luns, 27 de outubro de 2025
luns, 28 de abril de 2025
xoves, 24 de abril de 2025
25-4-2025. Venres da EMAO presenta "La ambición de las sombras " una historia de Danny del Toro ilustrada por Raúl Maya [DEBUXO]
"La ambición de las sombras". Unha historia de Danny del Toro ilustrada por Raúl Maya
Neste venres presentamos o libro "La ambición de las sombras". O seu autor, Danny del Toro, é un home polifacético, músico harmonicista, actor e escritor. Visitaranos acompañado dun coñecido da EMAO, Raúl Maya. Este exalumno de Debuxo actualmente traballa como ilustrador. "La ambición de las sombras" é o seu segundo libro ilustrado.
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 25 de abril de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 22 de abril de 2024
Monotipia con Ramón Trigo [DEBUXO]
Ramón Trigo é un artista multidisciplinar, pintor, ilustrador, escultor..., que é ben coñecido na nosa Escola. Foi invitado en varias ocasións a presentar os seus traballos literarios que realiza en colaboración co seu irmán Xosé. Na última desas visitas presentou CASA QUEIMADA, un proxecto ben bonito que narra a historia en forma de BD dunha traxedia na que o lume destrúe unha casa familiar, e a súa rexeneración posterior nun espazo artístico. Cando os irmáns Trigo viñeron a presentar o libro, Ramón trouxo orixináis daqueles debuxos. Estaban realizados ca técnica de estampación da monotipia.
luns, 19 de febreiro de 2024
venres, 16 de febreiro de 2024
Venres da EMAO 16-2-2024. Presenta a Raúl Maya: soños e ensoñacións dun debuxante noctámbulo. [DEBUXO]
A EMAO acolle desta vez a un debuxante formado aquí, na nosa Escola, Raúl Maya.
Defínese como debuxante de bar, curtido en salas de concertos baixo barras con pouca luz, onde os noctámbulos contan as súas historias quizais con algunha copa de máis. Raúl é un escoitador de historias, historias que logo debuxa e fai súas. Eses ambientes nocturnos, hábitat de músicos, de poetas urbanos, de heroes da cultura subterfuxia son o seu combustible, a súa inspiración e boa parte da súa temática.
Contaremos ademais cun gran agasallo en forma sonora Felix Slim, músico co que Raúl colabora.
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo da EMAO)
Data: 16 de febreiro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
mércores, 14 de febreiro de 2024
RAÚL MAYA [DEBUXO]
O BARRIO
A mediados dos anos 80 os barrios de Vigo eran Heavy Metal. Teis, un territorio hostil case de película navegaba a década sorteando o paro motivado pola reconversión naval, e a droga, que facía estragos entre unha xuventude que miraba cara o futuro cun pesimismo case intrínseco. Os veciños realizaban patrullas nocturnas para botar aos yonkis, fillos doutros veciños, que eles mesmos viran crecer. A tasa de suicidios era alta, a de alcohlismo tamén; é de todos coñecido que algúns homes pegaban ás súas mulleres, pero mirábase cara a outro lado pensando na "mala sorte que tivo a pobre" . Ese era o contexto no que Raúl Maya e eu medramos, penso que felices pero acostumados a esas cousas habituais do barrio. Os rapaces fixemos pandilla desde moi novos e nos refuxiamos nos amigos crecendo na rúa e xogando nos descampados. Raúl e mais eu coñecemonos deses grupos. Raúl sempre destacou por ser un debuxante precoz ao que eu admirei, xa que é un ano maior ca min e cando es pequeno iso é moito. Sempre admiras e imitas aos maiores....quen sabe, igual me dediquei ao debuxo porque admiraba a aquel rapaz do barrio que debuxaba. Logo chegada a adolescencia e a xuventude cada un tomou camiños distintos e o barrio quedou atrás.
luns, 23 de outubro de 2023
Fotos da Presentación da Presentación de AGPI e a Conferencia de Tomás Hijo [VENRES EMAO]
![]() |
| Sergio Covelo, Laura Romero, Alba Pardo e Federico Fernández |
xoves, 19 de outubro de 2023
Os dragóns de Tomás Hijo aterrarán mañá na escola! [DEBUXO,SERIGRAFÍA]
Tomás é ilustrador de máis de setenta libros (dos cales escribiu algúns) en editoriais de España, Reino Unido, Estados Unidos, Irán e China.
Co-creador do Tarot do Toro (en colaboración con Guillermo del Toro) e de Labyrinth Tarot, con licenza e supervisión de The Jim Henson Company (ambos os publicados por Insight Editions e Titan Books). Prop designer para Nightmare Alley (dirixida por Guillermo del Toro), storyboard artist para Concursante (dirixida por Rodrigo Cortés), ilustrador para Cuarto Milenio (dirixido by Iker Jiménez) e pórteslles du temps (dirección de arte de John Howe).
