venres, 15 de maio de 2020

1930 [SERIGRAFÍA ]

A partir dos anos trinta o emprego da serigrafía desborda os límites da aplicación industrial e comeza a penetrar no ámbito da creación artística. Neste vídeo podedes ver como se facían reproducións con método directo neses anos.


Mediante este método podedes realizar exercicios na casa. Algunhas técnicas de métodos directo xa as fixemos na aula pintando directamente sobre a pantalla ou utilizando o bloqueador (tendo en conta que a tinta pasa nas zonas non bloqueadas). Para método directo con plantillas hai un post neste blog que podes ver premendo aquí.
Xa sabedes, mandade imaxes, dúbidas, propostas etc. a serigrafiaemao@gmail.com. Ánimo, saúde e moita tinta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!