martes, 31 de marzo de 2020

Cando aínda nevaba [SERIGRAFÍA]

Cuando aún nevaba é o título do libro de fotograbados de Jesús Labandeira realizado a partir de fotografías analóxicas. O libro foi relizado por Jesús Labandeira e Ogami Press entre outubro do 2015 e marzo do 2016 en Madrid.
Ogami Press é un espazo de producción e difusión de arte sobre papel, un centro de experimentación de técnicas gráficas, editora, espazo de exposición e venta de obra gráfica. Producir o libro de Labandeira foi un desafío posto que está estampado e cosido a man e encadernado en coiro.
Nesta reportaxe de expoartemadrid fala da súa participación no festival PHotoEspaña16 e do proceso de elaboración do libro:
" A viabilidade do proxecto pasou por momentos difíciles. O máis complexo foi estampar o grabado configurado como libro xa que tíñamos que estampar a doble páxina a man"- Expresa Juan- " Os papeis en imprenta se imprimen en seco pero para estampación hai que humedecelos polo que é verdaderamente laborioso evitar as deformacións que sufren ao secarse"
Outro dos momentos complicados presentouse á hora de deseñar as páxinas en branco. E é que esta obra ao conter 26 fotograbados en 52 páxinas presenta, na maioría das ocasións, a páxina esquerda en branco. Unha cor, que achega ao libro o concepto do baleiro, a luz e a nostalxia, e que simboliza ese conxunto de imaxes que o artista tenta lembrar, pero que a memoria xa velou. “Para branquear o papel non podiamos utilizar tintas brancas graxas porque son amareladas. Necesitabamos un branco puro“ -detalla Juan-“Tivemos que optar pola serigrafía con pigmentos brancos especiais mesturados con laca para obter unha superficie completamente branca e lisa”. 

Un proceso de gran complexidade no que Ogami Press contou coa axuda do equipo Underbau para o deseño, do estudo de Dolorés Baldó para a realización da encadernación e do taller de Pepe Herrera para a serigrafía.

La Fábrica editou un fotolibro de Cuando aún nevaba, que tamén pode adquirirse en Ogami Press.
O Ministerio de Educación Cultura e Deporte concedeu o segundo premio na categoría de Libros de Arte dos Premios aos libros mellor editados durante o ano 2016 ademáis este proxecto tamén recibiu premio Off de PhotoEspaña 2116.







 








No seguinte vídeo podedes ver cómo se fixo o libro mediante fotograbado e serigrafía, espero que o disfrutedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!