Na súa interesante páxina web obviamente podedes ver os seus traballos pero o marabilloso é que tamén nos achega aos procesos, por exemplo, neste vídeo onde amosa o proceso de realización da ilustración e deseño de cubertas, gardas e capitulares para ‘A Raíña Negra’, novela de Chairos Campos publicada por SM:
Preguntas frecuentes que atopamos na súa web e respostas:
¿Cómo fas os teus gravados?
O proceso empeza cun bosquexo en papel. Despois de redibujalo e refinalo varias veces, transfíroo a unha plancha de linóleo. Traballo esa plancha coas gubias Pfeil moi precisas e despois estámpoas sobre papel de calidade museística cun tórculo que aplica unha tonelada de presión (máis ou menos). É un proceso á vella usanza. Duro, perfecto e laborioso.
Incluso aporta consellos sobre a utilización dos ex libris:
E aquí unha entrevista sobre o proceso creativo para Radio El Respeto:
Esperámosvos mañá na hemeroteca da escola!
Saúdos, papel e tinta!
http://tomashijoart.bigcartel.com/
https://tomashijo.carbonmade.com/
https://www.instagram.com/tomashijo
luns, 16 de outubro de 2023
Venres da EMAO 20-10-2023. AGPI & Tomás Hijo [SERIGRAFÍA ARTÍSTICA / DEBUXO ARTÍSTICO]
A EMAO acolle parte das actividades do
XX Encontro Galego de Ilustración que celebra anualmente a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Nesta xornada, a
asociación, representada pola súa presidenta, Laura Romero, falará da
súa traxectoria no seu vinte aniversario e traerá á Escola a Tomás Hijo,
ilustrador recoñecido como gravador en relevo, que nos presentará baixo
o paraugas do "Aquí hay dragones" a súa obra, traxectoria profesional e
proceso de traballo.
Presentado por Alba Pardo e Federico Fernández (mestres de Serigrafía artística e Debuxo artístico da EMAO, respectivamente)
Data: 20 de outubro de 2023
Hora: desde as 16,30h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
luns, 26 de xuño de 2023
Presentación da Novela Gráfica "Casa Queimada" de Xosé e Ramón Trigo [DEBUXO]
Mércores 28 de xuño ás 19:00 na hemeroteca
A novela gráfica "Casa Queimada", percorre o camiño da construción, o incendio e a recuperación da Casa Queimada e a súa contorna, a través das ilustracións e os textos.
luns, 15 de maio de 2023
martes, 9 de maio de 2023
Andrés Magán [DEBUXO]
Alá polo ano 2011, apareceu como quen non quere a cousa unha xente nova que viña renovar con aire fresco o panorama artístico/gráfico vigués. Chegaron ao Halcón Milenario, aquel espazo que tantas alegrías e tristezas nos deu e que tanto botamos de menos, para expoñer un fanzine moi tolo e divertido, cunha estética moi bizarra que encaixaba perfectamente na nosa maneira particular de entender o arte e a vida. O fanzine chamábase Firecream e entre aquela rapazada de artistas atopábase Andrés Magán xunto con Roberta Vázquez, Santy Zubizarreta, Begoña García-Alén, Santiago Paredes... e máis.
![]() |
| Debuxo na parede para a expo Firecream |
Venres da EMAO 12-5-2023. Conferencia do Ilustrador Andrés Magán [DEBUXO]
luns, 13 de febreiro de 2023
venres, 10 de febreiro de 2023
"Eduardo Baamonde o A Arte de Retratar na Vida nas Rúas Galegas" no Venres da EMAO [DEBUXO]
![]() |
| FdV. 10-2-2023 |
Interesantísimo artigo sobre o mestre, debuxante, ilustrador e pintor, Eduardo Baamonde, que hoxe presenta o seu proxecto editorial no Venres da EMAO.
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 10 de febreiro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Non volo perdades!!!
martes, 7 de febreiro de 2023
Venres da EMAO 10-2-2023. Eduardo Baamonde [DEBUXO]
Almacén de Fábulas é o proxecto editorial de Eduardo Baamonde. Este
mestre, debuxante, ilustrador e pintor, embarcouse nesta aventura co fin
de dar a coñecer o seu traballo como debuxante urbano, onde retrata con
moito gusto e oficio cidades e vilas galegas.
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 10 de febreiro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo















































