venres, 29 de maio de 2020

43. Darya von Berner. Naturaleza.Cap.2. Hablar en tiempos de cólera [PINTURA]


Darya von Berner (Mexico.D.F 1959):
Es una artista multidisciplinar, con una gran presencia internacional, cuya obra abarca desde la pintura, el vídeo a las instalaciones e intervenciones en espacios públicos.
Su trabajo se basa en la construcción de ficciones con las que pretende poner en tela de juicio la realidad que nos envuelve.




Hazel Thorn [OURIVARÍA]

Hazel Thorn 
é unha artista escocesa 
que emprega nas súas obras unha técnica particular 
e propia de combinación de metais.

Birch vessels de Hazel Thorn

Thorn busca a súa inspiración nas paisaxes naturais,
pois ela naceu nunha zona remota de Escocia, nas Highlands,
 pero tamén no traballo co propio metal. 
Nas súas pezas  intenta transmitir os aspectos visuais, as cores e as texturas daquelas paisaxes. 

Maria Sibylla Merian [SERIGRAFÍA]


Maria Sibylla Merian naceu en Frankfurt nun ambiente artístico. Era filla de Matthäus Merian, exitoso gravador e editor orixinario de Basilea. Aínda que Matthäus morreu cando ela só tiña tres anos, o ambiente artístico continuou: a súa nai, Johanna Sibylla Heim, casou co pintor de flores Jacob Marrel, en cuxo estudo a pequena Maria puido aprender técnicas de ilustración, dando así ferramentas ao seu enorme talento. Ela mesma contaría máis tarde que na súa infancia recollía flores e insectos para debuxalos. Na súa obra apréciase unha minuciosa atención polo detalle, froito da precisa observación da realidade. Tamén destaca a capacidade para representar a esencia de animais e plantas, que nas súas obras aparecen aínda vivos e frescos. Por estas características, considérase aínda como unha das mellores ilustradoras de Historia Natural de toda a Historia da arte.



Músicas sinxelas e nutritivas [CAIM Zanfona.])

Seguro que tedes escoitado falar dos "Nenos cantores de Viena". 
Pois estes músicos da "Orquestra de vexetais de Viena" teñen en común cos primeiros o feito de que non teñen que preocuparse polos instrumentos cando viaxan en avión. Polo demais, nada que ver. 
As hortalizas e tubérculos son mercados no día alí onde actúan e logo os preparan unhas horas antes de saír a escena,  para que estean frescos e sonoros. 




Sorprendente sinxeleza!

O rozamento fai o cariño [CAIM Zanfona]

Existen no mundo infinidade de instrumentos que funcionan grazas á fricción dalgún elemento contra outro. Pode tratarse das sedas dun cabalo sobre unhas cordas tensadas, ou esas mesmas cordas sobre a superficie dun disco de madeira. Sexa coma sexa, o concepto rozamento está presente.
Como neste caso,  o chamado "Harmónica de cristal" ou "Hidrocristalófono", que emprega os dedos convenientemente humedecidos para extraer ese abraiante son que nos traslada aos máxicos mundos de J. K Rowling.




Parece ser que foi o político estadounidense Benjamin Franklin o inventor deste trebello, alá polo ano 1762. Que cousas!

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 29. ANNE MONDRO [ENCAIXE DE PALILLOS]

Sei que esta artista que hoxe vos presento non é encaixeira (pero podería selo), pero quero mostrala para mostrarvos a importancia do material e como dende a nosa especialidade poderíamos desenvolver un traballo volumétrico, mostrar como o material cambia todo e sobre todo a percepción que temos de traballos e artes coma a nosa. Anne Mondro, realiza o seu traballo coa ferramenta do crochet/gancho suscitando novas ideas e cambiando a propia idiosincrasia do crochet.

É importante  que comprendamos que tanto a nosa técnica encaixeira coma outras técnicas relacionadas co mundo feminino evolucionan a ámbitos artisticos ofrecendo novas visións do mundo e da propia esencia humana.



Anne Mondro. Instalación

O latexo. Anne Mondro

Xa que esta semana falamos de artistas que "xogan" co metal, Mondro traballa con fíos metálicos e dálles vida propia.



