mércores, 8 de maio de 2024

10-5-2024. Venres da EMAO presenta Isaac Pérez Vicente e a Hermes Salceda en "Erre, que erre? Palabras, imaxes, grafos, potencialidades" [PINTURA]

 

Desde mediados dos anos oitenta do século pasado as exploracións de Isaac Pérez Vicente despréganse en múltiples grafos novos e ofrécenlle a quen se adentre nelas formas inéditas de circular polo mundo e pola súa propia memoria. IPV explora e desprega a potencialidade das palabras e das imaxes que herdamos de antigo propoñéndonos novas relacións que desautomatizan a nosa percepción e interrogan os límites da arte, as súas relacións coa literatura e a semiótica do presente.

Presentado por Darío A. Basso (mestre de Pintura na EMAO)
Data: 10 de maio de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

martes, 7 de maio de 2024

9-5-2024. "Eu son Rosalía" Espectáculo músico-teatral de María Alonso [OUTRAS NOVAS]

Xoves, 9 de maio ás 20:00

Convocatoria do nivel avanzado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Curso 2024-2025 [ADMINISTRACIÓN]

 

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo vén de facer pública a Convocatoria de acceso ao Nivel Avanzado para o curso 2024-25 nas especialidades de Serigrafía artística, Moda e confección, Pintura, Debuxo artístico, Artesanía en Coiro, Talla e escultura en madeira,  Ourivería, Deseño e encaixe de palillos e Construción artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM Gaita e CAIM Zanfona). 
 
 
Terá dereito o alumno/a que remate coa cualificación de apto/a o Nivel Superior ou Perfeccionamento
II da especialidade na que estea matriculado/a.

O Nivel Avanzado consiste no desenvolvemento dun Proxecto de Fin de Estudos previamente presentado e seleccionado conforme ás normas e aos criterios que se explicitan nas Bases. Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas/catro horas de duración durante o curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario. 
 
Ao remate do curso académico, unha vez avaliado e cualificado como Apto/Non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015), certificaranse 70/100 horas correspondentes á superación do nivel AVANZADO.
 
Para acceder a este nivel o/a interesado/a deberá presentar, nos prazos que se indican na presente convocatoria, un proxecto persoal directamente relacionado coa especialidade cursada. Esta proposta será informada inicialmente polo/a mestre/a titular da mesma tendo en conta as especificidades recollidas no apartado correspondente desta convocatoria. 

Este proxecto poderá orientarse nalgunha das catro liñas seguintes:
  • Investigación
  • Produción
  • Creación
  • Ampliación de coñecementos. 
Unha comisión formada pola xefatura do Servizo municipal de Educación (ou técnico/a en quen delegue), xefe de estudos, o/a profesor/a da especialidade e un profesor/a elixido por cada un dos departamentos, seleccionará, de xeito libre e motivado -previo o informe escrito do profesor/a da especialidade-, aqueles proxectos que considere de interese.
A EMAO publicará, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel Avanzado, facendo constar as iniciais do nome e apelidos do/ alumno/a, especialidade e denominación do proxecto. 
 
Prazos
  • Do 6 de maio ao 14 de xuño de 2024, presentación de proxectos por parte do alumnado.
  • Do 17 ao 21 de xuño de 2024, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada en 5.2.
  • 24 ao 27 de xuño de 2024: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración.
  • 1 de xullo de 2024: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados.

luns, 6 de maio de 2024

Fotos da inauguración da exposición "Farruco. Arte por amor á arte. Unha rendición de contas na EMAO" [ESPAZO EMAO]

Farruco Sexto cos comisarios da exposición

Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 29 de abril ao 3 de maio [OUTRAS NOVAS]

2-5-2024. Xornadas de Divulgación e Concienciación. O sarcoma ao descuberto [ASARGA]

 
30-4-2024. Presentación do libro "La cueva de la ballena" de Miguel Ángel Rodriguez.
 

 
30-4-2024. 1ª Visita dos Centros Sociocomunitarios de Vigo.
 

Escultura e talla en madeira



Biblioteca

Serigrafía artística


29-4-2024. Presentación do libro "Francisco Villamil".
 

xoves, 2 de maio de 2024

3-5-2024. Exposición "Farruco. Arte por amor á arte. Unha rendición de contas na EMAO" [ESPAZO EMAO]

 

"Farruco. Arte por amor á arte. Unha rendición de contas na EMAO", representa o reencontro de Francisco Sesto Novás "Farruco" (Vigo, 1943), coa escola da que foi alumno nos anos 60 (foi 1º premio en Pastel e 2º premio en Debuxo na "I Exposición de artistas noveles" da EMAO en 1960), lugar que el mesmo identifica como a xénese de moitas das súas inquedanzas no campo da creación. Aos 18 anos emigra a Venezuela, onde fai a súa vida.


Poeta, escritor, pintor, debuxante, arquitecto, membro correspondente da Real Academia Galega. Farruco móstranos nesta exposición exemplos destacados da súa rica e diversa obra creativa e o seu retornado vencello coa escola e coa cidade.


FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: "Farruco. Arte por amor á arte. Unha rendición de contas na EMAO"
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 3 ao 24 de maio de 2024
Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas
Comisariado: Darío Álvarez-Basso, Federico Fernández e Alba Pardo, mestres de Pintura, Debuxo e Serigrafía artística, respectivamente, da EMAO.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2024
Axudante de montaxe: Eduardo nchez Arteaga
 

2-5-2024. Xornadas de Divulgación e Concienciación. O sarcoma ao descuberto [ASARGA]

Xoves 2 de maio ás 19:00