Amosando publicacións coa etiqueta Coiro Aula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coiro Aula. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de setembro de 2023

"O Coiro da EMAO" [COIRO]



Esta fin de semana na vila de Allariz, provincia de Ourense, celebraranse as “X Xornadas dos Oficios do Coiro". Estes encontros de artesáns, artistas e afeccionados, adoitan ser un lugar de aprendizaxe, experiencias e inspiración, pero sobre todo de encontro, onde compartir experiencias, consellos e coñecer xente coa que hai algo en común, o traballo do coiro.

Desde o ano 2013, o Museo do Coiro vén organizando esta actividade que contén cursos, talleres, exposicións, conferencias, mercados... unha oportunidade única na península xa que son os únicos encontros deste tipo que se celebran, e os máis lonxevos de Europa. Impartiron talleres artesáns da talla de Juan García Olmedo, Michael Nadeau, Nelson Gómez Callejas, Rene Berends, José Villar, Franklin Pereira…

Desde hai uns anos a EMAO e o Museo do Coiro teñen un vínculo de colaboración na promoción e recoñecemento dos Oficios Tradicionais do Coiro. Existe ademais unha coincidencia temporal fortuíta xa que o ano no que se celebraron as primeiras Xornadas coincide co ano no que na EMAO inauguramos a nosa primeira exposición monográfica de coiro “100X100 COIRO” (2013). 
 
Este ano desde a organización propúxosenos formar parte das xornadas dunha maneira especial, cunha exposición do noso traballo como Escola, dando a coñecer o que cada día o que cada día apréndese, constrúese e decórase na nosa aula. Como profesor da especialidade é un orgullo recibir este encargo de Miriam e Ernesto que son os responsables do Museo do Coiro e a alma mater das Xornadas dos Oficios do Coiro.
Este recoñecemento ao traballo que a Escola leva facendo por manter os oficios tradicionais é o premio a tantos anos de traballo de profesionais como Andrea, Mercedes, Virginia e máis eu (Pepe) e aos centos de alumnos que pasaron polo noso taller. 
Desde mediados do século XX cada curso comeza con moita ilusión e ganas, e moitos proxectos acaban sendo realidade. Nun principio a nosa especialidade na escola denominouse Repujado en Cuero, e nela empezouse ensinando ás mulleres esta especialidade decorativa que co tempo iríase ampliando. No ano 2010 cámbiase a denominación da especialidade e pasa a chamarse Artesanía do Coiro, un concepto que abarca máis técnicas, materiais, pezas e contidos en xeral que dan aos nosos alumnos un abanico de posibilidades para a súa formación que son a semente dun oficio. Ademais como xa dixen desde o ano 2013 vimos celebrando unha Exposición Bienal baixo dúas ideas fundamentais: achegar o traballo de grandes artesáns e artistas do coiro aos nosos alumnos e achegar o traballo do coiro ao público da cidade de Vigo.
 
Para esta exposición, que é a primeira monográfica na que os nosos alumnos exhiben o aprendido fóra de Vigo, expuxemos a idea destes trece anos de Artesanía do Coiro, con trece pezas de alumnos destes últimos anos que ilustran a variedade do noso taller. Unha mistura de técnicas tradicionais e  experimentais, pezas decorativas e pezas prácticas. Queremos demostrar que o coiro é un material vixente e con futuro, cunha gran amplitude de posibilidades técnicas e de variacións do material. Esta exposición non sería posible sen a participación dos alumnos seleccionados: Sandra, Nancy, Antonina, Lorena, Fran, Manuel, Xema,Lúa, Loli, Ruth, Miguel, Belén e Valeria, e todos os que están representados co seu traballo na peza catorce, que representa o noso futuro baseado nas pegadas que abren o camiño. 
Podedes visitar a exposición ata o 29 de outubro no Museo do Coiro





venres, 12 de febreiro de 2021

O verme que saíu do po [COIRO]

A nosa Alumna  Nancy Mouriño enviounos esta semana unhas fotos de último traballo, e considero que son moi boas para esta época na que nos toca vivir. 

O ciclo natural do verme vese transformado metaforicamente xa que da vaca que morre sácase a pel que se  curte e transfórmase en coiro, que cando se rebaixa produce un coiro do que con traballo e agarimo dunhas mans capaces xorde o verme..... Esperamos que vos guste.