FMR. A Revista Máis Bela do Mundo [BIBLIOTECA]



Hai uns meses recibimos de mans da prestixiosa bibliotecaria Carmen Pérez Pais, a doazón dos primeiros 40 números dunha revista mítica, FMR. Desde aquí agradecémoslle este precioso agasallo.
A revista publicara o seu primeiro número en 1982 en Italia e foi posteriormente editada en inglés, francés e alemán. En 1989 publícase o primeiro número da edición española que se imprime en Barcelona en colaboración coa editorial Ebrisa. O seu editor Franco Maria Ricci púxolle o slogan: A revista máis bela do mundo. O certo é que era unha revista de arte diferente, exquisita, cunhas fotos fantásticas, e unha evidente inclinación pola arte italiana. Respiraba exclusividade no seu continente e no seu contido, os seus subscritores recibíana cunha periodicidade bimensual nunha solemne embalaxe negra cuberta de trevos grises.

Beth Lo [CERÁMICA]

Beth Lo

Naceu en  Lafayette en 1949, Indiana, pouco despois de que os seus pais chegasen de China. A auga é un elemento central en moitas das súas obras, está representada cun esmalte celadón azul/verde, que evoca a frustración, a alienación e o desastre que experimentou durante a súa infancia. O nacemento do seu fillo en 1987 marcou un punto de inflexión no seu traballo, no que agora usa caligrafía e formas tradicionais chinesas e iconografía para profundar na interacción do patrimonio cultural, a identidade, a maternidade e a herdanza familiar.
Recibiu un Bacharelato en Estudos Xerais da Universidade de  Michigan e un  MFA da Universidade de  Montana. Recibiu unha bolsa para artistas visuais de National Endowment for the Arts e o seu traballo foi exposto e coleccionado por museos a nivel nacional e internacional.

Basilio Carríl, artesán e gaiteiro [CAIM GAITA]



xoves, 28 de maio de 2020

Cornell (parte 3) Caixas, caixas e máis caixas: Carmen Calvo [TALLAE ESCULTURA]

Carmen Calvo

Non é pintora, non é escultora, non é fotógrafa, non é debuxante, pero pinta, fai esculturas, traballa a fotografía e debuxa, é artista






"Como  los coleccionistas que  antaño acumulaban “curiosidades” en  sus almacenes, como  los arqueólogos que clasificaban  los ínfimos  vestigios de las  civilizaciones, Carmen Calvo, tres años atrás, cuando la  conocí en  su taller de la Casa de Velázquez, sumaba pacientemente series de signos. Se trataba de esos restos insignificantes que se pueden  recoger ocasionalmente en la calle o de fragmentos de arcilla modelados por sus propios dedos. De este modo iba desarrollando, en escrituras indescifrables, secuencias de discursos enigmáticos sin principio ni fin. Daba la impresión de estar jugando..."
Georges Duby

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 28. MARION GRAHAM [ENCAIXE DE PALILLOS]

O ENCAIXE VAI POR DENTRO

¿Algunha vez pensastes se un cinturón de castidade podería ter encaixes?
Na época medieval a beleza do encaixe externo só era de uso na clase pudente: os nobres e a igrexa.
Hoxe reflexionamos sobre a figura feminina nesa época de escuridade e feudalismo, por medio desta artista: Marion Graham.

Mentres investigaba o traxe histórico atopou unha imaxe dun corpiño de ferro forxado do século XVI. Coñecido como o "busk", usábase para moldear o torso feminino nunha forma cónica. Queda para min unha das reliquias máis intrigantes e dramáticas do vestiario pasado, porque é á vez fermoso e ameazante.

 Suxeitador. Corset: metal cotado con láser e túnica de liño. Marion Graham

A estampa científica [SERIGRAFÍA]

Como complemento á proposta do exercicio de facer unha estampa botánica podedes botarlle unha ollada a este vídeo do conferenciante Felipe Xerez Moliner, profesor do Departamento de Historia da arte da Facultade de Xeografía e Historia (Universitat de València) onde fai un percorrido histórico sobre a evolución e o desenvolvemento técnico da estampa ao servizo da ciencia. O seminario estivo organizado polo Instituto do Patrimonio Cultural de España ( IPCE) e foi celebrado na súa sede do 6 ao 8 de maio de 2019.

