mércores, 23 de decembro de 2020

Que bonito é Panamá [DEBUXO]

 Un dos países que máis teño visitado na miña vida é Alemaña. Panamá non o coñezo pero un autor alemán, escritor e ilustrador, é no que penso cando escoito algo sobre Panamá. Esto me acontece porque sempre recordo o libro "Que bonito é Panamá". O seu autor  Horst Eckert, coñecido como Janosch, é un dos autores que máis admiro polas súas aristas como ilustrador.

Un dos feitos que me causaron boa impresión a primeira vez que fun a  Alemaña no ano 97 foi a calidade e cantidade  de librerías infantís que había. Viaxara a documenta de Kassell a empaparme de arte "con maiúsculas", pero paseando polas rúas de Frankfurt, unha das mecas lo libro, e por Münster... enchinme tamén daquelas maravillosas librerías...que resultaron ser portadoras de "arte con maiúsculas".  Pensemos que o berce da ilustración e do libro atópase en Alemaña, concretamente en Nuremberg e manteñen unha tradición de moito arraigo co libro ilustrado. 

Alí descubrín este precioso libro infantil e ao seu autor. Naquel momento ainda non sabía a importancia que tería a ilustración infantil na miña vida.



 

venres, 18 de decembro de 2020

Entre bastidores. Sofia Venzel [SERIGRAFÍA]

Esta mañá Sofia Venzel, alumna de serigrafía, compartiu connosco a súa experiencia como investigadora na Biblioteca Internacional da xuventude de Munich. Trátase da biblioteca máis grande do mundo especializada en literatuta infantil e xuvenil e está situada no castelo de Blutenburg.

 

luns, 14 de decembro de 2020

58. Mondrian e De Stijl. Desenvolvemento/Resultado. Cap: III [PINTURA]

Mondrian and De Stijl é unha extraordinaria exposición organizada polo Museo Reina Sofía e o Stichting Kunstmuseum den Haag que aborda a obra do artista holandés Piet Mondrian, no contexto de De Stijl.

1-Piet Mondrian (1872, Amersfoort - 1944, Nova York) estableceu o rumbo da arte abstracta xeométrica dos Países Baixos e provocou un cambio drástico na cultura visual despois da Primeira Guerra Mundial.

A concepción da beleza de Mondrian, baseada na superficie, a estrutura e a composición da cor e as liñas, conformou un estilo novidoso e innovador que pretendía romper as fronteiras entre disciplinas e superar os límites tradicionais do espazo pictórico.

2-De Stijl (O Estilo): a revista homónima creada polo pintor e crítico Theo van Doesburg foi a plataforma para difundir as ideas deste novo plástico e superar o provincialismo tradicional holandés.

O primeiro número saíu en 1917 e, ata 1931, a publicación ofrecía información sobre o desenvolvemento da arte abstracta a nivel internacional.

Piet Mondrian, que naceu quince anos antes que o resto dos membros de De Stijl, foi o patriarca deste movemento.

Hoxe falaremos das vicisitudes experimentadas e do patrimonio que temos.

sábado, 12 de decembro de 2020

Fotografía para retrato [DEBUXO]

Este curso, como no obradoiro estamos a traballar moitos dos motivos a partir de láminas, deixo unha galería que vos pode interesar aos grupos Superiores para facer prácticas de retrato na casa. Sempre insisto que para relizar un bo debuxo de retrato a partir dunha fotografía esta debe ter unha calidade impecable. Non está dentro do espíritu do obradoiro utilizar a fotografía como paso entre a realidade e o debuxante pero como práctica para iniciarnos penso que é un recurso moi axeitado. 

Neste caso as fotografías escollidas son do gran fotógrafo/ retratista do século XX Richard Avedon. Son fotografías de estudo que captan maravillosamente a personalidade do personaxe retratado. Todos eles forman parte da historia recente de EEUU, vinculados ao poder, ben porque o ostentan ou ben porque son opositores ou activistas. Están extraidas do catálogo "Portraits of Power".


mércores, 9 de decembro de 2020

Novas Adquisicións para o Fondo Moderno [BIBLIOTECA]

Biblioteca García Barbón- EMAO

 

Tras a ponte da Constitución retomamos o traballo con boas novas, hoxe recibimos unha variada selección de títulos que pronto estarán á vosa disposición nos andeis. A temática variada: cerámica, xoiería, debuxo, coiro, serigrafía, pintura, escultura... etc. Sempre co propósito de converter a nosa biblioteca nun lugar de referencia para a arte, a artesanía e os oficios tradicionais.