Resulta moi interesante comprobar como da labra de coiro que é material de desfeito xorden pezas tan incribles como estas.

Parabéns  Nancy.

mércores, 22 de xullo de 2020

Presentación da especialidade Artesanía en Coiro [COIRO]


¿Quen somos?
Somos a especialidade de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo, a EMAO. Somos un centro de formación non regrada para adultos onde a partir dos 16 anos se pode cursar a especialidade, que ten dous itinerarios:
-Itinerario de Mañá: 1 clase á semana de catro horas de duración, durante tres cursos (Iniciación, Perfeccionamento 1 e Perfeccionamento 2).
-Itinerario de Tarde: 2 clases á semana de 5 horas de duración (10 horas semanais), durante dous cursos (Básico e Superior).

Tanto nun itinerario como noutro, unha vez que se remate, pódese acceder voluntariamente ó nivel Avanzado, no que se desenvolve un proxecto aprobado previamente durante un curso.

mércores, 10 de xuño de 2020

Corazón Verde [Coiro]

Dende o principio do confinamento foron moitas as propostas para agradecer o esforzo que fixeron moitos sectores para que neste parón a moitos non nos faltase nada, os sanitarios, farmacias, supermercados, corpos de seguridade, pero tamén transportes de mercadorías e de persoas, servizos de limpeza, servizos sociais, sector de alimentación e comercio, xestorías, bancos e moitos máis.
Durante o confinamento, cando eran as 20 horas saíamos ás fiestras e balcóns a aplaudir ós sanitarios nun principio, pero que ó final ía dedicado aos outros superheroes que non levan capa.

luns, 8 de xuño de 2020

Pulseiras [Coiro]

Aquí vos deixamos as pulseiras que fixeron os nosos alumnos a semana pasada, esperamos que vos gusten.
Lúa, Avanzado.

luns, 1 de xuño de 2020

Proposta para esta semana [COIRO]


Como xa sabedes, esta pasada semana abrimos as portas da Escola e a biblioteca xa está de novo en marcha co sistema de cita previa. En Artesanía en Coiro aproveitamos esta situación para que os nosos alumnos previa cita puidesen pasar a recoller os materiais e pertenzas que aínda tiñan no taller para poder seguir traballando en casa. Foi un gusto poder volver vernos case todos, aínda que botásemos de menos vernos o sorriso que nos tapaba a máscara pero o brillo dos ollos ao volver cheirar a coiro substituía perfectamente ao sorriso.

martes, 26 de maio de 2020

Proposta para esta semana [Coiro]

Xa que os resultados dos souvenirs que fixestes durante a semana pasada, para esta semana imos descansar un pouco as máns...
Imos traballar soamente cos dedos e cos ollos. Gustaríanos coñecer a vosa inspiración e os vosos gustos, no que se refire ó traballo do Coiro, é dicir, gustaríanos que nos falasedes do artesán que máis vos gusta e nos digades por que.

Os alumn@s de Iniciación e Básico tédesnos que explicar por que vos gusta e que tipo de traballos fai.

Os alumnos de Superior e Avanzado tedes que falarnos ademais de que tipo de técnicas emprega, que materiais, e se pertence a algún tipo de movemento.

As vosas propostas podedes envialas a artesaniadocoiro@gmail.com ata o domingo.

Boa semana e xa queda menos para que nos vexamos...

luns, 25 de maio de 2020

Souvenirs do Confinamento [Coiro]

Aquí vos deixamos os souvenirs do confinamento que os nosos alumnos agasallarían ós seus seres queridos que tanto tempo estiveron sen ver.
Esperamos que lles gusten.
Alba, Avanzado

luns, 18 de maio de 2020

Reto 3: Souvenir [Coiro]

Esta semana propoñémosvos unha tarefa que pensamos que está ó alcance de todos os niveis. O que vos pedimos é que vos esforcedes un pouco e que o nivel da peza sorprenda, xa que vai ser algo moi especial.
Por se alguén aínda non se decatou ou acaba de chegar dende o deserto de Taooine ou unha lúa de Endor, dende o pasado 14 de marzo e debido ó estado de alarma en todo o estado estamos confinados nas nosas casas co fin de gañar a batalla ó Covid-19, e agora estamos empezando a saír de casa e volver á "nova normalidade", estou seguro que a moitos se vos fixo duro non poder ver ou estar cos nosos seres queridos. Así pois imos xogar a que este periodo de illamento foi algo similar a un período de vacacións.