Para realizar o exercicio proposto tedes no correo-e do alumnado instrucións de como facelo paso a paso traballando o gravado calcográfico e adaptado aos materiais que tedes pola casa así como enlaces relacionados co tema. (Unha chiscadela especial para Cecilia, alumna de avanzado e o seu proxecto en colaboración co CSIC)

A Biblioteca do Mosterio de Santa Catarina do Monte Sinaí [BIBLIOTECA]

 
O mosteiro de Santa Catarina foi construído por orde do emperador Justiniano I, a mediados do século VI, xunto á capela que a nai do emperador Constantino I mandou construír alá onde Moisés falou con Deus a través da silva ardente. Debido a esta conexión con Moisés o mosteiro constitúe un lugar sacro para as tres grandes relixións monoteístas: xudaísmo, cristianismo e islam. Aínda que o seu verdadeiro nome é Mosteiro da Transfiguración, é coñecido tamén como Mosteiro de Santa Catarina, en memoria dá mártir cristiá Santa Catarina de Alexandría. Trátase dun dos mosteiros máis antigos que continúan habitados.

A gaita en fotografías [CAIM GAITA]

Hoxe gustariame compartir con vós esta pequena selección fotográfica da historia da gaita, algunhas están datadas e documentadas, outras por desgraza non, mais todas forman parte da nosa historia e por suposto das nosas raíces.

mércores, 27 de maio de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 27. INGRID MORLEY [ENCAIXE DE PALILLOS]



Imos contarvos a historia dunha camioneta de traballo. Un proxecto de Ingrid Morley, unha escultora australina da que hoxe imos falar. A historia é a seguinte:

Lorrie (é unha camioneta) e eu coñecémonos no meu aniversario. Estaba nun paddock, "botado á herba", co seu ferruxe vermello sangrando no chan. para min pertencía á paisaxe australiana, co seu corpo traído de tempo e a honradez traballada. Eu tamén ansiaba estar absorbida na paisaxe e ter a dignidade coa que representaba a súa idade.

Traballou na industria da madeira en Oberon, Nova Gales do Sur, durante os anos 1950 e 60. O bosque de plantas ten rastros ao redor de postes de árbores, cortados na paisaxe, coma se atopase "as pegadas das miñas bágoas" nun rostro desatinado.

Reflexionaba sobre esas bágoas ao facer os encaixes. Cortar o aceiro revelou espazos negativos: un proceso destrutivo. As formas positivas quedaron como "produtos" deste proceso.

A colleita de madeira é difícil deixando a súa marca na xente e na terra, unha relación ambigua que parece preguntar: "Como e que destruímos, para producir?".

42. Darya von Berner. Naturaleza. Cap.1. Hablar en tiempos de cólera [PINTURA]

Darya von Berner (Mexico.D.F. 1959):
Es una artista multidisciplinar, con una gran presencia internacional, cuya obra abarca desde la pintura, el vídeo a las instalaciones e intervenciones en espacios públicos.
Su trabajo se basa en la construcción de ficciones con las que pretende poner en tela de juicio la realidad que nos envuelve.


Autor: Alberto Garcia-Alix.

Cornel (parte2) Dúas caixas de Cornell interpretadas [TALLA E ESCULTURA]



Dúas caixas de Cornell a análise




Cadeas I - Cadea exipcia ou cola de raposo [OURIVARÍA]

As cadeas son un complemento decorativo nas nosas xoias,
pero tamén son un elemento de articulación.

Normalmente empregamos cadeas manufacturadas porque reduce costes, 
existe unha ampla variedade de modelos e os grosores son moito máis finos que os dunha cadea feita á man. 
Nesta serie de artigos analizaremos distintos modelos de cadeas e aprenderemos como se fan 
os modelos tradicionais. 

Empezaremos pola cadea exipcia ou cola de raposo
que foi unha das primeiras cadeas que se empregaron, 
recibe este nome porque a súa invención produciuse no Antigo Exipto.

