Hai uns días falabamos das bibliotecas dixitais que nos ofrecen acceso a miles de libros e documentos gratuítos, nesa liña a Biblioteca da Fundación Juan March na súa sección de Arte contemporánea e Estudos e Prácticas Curatoriales, ten entre outras coleccións todos os seus catálogos dixitalizados e postos ao dispor do público na internet.
Durante máis de dúas décadas, a Fundación Juan March foi a primeira e unha das poucas institucións españolas que xerou un programa de exposicións ao redor das grandes figuras da modernidade clásica e contemporánea. Desde entón, e ata a data, fóronse sucedendo individuais e colectivas, dedicadas, na súa maioría, aos mestres do século XX e ás vangardas. Nesta actividade pioneira cabe destacar as exposicións de Picasso, Matisse e Kandinsky organizadas entre 1977 e 1980. Tamén hai que ter en conta as mostras ao redor da obra de artistas contemporáneos franceses e belgas (Bonnard, Redon, Rouault, Braque, Léger, Delvaux, Magritte, Delaunay), británicos (Turner, Bacon, Nicholson), austriacos e alemáns (Klimt, Kokoschka, Schiele, Corinth, Beckmann, o grupo Die Brücke, Klee ou Schwitters), rusos (Malévich, Popova, Ródchenko) e norteamericanos (Motherwell, Lichtenstein, Rauschenberg, Rothko, de Kooning, Stella, Warhol, Cornell, Hopper, Hockney, O’ Keeffe, Durand), etc. Ao longo da súa andaina, a institución non só fixou a súa atención na pintura contemporánea, tamén a escultura, o gravado ou a fotografía tiveron cabida nas súas salas de exposicións.
A Juan March ten a dispor do público os 204 catálogos destas exposicións organizadas desde 1973 nas súas sedes de Madrid, Cuenca (Museo de Arte Abstracto Español) e Palma ( Museu Fundación Juan March). Un fondo documental en continua actualización, cuxos obxectivos fundamentais son a difusión, a promoción, a investigación e o coñecemento da arte e as súas exposicións. Cada catálogo publícase un ano despois do final da mostra á que acompaña ou unha vez esgotada a súa edición impresa.
Os catálogos conteñen máis de 34.000 páxinas, textos de máis de 500
autores e imaxes de 18.500 obras de case 1.900 artistas. Un sistema de
navegación avanzada permite a procura na totalidade do portal e en cada
catálogo, así como o filtrado de resultados por data, título, idioma e
relevancia, incorporando tamén un sistema de recomendacións para a
consulta doutros catálogos afíns.
Uns poucos destes catálogos os temos na nosa biblioteca un deles é a da exposición William Morris y Compañía: el movimiento Arts & Crafts en Gran Bretaña, unha exposición que deu a oportunidade de explorar e apreciar en profundidade as múltiples facetas do deseñador, artesán, empresario, poeta, ensaísta e axitador social William Morris (1834-1896), así como das principais figuras do movemento Arts and Crafts.
Uns poucos destes catálogos os temos na nosa biblioteca un deles é a da exposición William Morris y Compañía: el movimiento Arts & Crafts en Gran Bretaña, unha exposición que deu a oportunidade de explorar e apreciar en profundidade as múltiples facetas do deseñador, artesán, empresario, poeta, ensaísta e axitador social William Morris (1834-1896), así como das principais figuras do movemento Arts and Crafts.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!