57. Mondrian y De Stilj. Busca/Encontro, Cap. II [PINTURA]

Mondrian and De Stijl é unha extraordinaria exposición organizada polo Museo Reina Sofía e o Stichting Kunstmuseum den Haag que aborda a obra do artista holandés Piet Mondrian, no contexto de De Stijl.

1-Piet Mondrian (1872, Amersfoort - 1944, Nova York) estableceu o rumbo da arte abstracta xeométrica dos Países Baixos e provocou un cambio drástico na cultura visual despois da Primeira Guerra Mundial.

A concepción da beleza de Mondrian, baseada na superficie, a estrutura e a composición da cor e as liñas, conformou un estilo novidoso e innovador que pretendía romper as fronteiras entre disciplinas e superar os límites tradicionais do espazo pictórico.

2-De Stijl (O Estilo): a revista homónima creada polo pintor e crítico Theo van Doesburg foi a plataforma para difundir as ideas deste novo plástico e superar o provincialismo tradicional holandés.

O primeiro número saíu en 1917 e, ata 1931, a publicación ofrecía información sobre o desenvolvemento da arte abstracta a nivel internacional.

Piet Mondrian, que naceu quince anos antes que o resto dos membros de De Stijl, foi o patriarca deste movemento.

Hoxe falaremos de como e por que naceu un fito na historia da humanidade.

luns, 7 de decembro de 2020

Adeus, Toño do Val. Cesteiro e investigador

Toño co autor deste artigo e o daquela concelleiro
de Patrimonio histórico, Xosé Carlos Arias
"Se alguén merca un cesto, está mercando o traballo dun artesán e parte da historia dunha zona".
Toño González, Toño do Val.

Chéganos con tristura a morte de Toño Do Val, Toño Cesteiro o pasado xoves.  Abondaría co precioso obituario escrito polo seu amigo e biógrafo Plácido Romero, pero as lembranzas e o recoñecemento queren que eu tamén escriba estas liñas.

Toño non só era un artesano excepcional, senon tamén un investigador, conservador e divulgador de primeira orde. Foi, ademais, unha persoa fondamente coherente entre o seu pensar e o seu intenso vivir, intelixente, culta, convincente, admirable.

Tiven o privilexio de traballar con el, xunta a Antonio Suárez e Montse Rial, nos anos que pasou en Vigo, como mestre e experto en cestería tradicional na infelizmente desaparecida Casa do Cesteiro, dentro das iniciativas de formación e rexeneración cultural e económica do Casco Vello do programa europeo URBAN

Nasas de río realizadas por Toño
A súa lucidez e coñecemento fondo e vívido da nosa cultura tradicional era extraordinaria. Tiña claro, e transmitía coa mesma intensidade e advertencia, que sen unha metodoloxía de investigación en contacto cos derradeiros artesanos do oficio aínda vivos daquela, sería imposible rescatar as técnicas e perderíase para sempre a posibilidade de coñecer e reproducir as pezas da que constitúe, penso, a cestería tradicional máis rica, variada e aínda mellor conservada do mundo. E con esa perda, perdemos un inorme legado etnográfico dunha artesanía ancestral cuxos productos acompañaron e serviron ao ser humano dende os seus inicios como especie. 

Investigou daquela, con paixón e excelencia, xunta con Montse Rial dende a Casa do Cesteiro viguesa, a cestería vencellada co mar en Galicia e documentou con precisión a construción de nasas, patelas, esportas ou traíñas das nosas rías. Cestos que formaron parte inseparable do traballo, almacenamento e transporte de peixe durante séculos ata o último tercio do século XX. Aquel traballo deixounos o documental "Cestos do mar", publicado pola editorial Monesma, co Museo do Mar, Deputación e Patrimonio Histórico do Concello de Vigo en 2005.

A Nosa Terra 949. ano 2000

Con Toño vaise un grandísimo coñecemento, non só teórico, senon tamén práctico, referencial e vivido radicalmente da nosa etnografía, dos xeitos de vida do noso esquecido e valioso mundo rural.

Adeus, Toño, mestre; que a Terra  que tanto amaches te acolla co mesmo agarimo que ti lle deches.

[Déixovos o imprescindible documental realizado por Plácido Romero sobre a vida e pensamento de José Antonio González, Toño do Val, como el quixo, aqueladamente, chamarse]

martes, 1 de decembro de 2020

Propiedade intelectual [DEBUXO]

IBAÑEZ

O gran Ibáñez, que non necesita presentación, deixou a editorial Bruguera no ano 1985. Bruguera presentara suspensión de pagos no ano 1982 e no 1986 bota o peche, ou mellor dito,se tranforma en Ediciones B do grupo Z. Ibáñez levaba na editorial desde o ano 1957. No 1958 creara os seus míticos e incombustibles personaxes, Mordadelo e Filemón. 