Escaravello corazón da Raiña Hatnefer

Tramando tramas II [SERIGRAFÍA]

Para o exercicio de tramado manual imos elaborar entre todos os grupos unhas imaxes de temática botánica. Tedes nos vosos correo-e un PDF con pasos a seguir para facer o exercicio e aquí uns videos sobre debuxo científico, ilustración botánica e a arte do debuxo das plantas.
Entradas deste blog sobre o tramado manual en debuxo e a súa aplicación en serigrafía: 
 Espero que o gocedes!

Novos Títulos para a Sección de Novela Gráfica e Álbums Ilustrados. 2 [BIBLIOTECA]


Continuamos cos novos títulos adquiridos para esta sección de novela gráfica, cómics e álbums ilustrados.


Gaitas do mundo: Biniou Kozh. Bretaña. [CAIM GAITA]



Hoxe imos presentar unha gaita exclusiva da Bretaña, no noroeste de Francia, que se emprega case en exclusiva para acompañar o baile tradicional bretón.

Raku segundo Nigrán [CERÁMICA]



Nesta semana aínda teríamos nas nosas retinas as imaxes da 31 edición do  Raku segundo Nigrán, que tería lugar do 18 ao 22 de maio. Por causa “maior” este ano non puidemos levar a cabo esta cita anual imprescindible, polo que para matar o bicho déixovos este vídeo da edición do 2014 cando cumprimos 25 anos. A gozar e vémonos o ano que vén.

martes, 26 de maio de 2020

Cornel (parte1) Joseph Coenell: as súas caixas [TALLA E ESCULTURA]

Joseph Coenell: as súas caixas 

 pequenos espazos narrativos nos que asomarse



Esta semana ímola dedicar a un clásico na nosa aula, Joseph  Cornell. Os seus  assemblages  envasados en fantásticas caixas, contedores que nos falan de soños, recordos, mundos oníricos, desde a exquisitez, e sobre todo o lirismo que desprenden as súas composicións. Nas súas caixas atopamos obxectos e gravados desenvolvendo todo un mundo de símbolos que o acompañarán ao longo da súa obra.

Apertura limitada e parcial da EMAO para recollida de material polo alumnado [ADMINISTRACIÓN]


NORMAS PARA O ACCESO ÁS AULAS PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL POR PARTE DO ALUMNADO

Co fin de facilitar a recollida de materiais, ferramentas, pezas e enseres persoais, a partir do día 27 de maio, e ata o 12 de xuño, de xeito organizado e ordeado, permítese o acceso do alumnado ás aulas, nas condicións, día e hora que previamente se lle indique polo seu mestre/a.
Este acceso realizarase coas seguinte medidas de seguridade e hixiene para dar cumprimento á normativa vixente e evitar aglomeracións innecesarias que poidan ser xerar algún tipo de situación de risco:

  • O acceso será exclusivamente con cita previa que o alumno/a fará directamente ao mestre/a da súa especialidade; este indicaralle o día e hora para a recollida. Será atendido na aula polo mestre/a.
  • O alumnado terá acceso soamente aós lugares de almacenaxe do seu material.
  • Por vía da regra, empregaranse soamente as escaleiras para acceder á clase agás nos casos de mobilidade reducida ou avanzada idade que poderán empregar o ascensor, sempre de un en un.
  • O/a alumno/a acudirá só/a, con mascarilla axeitada e traerá os elementos necesarios para levar as súas pertenzas (bolsa, caixa...)
  • Limparase as mans antes de entrar na aula cun xel desinfectante instalado a tal feito na porta.
  • No caso de que presente algúns dos síntomas do Covid-19 ou se atope illado/a en corentena, non poderá asistir a facer a recollida.
  • Solicítase a máxima puntualidade; de chegar antes de tempo, a espera realizarase fóra da Escola, gardando a distancia de seguridade.
  • Deberase en todo momento respectar as indicacións realizadas polo persoal da Escola.

Proposta para esta semana [Coiro]

Xa que os resultados dos souvenirs que fixestes durante a semana pasada, para esta semana imos descansar un pouco as máns...
Imos traballar soamente cos dedos e cos ollos. Gustaríanos coñecer a vosa inspiración e os vosos gustos, no que se refire ó traballo do Coiro, é dicir, gustaríanos que nos falasedes do artesán que máis vos gusta e nos digades por que.

Os alumn@s de Iniciación e Básico tédesnos que explicar por que vos gusta e que tipo de traballos fai.

