mércores, 25 de marzo de 2020

Século XVIII. Obradoiro de madeira [CAIM GAITA]

Hoxe quero compartir con vos este video que atopei por casualidade que penso que nos pode facer reflexionar un chisco sobre o que temos hoxendía: tecnoloxía, máquinas CNC, laser... todo destinado a unha maior rapidez, maior produción, etc., mais sen o pracer do tempo adicado ao traballo, ao perfecionamento persoal, o caracter que se lle imprime á madeira ao traballala sen prisas e con paixón.
Por suposto non digo que teñamos que volver a traballar como hai dous séculos, pero o mesmo si deberiamos pararnos a pensar (sobre todo nestes días de incertidume) se tal e como imos, imos ben, ou quizais imos a demasiada velocidade, en xeral.
Vos que opinades?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!