Bosquexos de Mortadelo. 1957

Estes representaron a BD máis rentable da editorial. Ibañez foi un traballor incansable que chegou a entregar a editora 20 páxinas semanais de historietas, un autentico despropósito pensando que Ibañez ademáis é  guionista e debuxante das súas historietas.

Cando Ibáñez decide deixar Bruguera atópase con que o dereito intelectual dos personaxes corresponde a Bruguera. Ibañez non ten dereito a continuar debuxando a Mortadelo e Filemón se non é para Bruguera. Así estaban as cousas.


sábado, 28 de novembro de 2020

56. Mondrian y De Stijl. O poder da esencia, Cap.I [PINTURA]

Mondrian and De Stijl é unha extraordinaria exposición organizada polo Museo Reina Sofía e o Stichting Kunstmuseum den Haag que aborda a obra do artista holandés Piet Mondrian, no contexto de De Stijl.

1-Piet Mondrian (1872, Amersfoort - 1944, Nova York) estableceu o rumbo da arte abstracta xeométrica dos Países Baixos e provocou un cambio drástico na cultura visual despois da Primeira Guerra Mundial.

A concepción da beleza de Mondrian, baseada na superficie, a estrutura e a composición da cor e as liñas, conformou un estilo novidoso e innovador que pretendía romper as fronteiras entre disciplinas e superar os límites tradicionais do espazo pictórico.

2-De Stijl (O Estilo): a revista homónima creada polo pintor e crítico Theo van Doesburg foi a plataforma para difundir as ideas deste novo plástico e superar o provincialismo tradicional holandés. O primeiro número saíu en 1917 e, ata 1931, a publicación ofrecía información sobre o desenvolvemento da arte abstracta a nivel internacional.

Piet Mondrian, que naceu quince anos antes que o resto dos membros de De Stijl, foi o patriarca deste movemento.


luns, 23 de novembro de 2020

Unha Peza de Cerámica que Bate Records nas Poxas [BIBLIOTECA]

c. 1978
 

Que a cerámica está de moda é un feito indiscutible. Desde hai uns anos todo o relacionado con este ancestral oficio está en alza, son numerosos os cursos e talleres, chamados workshops, que se ofertan cada ano, recupérase e estúdase con devoción a obra dos grandes ceramistas do século XX como: Lucie Rie, Hans Coper, Bernard Leach ou Shoji Hamada. O traballo destes e outros ceramistas está a alcanzar prezos históricos nas poxas.

En concreto, hoxe subimos a este blogue, unha peza da ceramista Lucie Rie (1902-1995), un cunco de 14 cm de diámetro que alcanzou o pasado mes de xullo un novo récord, cando Phillips New York vendeuno por 225.000 $. Trátase dunha peza realizada nun inusual esmalte terracota mate con bandas de manganeso, finas liñas de turquesa e a sorpresa da porcelana branca visible ao pé e a través de liñas paralelas esgrafiadas.

Outra obra desta mesma ceramista, un cunco de porcelana de patas alargadas cun esmalte branco mate e liñas azuis con incrustaciones concéntricas, alcanzou o prezo de 162.000 dólares en decembro de 2016.


c. 1960

55. Corpos H2O. Cap. III [PINTURA]

Sigo coa serie de corpos H2O, na que intento reflectir unha contemplación da cúpula celeste, identifico unha gota de tinta chinesa cun planeta ou unha estrela.

Intento que a auga sexa a columna vertebral do traballo.


A Imprenta e o Libro no Século XVIII [BIBLIOTECA]

 

O século XVIII tamén é chamado o «século das luces», debido ao nacemento do movemento intelectual coñecido como Ilustración. Denominouse deste xeito pola súa declarada finalidade de disipar as tebras da ignorancia da humanidade mediante as luces do coñecemento e a razón. Un movemento cultural e intelectual que inspirou profundos cambios culturais e sociais, un dos máis importantes foi a Revolución francesa (1789). Paralelamente, xurdiría en Inglaterra a Revolución Industrial. 
Foi un movemento primordialmente europeo especialmente activo en Francia, Inglaterra e Alemaña. Existiu tamén unha importante Ilustración española e hispánica, pero máis científica e humanística que política. As novas ideas da Ilustración reflectíronse nas reformas do Despotismo Ilustrado e no nacemento de novas institucións, como as Reais Academias ou as soadas Sociedades Económicas de Amigos do País, centros habituais de reunión de gran relevancia para o mundo científico e cultural.

O século XVIII é unha época de gran despegue económico e demográfico e estes cambios teñen unha gran implicación cultural. Durante o século increméntase fortemente tanto a edición como o comercio do libro debido a un espectacular aumento da demanda destes por parte de cada vez máis capas da poboación.