Os alumnos de Superior e Avanzado tedes que falarnos ademais de que tipo de técnicas emprega, que materiais, e se pertence a algún tipo de movemento.

As vosas propostas podedes envialas a artesaniadocoiro@gmail.com ata o domingo.

Boa semana e xa queda menos para que nos vexamos...

Proposta da semana II [DEBUXO]

Co alumnado dos grupos Superiores traballamos durante estes días en varias propostas co fin de aproximarnos ao corpo humano, ao movemento e á proporción do mesmo. Imos a modo, intentando gozar de cada unha das propostas e asentando un modo de traballar no que se  potencia o esquema como base de todo este proceso.
Se recompilamos as propostas, foron as seguintes:

  1. Realizamos os nosos propios esqueletos partindo dos manuais de Andrew Loomis. Deixo este enlace que creo que irá mellor que o anterior, co que tivestes problemas.
  2. Utilizamos revistas para poñer en práctica a utilización dos esqueletos.
  3. Captamos o movemento en poucos trazos recuperando os clásicos do cine e vendo o traballo de Elena Fernández e de Jason Polan.
  4. Estimulamos a nosa habilidade na observación e o trazo analizando os fantásticos debuxos de  Diebenkorn.
Hoxe pasamos xa á proposta final, poñendo en práctica o esquema e a cor acuarela para rematar os nosos debuxos dun xeito similar ao  primeiro manual que vos enviei.

MATERIAIS


Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 26. CAL LANE [ENCAIXE DE PALILLOS]

Nesta semana falaremos de materiais e elementos que nunca relacionariamos co mundo do encaixe de palillos ou co encaixe en si: o metal. Un material moi relacionado co masculino pode ter o seu talón de Aquiles e neste blog durante esta semana falaremos dese talón, o feminino por medio da nosa disciplina, o encaixe de palillos. Preséntovos a unha artista soldadora, que pon ese contrapunto do masculino fronte ao feminino dándolle un valor máis que espectacular, contando historias de mulleres golpeadas pola propia materia metálica.



Cal Lane naceu en Halifax, Nova Escocia, en 1968 e criouse na illa de Vancouver, onde se formou como perruqueira e soldadora. É licenciada na Nova Scotia College of Art and Design e un Master en Belas Artes pola Universidade Estatal de Nova York en Compra.
Sweet Crude. Cal Lane 2016


Tramando tramas [SERIGRAFÍA]

As tramas, esa combinación de puntos, liñas, trazos ou texturas que en serigrafía son esenciais para acadar degradados, matices e sombras. O tramado manual dota de calidez e personalidade ás imaxes. Esta semana traballaremos nos nosos cadernos exercicios de reforzo sobre o que xa fixemos na clase sobre tramas. Esta vez, como xa coñecedes o proceso serigráfico, seguro que aplicades o tramado manual de forma máis consciente e adaptado ás vosas necesidades. Aquí podedes ver algunhas imaxes de momentos nas clases en cursos anteriores traballando o debuxo de tramas.


As Bibliotecas da Antigüidade VI. A Biblioteca Imperial de Constantinopla [BIBLIOTECA]


A Biblioteca Imperial de Constantinopla foi a última das grandes bibliotecas do mundo antigo. Tras a fundación de Constantinopla no ano 330 d. C., Constantino I quixo reunir unha colección de libros digna dunha nova capital. Dábase a circunstancia de que a maior parte dos textos clásicos que se gardaban na cidade estaban escritos en papiro, un material difícil de preservar. Constantino o Grande decidiu que eses clásicos tiñan que ser copiados en pergamiños, moito máis resistentes.  Esta tarefa foi continuada polos seus fillos Constantino II e Constancio II, este último crea a biblioteca imperial.

Construir un Pífano de cana [CAIM GAITA]



E seguindo con instrumentos moi sinxelos, pero que teñen moito que ver cos que aprendemos a construír no obradoiro, hoxe imos facer un pífano de cana, material que podemos conseguir facilmente nas beiras dalgún río ou corrente de auga que teñamos cerca.

