Amosando publicacións coa etiqueta Espazo EMAO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Espazo EMAO. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2026

19-6-2026. Inauguración da exposición "140. Escola de Artes e Oficios" [ESPAZO EMAO]

 

A Escola de Artes e Oficios de Vigo creouse en 1886 da man da Sociedade de Socorros Mutuos La Cooperativa, presidida por Manuel Diego Santos, coa axuda do seu presidente honorario, Eduardo Chao. A Escola viña cubrir a demanda dunha formación técnica para os obreiros, que poderían así perfeccionar os seus oficios ademais de completar a súa instrución básica. Comezou a súa andaina custeada polo esforzo persoal de particulares, pero non foi suficiente para o sostemento do centro. Así pois, en 1888, a Escola pasou a ser municipal; será o Concello de Vigo quen desde entón se ocupe do seu funcionamento e mantemento.

Esta Escola tivo como primeira sede o número 3 da Rúa do Circo (hoxe rúa Eduardo Iglesias), nun edificio que, ante o constante aumento de matrícula, pronto quedou pequeno. No ano 1900, despois de 14 anos, a Escola abandona a sede da rúa do Circo para trasladarse ao edificio que actualmente ocupa, un encargo de José García Barbón ao arquitecto Michel Pacewicz.
Para levar a cabo este proxecto, García Barbón doou os terreos, custeou o edificio e completou a súa doazón con material de ensino, maquinaria e libros para formar a biblioteca que aínda hoxe existe e que no seu momento foi a primeira biblioteca pública da cidade. Sempre coa convicción de que sería para o beneficio da clase obreira, a "cuxa instrución, cultura e progreso van unidos o progreso, adianto e cultura dos pobos".

Con motivo do seu 140 aniversario, as once especialidades que se imparten actualmente na EMAO, e máis a Biblioteca, renden unha homenaxe á Escola a través de 12 obras que nacen dunha visión e análise interno, e que se formalizan de maneira artística, sen tanta institucionalidade.

Honramos ás propias especialidades, aos 140 anos de vida, aos mestres e aos alumnos que por aquí pasaron; en definitiva, á nosa propia historia, a través de propostas que o alumnado dos distintos obradoiros materializaron con dedicación e oficio para levar a bo fin cada unha destas obras.

FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: 140. Escola de Artes e Oficios
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 19 de xuño ao 16 de outubro de 2026
Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas (do 19 ao 30 de xuño e do 15 de setembro ao 16 de outubro), e de 10:30h a 13:30h (do 1 de xullo ao 14 de setembro). Agosto pechado
Comisariado: Esther Quintas, mestra de Cerámica artística, e Sandra de Jesus, mestra de Ourivaría, da EMAO.
Cartel: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da EMAO
Imaxe cartel cedida por: Davida
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2026
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga.

mércores, 13 de maio de 2026

Visitas guiadas á Exposición "Serigrafía galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez" [ESPAZO EMAO]

 

Continúan as visitas guiadas á Exposición "Serigrafía galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez", que a Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo (en colaboración coa Asociación Legado Activo Beiras Cal e a familia Álvarez Blázquez), presenta no Espazo EMAO dende o pasado 24 de abril ata o vindeiro 5 de xuño de 2026.

As visitas guiadas para grupos, cunha duración aproximada de UNHA HORA, poderán concertarse, mediante solicitude por correo electrónico (ao enderezo emao@vigo.org) na que deberán indicar a opción escollida, para as seguintes datas e horarios:

De luns a venres (laborables):
  • De 12.00h a 13.00h
  • De 13.00h a 14.00h
  • De 19.00h a 20.00h (excepto os martes 19 e 26 de maio)
- Tras a solicitude, a visita confirmarase, no seu caso, mediante a remisión pola EMAO do correspondente correo electrónico no que se concretará a data e horario dispoñible.
- As visitas están pensadas para un máximo de 2O persoas, polas características da sala e da propia exposición.
- O horario normal de apertura da exposición é de 19.00h a 21.00h, de luns a venres laborables.

xoves, 23 de abril de 2026

24-4-2026. Inauguración da exposición "Serigrafía Galega. 1971" [ESPAZO EMAO]

 
A Escola municipal de artes e oficios de Vigo (EMAO), en estreita colaboración co Legado Activo Beiras Cal e coa propia familia Álvarez Blázquez, ten a honra e o pracer de presentar, no Espazo EMAO, unha exposición que é -nada máis e nada menos- a primeira colección de Serigrafías de Arte Galega da historia. 19 autores e 44 serigrafías que se pode gozar tal e como ela foi gardada no arquivo de Antón Beiras e Antía Cal. Xunto a elas, unha mostra bibliográfica, saída do mesmo arquivo, busca unha aproximación urxente a un labor editorial insuficientemente valorado ata o momento. Para enriquecer aínda máis este conxunto, a familia Álvarez Blázquez achegou tamén valiosos materiais da factoría de Serigrafía Gallega SL.