 

En contraste coa decadencia da imprenta do século XVII, o século XVIII representa un dos momentos máis brillantes da súa historia. Cambia o estilo e a estética, a pompa e a pesadez do libro barroco cede ante a elegancia e o espírito lixeiro do rococó e o neoclasicismo; renóvase a tipografía con nomes como Grandjean, Didot, Breitkopf, Baskerville o Bodoni; espértase o interese polo libro belo, ricamente ilustrado e pola bibliofilia; e triunfan, decididamente, os libros de pensamento moderno e científico, reducíndose os contidos relixiosos e teolóxicos. 

venres, 20 de novembro de 2020

Capitán Trueno [DEBUXO]

Era casi obrigado despois das anteriores entradas do obradoiro de Debuxo, falar do Capitán Trueno, personaxe mítico da BD española. É quizais, dentro da BD de aventuras o máis recoñecido, valorado, debuxado e adaptado por moitos ilustradores. Ambrós , Beaumont, Buylla, Marco, Tinoco, Angel Pardo, Martínez Osete, Casamitjana, Escandell, Félix Carrión, Rodrigo Rodríguez Comos, Antonio Bernal, Casanovas, Torregosa, Grau, Fuentes Man, Amador García, Jesús Blasco, Jaime Brocal Remohí... Luis Bermejo... Francisco Nájera... e algún máis... e cada un deles aportando algo, unha liña un xesto novo, un trazo diferente. É tal a influencia deste personaxe que incluso ten unha canción adicada que alá polo ano 1979 lle compuxera o grupo Asfalto.

luns, 16 de novembro de 2020

54. Correa Corredoira. Manifesto Urxente. Cap.II. [PINTURA]

Correa Corredoira (A Coruña, 1952 ):
É unha das forzas creativas máis representativas de Galicia dende mediados dos anos setenta ata a actualidade.

Fundador, xunto con outros compañeiros, do colectivo ¨A Galga¨, formou parte do movemento de vangarda ¨Atlántica¨ e da asociación ¨Gruporzán¨. 

Correa Corredoira evoluciona cara a unha figuración pictórica na que o corpo humano e a paisaxe se converterán no seu principal protagonista. un creador libre e independente dunha figuración pictórica que ten os seus piares fundamentais na relación do corpo co espazo ou no dominio da cor.

venres, 13 de novembro de 2020

Día das Librerías 2020 [BIBLIOTECA]

 

Hoxe, 13 de novembro, celébrase o Día das Librerías 2020. Con esta celebración as librerías queren dar as grazas polo apoio recibido os últimos meses e resaltar o importante papel que desempeñan, tanto no sector do libro como na sociedade, co seu arraigamento nos barrios e a creación de comunidades lectoras. 

O ilustrador Ximo Abadía foi o encargado de plasmar neste cartel o ideario da décima edición do Día das Librerías que hoxe se celebra. Trátase dunha imaxe cargada de cor e de simbolismo, cunha librería concibida como un fogar ao redor da que viran multitude de vidas lectoras e na que podemos xogar a descubrir numerosos personaxes e autores da narrativa clásica (Julio Cortázar, Julio Verne ou Herman Melville), da literatura infantil (Gianni Rodari, Roald Dahl, Quino ou Manuel Marsol) e do cómic (Hergé ou Robert Crumb). Con esta imaxe arrinca unha campaña que estará marcada indubidablemente polas circunstancias sanitarias.

O cartel, xunto unha nova páxina web, son dúas dos alicerces dunha campaña que tamén contará cun anuncio publicitario para redes sociais e dúas presentacións especiais.

  • A primeira é sobre Todos tus Libros, a plataforma da pequena e mediana librería que acaba de incorporar o comercio online ás súas prestacións de consulta, difusión cultural e interacción co usuario.
  • A segunda son os principais datos de comercio do libro durante 2020, obtidos a través de Librired, unha das ferramentas de Big Data de CEGAL, que recompila diariamente os datos de vendas en máis de 700 librerías españolas. 

Actividades-Día das Librerías

xoves, 12 de novembro de 2020

Punteiro doble, atopado en Vilagarcía [CAIM GAITA]

Estaba hai uns días tomando un cafe relaxado na casa cando recibo unha chamada de teléfono.