Neste caso trátase dunha frauta traveseira, tipo requinta, loxicamente moito máis sinxela.
Os que xa tedes a requinta en proceso veredes que o principio sonoro é o mesmo, e os que aínda non estades neste proceso irédesvos familiarizando con este tipo de instrumento.
Unha vez máis anímovos a facelo e a mostrarnos os resultados.
Luis Payno é o responsable deste sinxelo titorial.

Pincha aqui para acceder ó titorial


luns, 25 de maio de 2020

Resultados do exercicio da caixa baleira [TALLA E ESCULTURA]



CONSTRUCIÓN - DECONSTRUCIÓN - CONSTRUCIÓN

Proxecto para a realización dunha escultura
A caixa Baleira




"El arte está entrando en una zona de silencio (yo terminé en un espacio negativo, en un espacio solo y vacío). En esta Nada el hombre se afirma en su ser."

Jorge Oteiza, Quousque tandem


Anna Vlahos - Tramas e patróns [OURIVARÍA]


Anna Vlahos
é unha artista australiana que vive e traballa actualmente en Grecia.
Esta nova artista formouse en Artes Plásticas e en Deseño e Produción de Xoias no Central TAFE de Fremantle en Australia.

Pendentes Ophir 2012 Anna Vlahos - prata, cobre e pintura

Anna inspírase na natureza para desenvolver as súas creacións,
 sobre todo nos motivos vexetais,
cun estudo previo das formas orgánicas.

CIEC [SERIGRAFÍA]


Moito falamos no obradoiro da Fundación CIEC e da sorte de ter o Centro Internacional da Estampa Contemporánea en Galicia. O CIEC é unha plataforma onde concorren creación, exposición, investigación e formación da man de artistas consagrados, novos creadores e público, situado no casco histórico de Betanzos. Trátase dunha fundación privada creada o 7 de Abril de 1997 froito da teima do artista Jesús Núñez co obxectivo de promocionar e difundir as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.

Proposta da semana I [DEBUXO]

O alumnado dos grupos de Básico e Iniciación realizastes unha serie de traballos destinados a desenvolver as vosas capacidades de observación e de execución técnica tomando como modelo obxectos do natural. Hoxe quero propoñer unha nova proposta co fin de estimular a práctica neses dous eidos.

OBXETO: LIÑA COMBINADO

A serie de obxectos que traballamos utilizando a liña con moitas das súas posibilidades plásticas e gráficas foi o zapato. Posteriormente realizamos un obxecto elixido por vós en lapis mancha. Moitos aínda estades rematando este debuxo, pero os que xa rematastes realizaredes ese mesmo obxecto noutra posición rematado en liña combinada.

Combinado de liña e punto

Cando o cinceiro era imprescindible [CERÁMICA]


cinceiro 
1. m. Recipiente onde se deixan a cinza e residuos do cigarro.
2. m. Espazo que hai debaixo da reixa do fogar, para que nel caia a cinza.
3. m. Cerco onde se recolle ou bota a cinza.

Hoxe traemos algúns dos cinceiros de cerámica que atesoura o International Museun of Dinnerware Desing de Ann Arbor en Michiagan, USA, onde podemos comprobar a evolución deste obxecto que hoxe non vive un dos seus mellores momentos.

Construír un pito de cana [CAIM GAITA]



Hoxe propóñovos a construción dun instrumento moi sinxelo, e para o que non se necesitan grandes medios. Imos facer un pito de cana, que, se ben non vai  ter unha afinación perfecta, si nos vai axudar a entender un pouco o sistema de produción de son deste tipo de instrumentos, xa que é semellante ó do pito pastoríl que algúns de vós xa tedes en proceso.
Agradecer a Juanma Sánchez a elaboración deste pequeno e sinxelo titorial da construción do pito de cana.
Espero que vos preste e vos animedes a levalo a cabo, e compartades con todos nós os resultados.

Pinchade aqui para acceder ó titorial


Pequenos Tesouros da Biblioteca García Barbón da Escola Municipal de Artes e Oficios. 7 [BIBLIOTECA]


Hoxe continuamos coas entradas dedicadas ao noso fondo histórico, concretamente a algunhas das publicacións periódicas máis interesantes que se conservan na nosa hemeroteca histórica.

