domingo, 17 de maio de 2020

Máis colares con materiais reciclados ou cotiáns - VII [OURIVARÍA]

PARTE VII

Xa nos cheraron outros tres colares máis feitos nestes días de confinamento,
e empregando eses materiais que podemos atopar por casa e aos que non lles damos importancia.

Carlos Ardid
preséntanos un orixinal colar feito con follas secas, clips e peche de imperdible,
un conxunto cun belo agrupamento de follas na metade frontal do colar.

Colar de Resistencia de Carlos Ardid



Montse Cruces:
o colar de Montse está feito con técnicas de crochet, tecido con fío de perlé no que incorpora contas de distinto tamaño que lle achegan movevento. O conxunto fai un debuxo en rede moi vistoso,
e para o peche emprega fio de cobre.



Detalle - Colar de Montse cruces

Marián del Hierro
móstranos unha gargantilla feita cunha peza de cerámica recuberta con rede
e rematada cun botón e unha folla de planta natural pintada de prateado,
un deseño sinxelo pero con moito volume e orixinalidade.


Xa vedes que as posibilidades son infinitas así como os materiais que podemos empregar.
Anímovos a todos a crear a vosa peza, e dar as grazas a todos os alumnos que participan.

Espero que vos guste e vos inspire!
Saúdos ;D

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!