Do outro lado do aparato estaba Carlos Rey Cebral, fundador entre outros do grupo PALLAMALLADA, o caso é que esa inesperada chamada era para informarme de que viña de atopar

luns, 9 de novembro de 2020

Ostras Pedrín [DEBUXO]

 Despois da entrada anterior  firéronme chegar a aula uns cantos BD clásicos españois. Mercedes, alumna do Grupo Superior, trouxo varios exemplares do "Capitán Trueno" dos anos 80 e un que me trae un bo recordo e que me traslada novamente a miña infancia. Recordo a un curmán maior ca min, hoxe ten mais de 60 anos, que continuamente utilizaba unha expresión que me facía moita gracia "ostras Pedrín". Pouco despois o meu curmán me deixou as historietas de onde saía esta expresión, "Roberto Alcázar y Pedrín: el intrépido aventurero español"

sábado, 7 de novembro de 2020

53. Correa Corredoira. Soñar a pintura. Cap. I [PINTURA]

Correa Corredoira (A Coruña, 1952 ):
É unha das forzas creativas máis representativas de Galicia dende mediados dos anos setenta ata a actualidade.

Fundador, xunto con outros compañeiros, do colectivo ¨A Galga¨, formou parte do movemento de vangarda ¨Atlántica¨ e da asociación ¨Gruporzán¨.

Correa Corredoira evoluciona cara a unha figuración pictórica na que o corpo humano e a paisaxe se converterán no seu principal protagonista. Un creador libre e independente dunha figuración pictórica que ten os seus piares fundamentais na relación do corpo co espazo ou no dominio da cor.


venres, 30 de outubro de 2020

Conferencia "A Escola de Artes e Oficios. A Inspiración Francesa de Pacewicz e a Tradición Construtiva Viguesa" por José Luis Mateo Álvarez


Terceira conferencia do ciclo adicado ao Centenario Pacewicz (1921-2021), será este venres no Círculo de Empresarios de Galicia (Avd. García Barbón, 62. Vigo)

martes, 27 de outubro de 2020

Grandes obras Ilustradas: Bruguera [DEBUXO]

Estes días atopeime con uns libros que sempre levo na memoria. Foi unha alegría velos novamente, xa que formaron parte da miña infancia e supoño que son responsables, entre otras cousas, de porqué  me dedico a esto do debuxo. Agora 40 anos despois retoman o motivo polo que foron creados, ser leidos por un cativo. Trátase da colección da Editorial Bruguera "Grandes obras ilustradas" que comenzou a editarse no ano 1967  en forma de revista, eu conservo unhas cantas delas, para logo convertirse en libros recopilatorios monográficos. Tanto as revistas como os libros acadaron un grandísimo éxito ata o peche da editorial no ano 1985 . Trátase de novelas clásicas da literatura xuvenil, adaptacións en forma de banda deseñada cas que disfrutei moitísimo sendo cativo. Foi un xeito de ler a través do texto e a imaxen a autores como Emilio Salgari, Julio Verne, Jonathan Swif e un grandísimo etc...toda unha galería de autores  con 272 adaptacións literarias. Estas publicacións foron un xeito fantástico de dar a coñecer a literatura xuvenil clásica a xuventude dos 70, ofrecendo tanto unha lectura máis sinxela destes textos como un xeito barato de ter acceso a eles.


Martina Zena [SERIGRAFÍA]

  

 Volven os vídeos de Balene in Volo e Daniel Tummolillo aos que xa lle adicamos un post neste blog. Nesta ocasión entrevistan á artista Martina Zena da cal podedes consultar traxectoria e obra a través da sempre interesante páxina de Printworkers Barcelona.





Deixo AQUÍ o calendario webinar das seguintes entrevistas a artistas da serigrafía.

 Hoxe, 27 de outubro, ás 18:30 haberá un encontro con ammostrotaranto e o seu proxecto de serigrafía con pigmentos naturais.

Ánimo, saúde e moita tinta!

Segunda convocatoria do Open Porfolio [SERIGRAFÍA]

Xa está en marcha a segunda convocatoria da sétima edición do Open Portfolio, proxecto que busca apoiar, difundir e potenciar as prácticas artísticas emerxentes no campo do gravado. O Festival Internacional de Gravado e Arte sobre Papel busca fortalecer o proxecto Open Portfolio a través dun convenio entre o festival e a Fundación´ ace. Ampliando o programa a Latinoamerica e xerando redes internacionais que dean presenza aos artistas de latinoamerica en FIG Bilbao e aos artistas europeos ali. O obxectivo e a filosofía deste programa e ser plataforma de promoción, difusión e profesionalización para todos aqueles creadores emerxentes e manifestacións artísticas contemporáneas no ámbito da gráfica. Concíbese como unha ferramenta que permite establecer a necesaria ponte entre a etapa formativa e a práctica profesional da arte. Open Portfolio está dirixido a todos aqueles artistas emerxentes cuxa práctica se centre no campo da estampa e a obra sobre papel ou teñan unha actividade destacada nesta disciplina.