Souvenirs do Confinamento [Coiro]

Aquí vos deixamos os souvenirs do confinamento que os nosos alumnos agasallarían ós seus seres queridos que tanto tempo estiveron sen ver.
Esperamos que lles gusten.
Alba, Avanzado

domingo, 24 de maio de 2020

41. Tono Carbajo. Deseos, Cap. 2º. Hablar en tiempos de cólera [PINTURA].

41. Tono Carbajo. Deseos, Cap. 2º. Hablar en tiempos de cólera [PINTURA].

Tono Carbajo (Vigo, 1960):
Es un artista olívico de larga y exitosa carrera, cuyo lenguaje artístico siempre ha ¨radicalmente morfoseado¨,  según sus experiencias o necesidades como individuo ético-social.
Hoy hablaremos de como se comporta su trabajo en este siglo XXI.



sábado, 23 de maio de 2020

40. Tono Carbajo. Deseos, Cap.1º. Hablar en tiempos de cólera [PINTURA].

40. Tono Carbajo. Deseos, Cap.1º. Hablar en tiempos de cólera [PINTURA].

Tono Carbajo (Vigo, 1960):
Es un artista olívico de larga y exitosa carrera, cuyo lenguaje artístico siempre ha ¨radicalmente morfoseado¨,  según sus experiencias o necesidades como individuo ético-social.
Hoy hablaremos de su trabajo durante los años 80 y 90.


venres, 22 de maio de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 25. Xadrez EMAO [ENCAIXE DE PALILLOS]


Nesta semana lúdica quixemos mostrar como xogando pódese aprender unha arte como é a nosa especialidade.

A gamificación é unha técnica de aprendizaxe que traslada a mecánica dos xogos ao ámbito educativo-profesional co fin de conseguir mellores resultados, xa sexa para absorber mellor algúns coñecementos, mellorar algunha habilidade, ou ben recompensar accións concretas, entre outros moitos obxectivos, que utilizamos nesta especialidade.

O neno prodixio do xadrez, Samuel Reshevsky, de oito anos, 
derrota a varios mestres do xadrez, nunhas partidas simultáneas en Francia 

Biombo [SERIGRAFÍA]


Biombo é a primeira edición de Crean, un libro en formato despregable de nove pezas, serigrafado e selado artesanalmente nunha edición limitada e numerada de 350 exemplares. Trátase dun percorrido ilustrado polas distintas figuras retóricas propias da literatura. Biombo está ideado, ilustrado e producido polos responsables de Crean: Mágoz, Miguel Montaner e Miguel Porlan. As fotografías son de Marc Bordons. Nota para o alumnado do curso superior: observade como con dúas tintas podemos conseguir tres cores. Neste post podedes ver imaxes do proceso no taller de Vostok.


Reapertura da Biblioteca da EMAO [BIBLIOTECA]


Unha mostra do grupo Medio [DEBUXO]

Esta semana queríavos mostrar os debuxos da proposta "O que vexo desde a fiestra" realizados polo alumnado do grupo Medio. Como agora xa están ás voltas coa cor e rematando os debuxos da libreta pequena, vou a agardar unha semana máis e dar ese tempo para os que aínda non me enviastes esta proposta rematada...Veña, que os debuxos que me chegaron están moi ben... ánimo!!!

Vou facer entón unha selección máis diversa do que estivestes debuxando estes días. Debuxos a liña, mancha-cor e debuxos combinando mancha-liña. Debuxos de pequenos obxetos e de espazos caseiros, exercicios que nos axudan a desenvolver as nosas habilidades de observación e de execución.

COR
Debuxos: Bea e Manolo

Novos Títulos para a Sección de Novela Gráfica e Álbums Ilustrados. 1 [BIBLIOTECA]


Hai un par de anos que inauguramos, no noso fondo moderno, unha nova sección de novela gráfica e álbums ilustrados. É aínda unha pequena sección, pero conta con autores moi relevantes: Will Eisner, Moebius, Mike Mignola, Alan Moore, Richard Corben, etc. E títulos como Maus, Hellboy, Persépolis, etc.
Non faltan autores españois e galegos, varios Premios Nacionais de Cómic como Miguelanxo Prado, Antonio Altarriba, Paco Roca, Alfonso Zapico, Ana Penyas, etc.

