mércores, 29 de novembro de 2023

30-11-2023. Conferencia "Isabel de Borbón, la chata" por Manuel Orio. Ciclo a Historia e os seus Personaxes [OUTRAS NOVAS]


 Xoves, 30 de novembro ás 19.00 horas

Dentro do ciclo a Historia e os seus personaxes que organiza o Balneario de Mondariz co motivo do seu 150 aniversario, tera lugar unha charla do xornalista Manuel Orio na que se analizará os veraneos da Infanta Isabel na vila termal e se darán a coñecer fotografías inéditas destas visitas estivais. A madriña do rei Alfonso XIII era unha namorada dos touros, a orchata e do Balneario de Mondariz. Integrábase á perfección na vida social do Gran Hotel como as Festas do Carmen, as verbenas de verán ou  as excursións a Pías ou Troña.


martes, 28 de novembro de 2023

29-11-2023. Poéticas Diversas: Corpo a Corpo coa Música e a Palabra [OUTRAS NOVAS]


 Mércores 29 de novembro ás 19.30 na hemeroteca

Venres da EMAO 1-12-2023. Presenta “Do lixo ao prato” Master class de po de coiro [COIRO]


 
Os subprodutos do coiro son normalmente tratados como materia inútil, sen alma nin futuro, pero esta formulación é errónea xa que ese po de coiro está aínda cheo de posibilidades construtivas e decorativas. A nosa particular "Cuerámica" é un exemplo diso, é un proceso barato, sostible e con moita capacidade de ser un medio de expresión. Esta clase será unha introdución a esta técnica experimental e o aproveitamento dos desfeitos do coiro.

Presentado por Pepe Pereira (mestre de Artesanía do Coiro na EMAO)
Data: 1 de decembro de 2023
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

Fotos da Inauguración da Exposición "Proxectos 2023" [ESPAZO EMAO]

    

                                  

luns, 27 de novembro de 2023

28-11-2023. Conferencia "A Pegada de Pedro Madruga en Cristobal Colón" por Ángel Carracelas [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]

 Martes 28 de novembro, ás 19.30 horas

Organizado pola Comisión de Pensamento e Debate do Ateneo Atlántico, o próximo martes 28 de novembro Ángel Carracelas compartirá os resultados das súas investigacións arredor da galegidade de Cristóbal Colón e a máis que probable relación con Pedro Madruga. A presentación correrá a cargo de Teresa Conde Pumpido.

27-11-2023. Presentación do libro "Vigo, Porta do Mundo" [OUTRAS NOVAS]




Luns 27 de novembro ás 19:00

Vigo, porta do mundo”, o libro póstumo do exdirector de FARO e cronista da cidade, Ceferino de Blas será presentado esta tarde ás 19 horas na hemeroteca da Escola de Artes e Oficios. Esta obra forma parte do proxecto cultural ao redor de Vigo e a súa historia impulsado por FARO en colaboración co Concello de Vigo, con motivo do 170 aniversario do decano da prensa nacional. 

O libro fai unha relación dos personaxes de renome que estiveron de paso ou viaxaron á cidade ao longo do tempo, unha presenza que se multiplicou entre o último cuarto do século XIX e os anos setenta do XX, en que o porto de Vigo foi paso obrigado para os barcos que unían os dous continentes: Europa e América.

venres, 24 de novembro de 2023

Fotos da Montaxe da Exposición "Proxectos 2023" [ESPAZO EMAO]



FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: Proxectos 2023 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2022-23]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 27 de novembro de 2023 ata o 26 de xaneiro de 2024
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Sandra de Jesús, mestra de Ourivaría e Emma Gónzalez, mestra de Moda e Confección coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, Talla e escultura en madeira, Artesanía en coiro e Serigrafía artística.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2023
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

27-11-2023. Inauguración da Exposición Proxectos 2023 no Espazo EMAO [EXPOSICIÓNS EMAO]

 

 Adíase a inauguración ao luns 27 de novembro ás 18:30

 

O luns 27 de decembro ás 18:30 inaugúrase a  Exposición Proxectos 2023 que exhibirase ata o día 26 de xaneiro de 2024 no Espazo EMAO.


A orixe dos proxectos:

O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.

A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2022-23; en concreto, das especialidades de:

  • Pintura
  • Talla e escultura en madeira
  • Debuxo artístico
  • Serigrafía artística
  • Artesanía en coiro
  • Moda e Confección
  • Ourivería
As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade. .

FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: Proxectos 2023 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2022-23]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 27 de novembro de 2023 ata o 26 de xaneiro de 2024
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Sandra de Jesús, mestra de Ourivaría e Emma Gónzalez, mestra de Moda e Confección coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, Talla e escultura en madeira, Artesanía en coiro e Serigrafía artística.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2023
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

Resumo en Fotos das Outras Actividades Culturais na Hemeroteca [BIBLIOTECA-EXTENSIÓN CULTURAL]

23-11-2023. Conferencia "Antonio Palacios, Arquitecto. Sincretismo nas Barriadas de Antonio Palacios" por José Luis Varela Alén



22-11-2023. Elvira Landín, Socia de Honra do Ateneo Atlántico


21-11-2023. Poéticas Diversas: Corpo a Corpo coa Música e a Palabra


 

 20-11-2023. Presentación do Libro "Ser Cetáceo" de Francisco X. Fernández Naval


 

martes, 21 de novembro de 2023

22-11-2023. Elvira Landín, Socia de Honra do Ateneo Atlántico [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]

 

O   mércores 22 de novembro, ás 19 horas, na biblioteca  tera lugar o acto de nomeamento como Socia de Honra do Ateneo Atlántico de Elvira Landín pola súa traxectoria en prol da defensa xurídica dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores, iniciada en tempos do franquismo.

No acto participarán numerosas persoas, entre outras, Ana Gandón, Manuela Carmena, Matías Movilla, Xabier Pérez Davila, Tito Ucha, etc.

A entrada será libre ata completar o aforo do local.

luns, 20 de novembro de 2023

21-11-2023. Poéticas Diversas: Corpo a Corpo coa Música e a Palabra [OUTRAS NOVAS]


 Martes 21 de novembro ás 19.30 horas na hemeroteca


20-11-2023. Presentación do Libro "Ser Cetáceo" de Francisco X. Fernández Naval [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]


 Luns 20 de novembro ás 19:30

Ser cetáceo é o título do último libro de Francisco X. Fernández Naval, libro que se presentará este luns 20 de novembro, ás 19.30 horas na nosa biblioteca. No acto, o autor estará acompañado de Chis Oliveira e Antonio García Teijeiro. Organiza o Ateneo Atlántico.

Fotos da Conferencia de Leonor Díaz de Como Pez en el Agua [VENRES EMAO]

                                                                                


Resumo en Fotos das Outras Actividades Culturais na Hemeroteca [BIBLIOTECA-EXTENSIÓN CULTURAL]

 

16-11-2023. Presentación do libro"A Madriña" de Nones Araújo

 

 14-11-2023. Realidades e Mitos da IA

 

 

  13-11-2023. CinemAteneo: Gaza