 Debido á situación de restrición de movementos e concentración de persoas a causa do Covid-19, a organización de Open Portfolio FIG decidiu realizar a segunda convocatoria mantendo a esencia e calidade do certame para adaptala ás circunstancias actuais. Por iso, esta convocatoria de outubro realizarase de novo de forma virtual a través da plataforma on- line openportfolio.es creada para este propósito que permitirá mostrar, difundir e comercializar a obra dos artistas participantes. Desta maneira, non se esixirá a presenza física dos participantes.

Entre os artistas convocados en outubro, un xurado profesional seleccionará a catro deles para acudir á xornada final de Open Portfolio que terá lugar o 28 de novembro no Palacio Euskalduna. 

domingo, 25 de outubro de 2020

52. Antón Lamazares. O canto da carne. Cap. II [PINTURA]

Antón Lamazares. Falar en tempos de cólera

Antón Lamazares (Maceira, Lalín, 1954):
Pintor cuxas obras realizadas sobre madeira e cartón, crean unha linguaxe propia a partires da experimentación con vernices e outras materias.
O seu estilo evolucionou dende un inicial expresionismo cara o informalismo e a abstracción cunha deriva minimalista.
No seu traballo, acolle o diálogo entre alma, memoria, sensualidade, espiritualidade, onirismo e poesía.


venres, 23 de outubro de 2020

51. Carlos León. A raíz da pintura. Cap.II [PINTURA]

Carlos León (Ceuta, 1948):
Esta é a segunda entrada da entrevista, hoxe seguimos falando ¨DE TODO AQUELLO¨, 
título da sua última exposición.

É un dos grandes pintores europeos, centrado na abstracción como sistema de creación e pensamento, explorando coa cor, a textura e a superficie.
Foi un dos introdutores en España do Supporte-Surface (un movemento francés que reivindica elementos pictóricos espidos, sen lirismo nin expresividade). Coa súa pintura mostra do que non pode falar con ningunha outra lingua.
A súa pintura abarca un amplo conxunto de instalacións, pezas escultóricas e fotografías.

Viviu a súa infancia en Segovia, en 1972 mudouse a París, en 1980 regresou a Madrid, para despois abrir o seu estudo en Nova York durante 7 anos. En 2002 estableceuse definitivamente en Segovia, onde a súa obra adquiriu unha nova dimensión e solidez propia dun artista maduro, profundamente coñecedor do seu oficio.

Premio de Cultura da Comunidade de Madrid na categoría de Artes Plásticas en 2014. E, recentemente, o Premio de Arte e Mecenazgo de la Caixa en 2016.
As súas últimas grandes exposicións puideron verse no Centro Galego de Arte Contemporáneo e no Museo de Arte Contemporáneo Espanol Patio Herreriano.
Algúns dos museos que atesouran as súas obras:
Museo de Arte Contemporánea de Cleveland, Centro de Arte Reina Sofía, Colección Banco de España, MUSAC, Museo de Arte Contemporánea de Castela e León....



xoves, 22 de outubro de 2020

Abi Castillo: A Ilustradora de Moda [BIBLIOTECA]


Hoxe queremos felicitar a nosa alumna de cerámica artística Abi Castillo polo seu traballo e polo seu recoñecemento á EMAO e ao seu mestre Miguel Vázquez.

O seu traballo abarca a ilustración, a pintura e a cerámica. Na actualidade como ela mesma di áchase inmersa nun constante proceso de aprendizaxe, experimentación e creación.
Este domingo pasado publicábase unha entrevista no suplemento Vida de Atlántico Diario. Baixo o título "A ilustradora galega de moda" onde se facía un repaso á traxectoria profesional desta licenciada en Belas Artes, que realizou murais para o programa municipal de medianeiras, foi elixida para formar parte da colección de Zara, de edición limitada, Woman in Art, realizou ilustracións para publicacións infantís e xuvenís da editoriais Galaxia e Xerais. Foi gañadora na especialidade de escultura do certame Novos Valores 2019 que promove a Deputación de Pontevedra. Actualmente participa na Exposición CROMÁTICA III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea en Santiago de Compostela.
 
Podédela seguir tamén no seu facebook e no seu Instagram

luns, 19 de outubro de 2020

V Edición do Día das Escritoras [OUTRAS NOVAS]

Hoxe 19 de outubro, celébrase a V edición do Día das Escritoras para destacar o traballo e o esforzo da muller. Organizado por quinto ano consecutivo pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM), coa idea de difundir o legado cultural das escritoras hispanas e hispanoamericanas, lembrar as dificultades ás que se enfrontaron e destacar o valor das súas obras. 