A continuación imos ver algunhas das últimas adquisicións:

Xaponismo para xaponeses [CERÁMICA]




Xaponismo é un termo que se refire á influencia das artes nipoas nas occidentais. A palabra usouse por vez primeira por Jules Claretie no seu libro L'Art Francais en 1872, publicado ese ano. As obras creadas a partir da transferencia directa dos principios da arte xaponesa sobre a occidental, especialmente as realizadas por artistas franceses reciben a denominación de  japonesque («xaponesca») ou  japonaiserie («xaponería»).
Yoca Muta fai historia con cerámica. Ao que apunta é ao "Xaponismo" visto desde os xaponeses contemporáneos. A historia expresada por Muta está chea de forza vital, singular e misteriosa flutuación que atrae ás persoas que a miran.

xoves, 21 de maio de 2020

Reflexións sobre escultura e arte: (1) JAUME PLENSA [TALLA E ESCULTURA]

Jaume Plensa

"La obra no es necesariamente un material, la obra es una idea"






Para completar a entrada de onte vouvos deixar hoxe neste post esta entrevista a Jaume Plensa nun formato reflexivo para a revista hoyesarte. Non quero parecer pesada nin repetitiva con este tema, pero é que me parece que explica dunha maneira tan sinxela o que eu entendo por arte e por actividade artística que vexo necesario compartilo. 

39.Turner, de lo sublime. Mirar en tiempos de cólera [PINTURA]


Joseph Mallord, William Turner (Londres 1775-1851):
Es uno de los grandes pintores románticos, interesado en la filosofía de lo sublime, retrata el asombroso poder de la naturaleza sobre el ser humano y consideraba el paisaje natural como un reflejo de su espíritu. Fue fundador de la pintura paisajística inglesa.


A familia Fouquet - Un anaco de historia [OURIVARÍA]

Georges Fouquet
foi un afamado ourive e deseñador de xoias a comezos do século XX.

Adorno de cabelo. Georges Fouquet. 1905.
Ouro, cuncha de tartaruga, esmalte e ópalos. 

Naceu en Francia (1862-1957). O seu pai, Alphonse Fouquet, foi un gran ourive,
e Georges seguiu coa tradición familiar.

Esta historia comeza con Alphonse Fouquet (1828-1911), que comezou a traballar en talleres de ourivaría con 11 anos; á idade de 19 anos tivo a oportunidade de traballar como deseñador de xoias para M. Pinard, era un home talentoso que marcaba a diferenza cos seus compañeiros.
En 1860 abriu o seu propio taller en París, o seu estilo era historicista, creando sobre todo Revivals Renacentistas nas décadas de 1870 e 80. Nas súas obras recorría a personaxes mitolóxicos, ao emprego de camafeos, esmaltes, diamantes e perlas ao gusto da época.
En 1878 exhibiu o seu traballo na Exposición Universal de París e gañou un premio de ouro por pezas descritas como absolutamente perfectas.

Icinori [SERIGRAFÍA]


COTELAC. Mayumi Otero.
En anteriores post centrámonos no traballo editorial de Icinori en serigrafía, especialmente nos seus libros a 7 e 8 tintas. Hoxe veremos algúns dos seus traballos onde utilizan outros métodos de gravado e achegarémonos á súa experiencia a través das entrevistas que lles fixeron a galería Michel Lagarde e Juan Pablo Fajardo (La Silueta).

Icinori (= Raphael Urwiller + Mayumi Otero) é un estudo que traballa ilustración, deseño gráfico e estampaxe facendo os seus propios proxectos editoriais. Traballan con Le Monde, New York Times, Wired, Lles Inrocks, A Vie, a Réunion deas Musées Nationaux, Forbes, XXI, Lle Tigre, Dada, Canle +, Wired, Pompidou Metz, Conseil de l’ Europe, Louis Vuitton etc. Continúan realizando un intenso traballo de investigación gráfica, a través de residencias e exposicións en varios lugares e países do mundo e colaborando con: SomeBooks, Elcaf, Bilbolbul, Instituts français, Fotokino, ArtsFactory, MyMonkey, Michel Lagarde, Château Mercier etc.

Imaxe de : edicionesekare.blogspot.com/2016/06/entrevista-icinori