Vigo na posguerra era, en palabras de Antón Beiras, a cidade na que todo podía acontecer. Quizais por iso os Álvarez Blázquez atoparon nela o refuxio no que abeirarse cando a barbarie bateu forte na súa casa de Tui. O fusilamento do pai, Darío Álvarez Limeses, marcou un antes e un despois para toda a familia. Tanto a nai, María Blázquez Ballester, como os seis fillos que o matrimonio tivera –Darío, Xosé María, Emilio, Álvaro, Alfonso e Celso- viron golpeada a súa vida. Aínda así, rematada a guerra, en Vigo desenvolvéronse profesionalmente e botaron a andar algúns dos proxectos culturais máis significados da Galicia do seu momento.

Álvaro Álvarez Blázquez soñou a democratización e popularización da arte dende os talleres da empresa Serigrafía Gallega e con Xosé María Álvarez Blázquez á fronte de editoriais como Monterrey ou Castrelos, fixeron posible o milagre de darlle nova e fecunda vida á literatura galega nun tempo de silencio, censura e dificultades inmensas.

Esta exposición é un tributo aos irmáns Álvarez Blázquez, mais é tamén un recoñecemento a todos os artistas que nesta escola da EMAO se formaron en debuxo, en serigrafía e en tantas outras disciplinas. Algúns deles atoparédelos representados na propia colección Serigrafía Galega 1971. Para esta Escola Municipal de Artes e Oficios mostrar o traballo de quen aquí se formou é un compromiso ineludible, mais tamén un orgullo. Cando a Antón Beiras lle ofreceron seguir a súa investigación sobre oculística nunha das mellores universidades estranxeiras negouse porque cría firmemente na forza do talento e na calidade do traballo dos profesionais que había en Vigo e estaba certo de poder continuar aquí o que aquí botara a andar. Movido por esa convicción tamén lle dicía a Antía Cal que de todas as cidades de Galicia, a única na que a pedagoxía aberta dunha escola como a Rosalía de Castro podía ter futuro era Vigo. Quizais tamén por ese motivo só en Vigo un proxecto tan singular como a Escola Municipal de Artes e Oficios –EMAO- podía perdurar e hoxe abrir as portas a unha exposición que sendo historia é tamén alento para os novos creadores que nas nosas aulas se forman hoxe e o seguirán facendo de aquí en diante.

A EMAO, o Concello de Vigo e o Legado Activo Beiras Cal agradecen a vosa visita.
Para visitas guiadas, remitir correo electrónico a emao@vigo.org


FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: “Serigrafía Galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez”.
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 24 de abril ao 5 de xuño de 2026
Horario: De luns a venres laborables, de 19.00 a 21.00 horas
Comisariado: Alba Pardo, mestra de Serigrafía artistica da EMAO, Darío Basso, mestre de Pintura da EMAO e Carme Varela, secretaria da Asociación Legado Activo Beiras Cal (LABC)
Cartel: LABC
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e Asociación Legado Activo Beiras Cal, 2026

luns, 13 de abril de 2026

Resumo en fotos das outras actividades culturais da semana na hemeroteca [OUTRAS NOVAS]

11 e 12 de abril de 2026. 3º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais [LABRA ASOCIACIÓN]

 

 Máis información:

 

9-4-2026. Conferencia "Mirar Vigo ... Vigo nas vistas e ilustracións" por José Luis Mateo [FÓRUM IEV] 


 

luns, 30 de marzo de 2026

Resumo das outras actividades culturais da semana [OUTRAS NOVAS]

 27-3-2026. Última visita guiada á exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental". VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO


 25-3-2026. Visita da UNED Sénior. Curso Vigo, historia e patrimonio

 


luns, 23 de marzo de 2026

Resumo das outras actividades culturais da semana [OUTRAS NOVAS]

18-3-2026. Actuación musical de Alejo Amoedo e Nuria Lorenzo [FORUM IEV] 

 

 17-3-2026. Visita do CEIP Manuel Antonio á EMAO


martes, 24 de febreiro de 2026

Visitas guiadas á exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental". VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO.

 

Como complemento das actividades programadas ao abeiro da exposición "No(i)roeste. A Reserva Occidental", os próximos venres, días 27 de febreiro, 13 e 27 de marzo, ás 19.00h, realizaranse visitas guiadas polo comisario da exposición e mestre da especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO, Pepe Pereira.

Por motivos de aforo, para a participación na visita guiada será necesario inscribirse previamente na EMAO, por algún dos seguintes medios:

- En persoa, nas dependencias da EMAO (Avenida García Barbón, 5), en horario de 09.00h a 13.00h
- Por teléfono: 986 228 088, en horario de 09.00h a 13.00h
- Por correo electrónico: emao@vigo.org

Lémbrase que a exposición "No(i)roeste. A Reserva Occidental" estará aberta ata o día 27 de marzo, no Espazo EMAO, de luns a venres, de 19.00h a 21.00h

Inscríbete!!!