A iniciativa, á que se suman numerosas institucións nacionais, públicas e privadas, naceu en 2016 e celébrase o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús. O comisariado nesta quinta edición está a cargo de Elvira Lindo, quen seleccionou ás autoras en torno ás que xirará a lectura dos textos. Tres de elas, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Pura Vázquez, representan ás letras galegas.

Tomando como referencia o acto organizado pola Biblioteca Nacional, esta tarde na nosa cidade, na sede da Deputación de Pontevedra, a terá lugar  unha lectura pública de fragmentos das obras destas escritoras por parte de mulleres e homes da cultura da provincia, e se encadra na Alianza Local pola Axenda 2030 que impulsa a Deputación coa celebración dos Días Mundiais relacionados co cumprimento dos ODS.

No acto, que comezará ás 19 horas, leranse fragmentos de obras das seguintes escritoras: "De Teresa de Jesús a Idea Vilariño, de Luisa Carnés a Alfonsina Storni, pasando por Elena Fortún, Luz Pozo, Concha Méndez, Mercé Rodoreda, Circe Maia, Gabriela Mistral e tantas outras en cuxa escritura se reflicte o esforzo de vivir, a vida traballada, o cansazo e a vontade de cumprir, a pesar das trampas do camiño, cunha vocación túzara e intensa."

O evento, que será introducido pola editora viguesa Teresa Zataraín, socia de «Clásicas e  Modernas«, terá estritas medidas anticovid-19 e por elo celebrarase cun formato consistente en dúas quendas de lectura con 10 intervencións cada unha delas.

Só unha parte das/os lectoras/es farán a lectura presencialmente na sede da Deputación, na rúa Eduardo Chao, mentres o resto conectarase a través da plataforma Zoom co obxectivo garantir en todo momento o respecto ao aforo máximo. Ao mesmo tempo, para facilitar o seguimento para o público interesado farase unha retransmisión do acto por streaming a través do portal www.depo.es.



venres, 16 de outubro de 2020

Melloras docentes [DEBUXO]

1. PROXECCIÓN

Nestes tempos tan complexos temos que adaptarnos, buscar solucións, adiantarnos aos feitos  que nos permitan desenvolver unha docencia de calidade no noso espazo que é a EMAO. O obradoiro de debuxo plantexa a ensinanza como algo eminentemente práctico, polo que a observación do "como se fai" forma parte da metodoloxía da aula. Procuro que estas explicacións se reforcen de xeito individual, acudindo ao rescate do alumnado mesa por mesa, pero sempre realizo unha explicación xeral facendo unha pequena práctica a modo de exemplo que poda ver todo o grupo.

Esto xa non é posible facelo como se facía. O protololo Covid19 non permite esa distancia estreita entre alumnado. A reunión ao redor dunha mesa para ver a práctica ou o plan de traballo xa non é posible, polo que tiven que inxeñalas para seguir utilizando esta metodoloxía do "como se fai".

50. Carlos León. A raíz da pintura. CAP. 1 [PINTURA]

Carlos León (Ceuta, 1948):

É un dos grandes pintores europeos, centrado na abstracción como sistema de creación e pensamento, explorando coa cor, a textura e a superficie.

Foi un dos introdutores en España do Supporte-Surface (un movemento francés que reivindica elementos pictóricos espidos, sen lirismo nin expresividade). Coa súa pintura mostra do que non pode falar con ningunha outra lingua.

A súa pintura abarca un amplo conxunto de instalacións, pezas escultóricas e fotografías.

Viviu a súa infancia en Segovia, en 1972 mudouse a París.

En 1980 regresou a Madrid, para despois abrir o seu estudo en Nova York durante 7 anos. En 2002 estableceuse definitivamente en Segovia, onde a súa obra adquiriu unha nova dimensión e solidez propia dun artista maduro, profundamente coñecedor do seu oficio.

Premio de Cultura da Comunidade de Madrid na categoría de Artes Plásticas en 2014. E, recentemente, o Premio de Arte e Mecenazgo de la Caixa, en 2016.

As súas últimas grandes exposicións puideron verse no Centro Galego de Arte Contemporáneo e no Museo de Arte Contemporáneo Espanol Patio Herreriano.

Algúns dos museos que atesouran as súas obras:

Museo de Arte Contemporánea de Cleveland, Centro de Arte Reina Sofía, Colección Banco de España, MUSAC, Museo de Arte Contemporánea de Castela e León....


mércores, 14 de outubro de 2020

Marian Núñez, Mestra de Encaixe da EMAO, na Exposición The Space Between. Headford Lace Project na Cidade de Galway [BIBLIOTECA]


Parabéns a nosa mestra de Deseño e Encaixe de Palillos, Marian Núñez, que participa na exposición internacional The Space Between. Headford Lace Project, un proxecto sobre encaixe contemporáneo que se celebra en Galway (Irlanda), cidade europea da cultura 2020. 

