![]() |
| Escolma dos proxectos presentados para o Curso Avanzado 2025-26 |
A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo vén de facer pública a Convocatoria de acceso ao Nivel Avanzado para o curso 2025-26.
Aquí podes descargar a convocatoria completa
Coa vindeira Convocatoria xeral do curso 2026-27 incluirase a posibilidade de presentación de proxectos para o nivel Avanzado de persoas interesadas externas á EMAO que cumpran os requisitos que nesa convocatoria se inclúan.
- Investigación
- Produción
- Creación
- Ampliación de coñecementos.
O/a alumno/a admitido/a deberá asistir, no horario establecido para o nivel Avanzado en cada especialidade, aos talleres da EMAO, para poder ser asesorado/a e dirixido/a no desenvolvemento do proxecto, en modalidade de titoría, polo/a docente da especialidade. Isto sen prexuízo de que para o correcto desenvolvemento do proxecto, este necesite realizarse a maiores fóra das instalacións da Escola.
A selección do proxecto de fin de estudos implica a matrícula na EMAO no nivel AVANZADO da súa especialidade.
A EMAO publicará, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel Avanzado, facendo constar as iniciais do nome e apelidos do/ alumno/a, especialidade e denominación do proxecto.
Do 11 de maio ao 12 de xuño de 2026, presentación de proxectos por parte do alumnado.
Do 15 ao 19 de xuño de 2026, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada.
22 ao 26 de xuño de 2026: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración.
1 de xullo de 2026: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!