Respostas ó reto "Pasapatacabra" [Coiro]

Estamos hoxe moi contentos, xa que o número de participantes do reto desta semana incrementouse e o número de acertos foi bastante alto, incluso para os de básico e iniciación que tiñan preguntas algo complicadas. Parabéns e moitas grazas por participar.











mércores, 13 de maio de 2020

O personaxe Misterioso [Coiro]

Como sabedes, durante o segundo ano da nosa especialidade, o nivel Superior, no segundo trimestre, na nosa especialidade impartimos a materia complementaria de “Historia do Traballo do Coiro”, na que os alumnos van afondando na evolución do Coiro ó longo da historia e a súa evolución da man do ser humano.

Como traballo final deste trimestre cada un dos alumnos escolle ó azar un personaxe, ó que denominamos “Misterioso” e investiga sobre el e fai unha pequena presentación ó resto dos seus compañeiros. Isto que parece doado ten a súa dificultade xa que non é doado atopar nun só lugar a información que buscamos, dado que o recoñecemento público a estes personaxes dedicado ó Coiro non existe e moitas veces hai que chamar por telefono ou poñerse en contacto por outros medios con coñecidos do personaxe para poder obter algun dato.

Publicamos hoxe un pequeno cuestionario cuberto por cada alumno de nivel superior que realizou esta investigación. Este ano ademais contamos con dúas novas categorías xa que dous alumnos realizaron un mapa do Coiro, buscando puntos de interese a nivel estatal, e outro alumno realizou un glosario de termos técnicos e ferramentas.

A ver que vos parece....

martes, 12 de maio de 2020

Reto 2 [Coiro]

Como o resultado e  participación no reto da semana pasada foron moi bós, esta semana imos ter outra actividade un pouco máis lúdica,  imos facer un xogo, o "Patapasacabra", unha maneira de repasar os coñecementos adquiridos, aínda que hai preguntas dificiles para os de básico e Inicición. Mañá publicaremos unha entrada na que os alumnos de superior vanvos botar unha man achegando información sobre algúns personaxes.
As respostas podédelas enviar por whatsapp privado ou ao mail artesaniadocoiro@gmail.com.

Tedes ata o domingo pola noite para responder.
Sorte e animádevos a xogar.

domingo, 10 de maio de 2020

Ata sempre, Ramón [COIRO]

Hoxe, domingo 10 de maio, todo apuntaba a que ía a ser un día de sol e tranquilo, pero contra as 11 da mañá tinguiuse de tristura, un whatsapp comunicábanos o pasamento de Ramón Martínez Martos, alumno de Iniciación da nosa especialidade; o cancro levouno esta mañá e os que por aquí quedamos aínda non damos creto...
Ramón comezou este curso no grupo de Iniciación despois de facer as probas de acceso de Encadernación e Artesanía en Coiro, dúas especialidades que xa practicaba como autodidacta pero das que tiñas moitas ganas de aprender, e iso demostrábao en cada clase, en cada proxecto que facía na casa ou na clase e dos que sempre me pedía unha avaliación de erros a mellorar para seguir aprendendo, aínda que era sabedor da súa enfermidade seguía con ganas de aprender, de feito unha das últimas clases que tivemos viña do médico, e díxome que aínda que o diagnóstico era malo, el sentíase ben, e que mentres así fose ía seguir facendo vida normal, porque era o que tiña ganas de facer, de feito ata hai uns días amosábanos no grupo de whatsapp os cadernos que estaba a facer para a súa sobriña e o seu fillo.

martes, 5 de maio de 2020

Resultados da Proposta 1 [Coiro]

A semana pasada lanzamos a chamada Proposta 1, "realizar unha peza, do tipo que vós queirades, reciclando algo que teñades por casa", e aquí vos queda o resultado. Eu quedei gratamente sorprendido.
  
