venres, 14 de febreiro de 2025

14-2-2025. Venres da EMAO presenta "Morisot. Atelier de arte" [DEBUXO]

 

Morisot foi unha pintora impresionista francesa menosprezada polos historiadores da arte do seu tempo e que hoxe se reivindica como unha pintora fundamental dese movemento, á altura de Manet, Renoir ou Cézanne. 
No interese por dar a coñecer a súa figura, Macarena G. Muñoz tomou este nome para comezar o seu proxecto. Morisot é un espazo de arte situado no centro de Vigo que a súa capitana, como artista e docente que é, virá presentar na EMAO.

Presentado por Federico Fernández (Mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 14 de febreiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!