Hoxe quero compartir co alumnado dos grupos de SUPERIOR os debuxos do caderno dun artista moi coñecido pola súa obra pictórica colorista e vital, inicialmente próxima a Matisse e a Hopper e que tanto lle gusta ao meu amigo e pintor Guillermo Moreno. Estes debuxos pódennos servir como modelo ou referente do que queremos acadar. O artista é Richard Diebenkorn. Debuxos do natural, poses rápidas en diversas posturas, en liña solta e dinámica... un pracer de debuxos.
PROPOSTA
Anímovos a que esta semana observedes este traballo, obsevade moito, analizade... copiade incluso os debuxos que propoño e logo siguides o voso instinto e intentades chegar a conclusións parecidas con poses do natural. Sen presión, poñede en práctica o que sabedes, que é moito, e xogade cos lapis 4B e 6B nun formato A4.
Parece que en calquera momento van cambiar de posición, levantarse da cadeira ou coller algo. Gustanme !!!
ResponderEliminar