Esteban, Básico.


luns, 27 de abril de 2020

Proposta de Traballo 1 [Coiro]

Moucho tallado en sola realizado por Carmen Mariño
Imos comezar esta semana, que vai ser un pouco curta, de lúns a "xornes", cunha proposta que vai a dar moito xogo.
Imos traballar un pouco coa cabeciña, na peza que imos realizar, e aproveitar materiais, xa que como moitos de vós non tedes material imos aproveitar o que temos por casa, unha cazadora vella, un cinto, uns zapatos gastados...




martes, 14 de abril de 2020

Recoñecemento a Antonina Kadyrova na súa Terra [Coiro]

Antonina traballando no seu obradoiro.

Como todos sabemos, son poucas as publicacións periódicas sobre Coiro que existen na actualidade, a nivel internacional "Leathercrafters &Saddlers Journal" nos Estados Unidos,  "Leather Artisan" en Nova Zelanda, "Bladet Lær, Sko og Skinn Forlag" de Noruega e a "Russian Leathercrafting" de Rusia.
Esta última, no seu último número publicado, o número 1 do ano 2020, vén de publicar un artigo no que se recoñece o traballo da nosa antiga alumna, Antonina Kadyrova, que comezou a nosa especialidade no curso 2014-15 e rematou o curso pasado o nivel extraordinario. Antonina, xa rematando a especialidade, decidíu  centrar o seu estilo na Jojloma, unha tecnica decorativa rusa da beira do Volga que se empregaba na decoración de madeira. Con esta publicación a revista de Eugene Solomin e Iskandar Akhmedzyanov recoñece o traballo de Antonina, que a miles de kilometros da súa terra de orixe emprega as tradicións rusas como elemento diferenciador das súas pezas. Dende aquí o noso agradecemento a Eugene e a Iskandar xa que recoñecen á nosa alumna e á nosa Escola.
E parabéns a Antonina, e que este sexa o primeiro de moitos recoñecementos nunha traxectoria longa e produtiva.

Artigo publicado na Russian Leathercraft

luns, 30 de marzo de 2020

Froitos do Confinamento III [COIRO]

Pois parece que os nosos alumnos están a tirar do coiro para estar entretidos este confinamento, aquí vos deixamos outra entrega dos seus traballos, e experimentos, penso que algúns vos van a sorprender.
Pilar Iniciación

Paco, Superior.

Pilar, Iniciación.

Santi, Superior.

Sesi, Básico.

Jorge, Básico.

Jorge, Básico.

Asun, Básico

Belén, Avanzado.

Belén, Avanzado.

Belén, Avanzado.

Raquel, Básico.

Raquel, Básico.

mércores, 25 de marzo de 2020

Froitos do Confinamento [COIRO]

Pois estamos moi contentos por diferentes razóns: a primeira porque o noso video tutorial experimental de Moldeado está dando os seus froitos e o confinamento tamén está a facer que os nosos alumnos estean a traballar na casa facendo cousas de Coiro moi interesantes. E a outra razón é que dúas das nosas alumnas están a traballar moi duro dende casa e exprimindo as súas máquinas de coser para que a ninguén lle falten mascarillas para protexerse do bicho. En nome de todos GRAZAS a Dulce e a Isabel, e grazas tamén a moitos compañeiros artesáns que cos seus talleres pechados e sen feiras á vista están a traballar arreo aproveitando os materiais e as ferramentas que teñen para axudar, GRAZAS, MOITAS GRAZAS
Mascarillas de Isabel

Mascarillas de Dulce
Mascarilla de Dulce

Chaveiro de Raquel



Bolso de Mán de Jorge

Pasador de pelo de Ángeles

Pasador de pelo de Ángeles 
Funda para Móbil de Sesi



Molde de Jade empregado por Ramón

Resultado do moldeado o vacío de Ramón

Resultado da proba de Moldeado o Vacío de Pili

Resultado da proba de Moldeado o Vacío de Pili

Resultado da proba de Moldeado o Vacío de Pili

luns, 23 de marzo de 2020

Froitos do Confinamento II [COIRO]

Estes son algúns dos traballos que os nosos alumnos estan a realizar estes días de HomeCoiring.
Esperamos que os gusten.




Belén Ferreira

Sonia Rodríguez

Raquel López

Ángeles Pombo

Ámgeles Pombo

Rafa Macías

Raquel López

Belén Ferreira

Ana Camino

Sandra Casal
Sandra Casal