ser. O debuxante Paco Roca fai uns anos ofrecía a sua visión de debuxante en pixama , pechado, encerrado, confinado voluntariamente por cuestións de traballo, e que nos axuda hoxe, en estes momentos excepcionais, a levar mellor o encerro grazas aos seus consellos.

Neste campo do debuxo hoxe imos falar do noso amigo, o ilustrador e pintor vigués Ramón Trigo, neste caso facéndose chamar Mono vermello. Ramón expresa o seu xeito particular de enfrentarse a este confinamento a través do debuxo: "Debuxos desde o bunker"

Durante esta etapa de introspección e recollemento o "Mono vermello" optou por iniciar cada xornada realizando un pequeno bosquexo no seu caderno.
Estes rudimentarios e simiescos esbozos fálannos de realidades paralelas e sobre todo redundan nun concepto intrinsecamente buonarrotiano: O debuxo como súmmum e epítome da introspección e o recollemento.

Debuxos desde o búnker nace como un proxecto temporal e experimental.
Os seus obxectivos e motivacións son principalmente instintivos, como corresponde a todo bo primate. A saber:

- A creación dun diario debuxado que abrangue o período de corentena.
Consecuentemente, Debuxos desde o búnker prolongarase no tempo o que dure dita corentena.
Se este diario é representativo do lapso de tempo que se plasmará nas súas páxinas, iso está por ver.
- Debuxos dese o búnker é, ademais, un experimento.
O seu obxectivo é a realización dos debuxos polo mero goce do debuxo en si mesmo: A plasmación de imaxes sobre unha superficie branca (papel), utilizando medios que manchen: tintas, grafito, carbón, mans, ollos, mente...
Partindo desta base, non se establece ningún parámetro nin formulacións previas. É dicir, non hai idea a priori da que partir, nin bosquexos, nin apuntes nin probas.
Os debuxos realízanse nunha soa sesión. Pártese do papel en branco e o mono deixa que a sua zarpa prensil “viaxe” libremente sobre a superficie de celulosa, seguindo os azares das manchas que ela mesma provoca.
Se estas manchas son ou non pertinentes neste contexto, iso está por ver.

- O resultado de todas estas cucamonas e esforzos simiescos será un diario debuxado, composto por un ou varios cadernos (dependendo do tempo de duración da actual conxuntura e xa que logo do proxecto). 
Se o contido destes Cadernos do búnker, unha vez rematados, adquire cohesión e coherencia, iso está por ver.
Ramón Trigo

Deixo os videos das pezas diarias de Ramón, para que podamos facer un seguimento deste proxecto que comenzou o día 26. Deixo tamén a canle de YouTube do MONO VERMELLO e o blog da MADRIÑA, colectivo vigués no que colabora.

MONO VERMELLO
A MADRIÑA

DEBUXO 1. 26 de Marzo


DEBUXO 2. 27 de Marzo




DEBUXO 3. 28 de Marzo


DEBUXO 4. 30 de Marzo


DEBUXO 5. 31 de Marzo


DEBUXO 6. 1 de Abril



DEBUXO 7. 2 de Abril



DEBUXO 8. 3 de Abril


DEBUXO 9. 4 de Abril




DEBUXO 10. 5 de Abril


DEBUXO 11. 6 de Abril


DEBUXO 12. 7 de Abril




DEBUXO 13. 8 de Abril


DEBUXO 14. 9 de Abril



DEBUXO 15. 10 de Abril




DEBUXO16. 13 de Abril




DEBUXO 17. 14 de Abril






Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!