Tamén podedes ver a noticia nesta ligazón, a partir do minuto 17. A peza da nosa Marian é a primeira onde saen as presentadoras. 

Biblioteca Apostólica Vaticana: Unha Biblioteca de Bibliotecas [BIBLIOTECA]

 

Continuamos coas entradas no blogue dedicadas a algunhas das máis destacadas bibliotecas que existen. Hoxe ocuparémonos dunha das bibliotecas que teñen unha das coleccións máis valiosas do mundo, unha biblioteca de bibliotecas. Na actualidade, a Biblioteca Vaticana posúe un extraordinario patrimonio composto por ao redor de 180000 volumes manuscritos e de arquivo, 1.600.000 de libros impresos, uns 9.000 incunables, 300.000 moedas e medallas, máis de 150.000 gravados, miles de debuxos e matrices, e máis de 200.000 fotos.

Estamos ante unha das bibliotecas máis antigas de Europa, imos ver a grandes liñas a súa orixe e traxectoria ata a actualidade.
 

luns, 12 de outubro de 2020

mércores, 7 de outubro de 2020

Quino..adeus mestre [DEBUXO]

 

Esta semana pasada faleceu un grande da banda, Quino, o sobrenome de Joaquín Salvador Lavado Tejón (1932). Penso que non hai ninguén que non coñeza a Quino, ou polo menos que non coñeza a súa universal creación, Mafalda. Quino é arxentino  pero de orixen malagueño, xa que os seus pais emigraron para o país americano como moitos outros españois na década dos 30 do século pasado. A súa vocación artística a descobre grazas ao seu tío Joaquín Tejón, que era pintor e deseñador gráfico. Con trece anos comenza na Escola de Belas Artes, pero abandoaa, tomando a decisión de adicarse a banda e a o humor gráfico. Chegaría o seu momento cando no 1954 publica por primeira vez unha viñeta no semanario "Esto es".


luns, 5 de outubro de 2020

Efemérides de Denis Diderot, Pai de L' Encyclopedie Francesa [BIBLIOTECA]

Denis Diderot (1713-1784)

 

O 5 de outubro de 1713 nacía  Denis Diderot filósofo francés, representante da ilustración, director da Enciclopedia, escritor e crítico de arte. Foi, con Voltaire, quen exerceu maior influencia sobre o pensamento social do seu epoca. Diderot considerou fundamental o papel da técnica e da industria no desenvolvemento do pensar e do coñecer. O experimento e a observación son os métodos e guías do coñecemento. Baseándose neles, o home pode alcanzar un saber, se non do todo fidedigno, no alto grao probable. Diderot fixo da creación da Enciclopedia a empresa central da súa vida. 

En 1747 Le Breton, libreiro de éxito e especialista na tradución de obras inglesas, encarga a tradución ao francés da enciclopedia de Ephraim Chambers, Cyclopaedia, ou Dicionario Universal de Artes e Ciencias a Diderot e Jean Le Rond d' Alembert. Pero Diderot convénceo para ampliar a perspectiva e en lugar de traducir o texto orixinal, realizar unha obra nova, co que se dá inicio á monumental elaboración editorial da Encyclopédie. Entre os dous, cun equipo inicial de 21 colaboradores, puxeron en pé a  Encyclopédie, ou Dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers, (Enciclopedia, o Dicionario razonado das ciencias, das artes e dos oficios) 

 

Portada da Encyclopedie (1751)
 

Durante a súa elaboración, o equipo de redactores foi aumentando ata chegar a ter 160 colaboradores. Entre eles estaban algunhas das figuras máis importantes da súa época como Voltaire, Montesquieu, Jean-Jacques Rousseau ou Malesherbes, así como decenas de sabios nos distintos campos. Diderot escribiu máis de cinco mil entradas da enciclopedia en áreas tales como economía, artes mecánicas, filosofía, política e relixión entre outras.

xoves, 1 de outubro de 2020

Lembrando a Quino, O "Pai" de Mafalda [BIBLIOTECA]


Un recordo para Quino (Joaquín Salvador Lavado Tejón), un dos máis destacados humoristas gráficos do ámbito internacional, que falecía onte na Arxentina. Fillo de españois foi o creador do inesquecible personaxe de Mafalda, a nena que cuestionaba o mundo establecido, facendo reflexionar aos adultos. As aventuras de Mafalda publicáronse entre 1964 e 1973, pero seguiron reeditándose e reproducíndose en revistas e diarios ata a actualidade. Traducidas a máis de 35 idiomas, incluíndo o inglés, italiano, francés, hebreo, alemán, guaraní e coreano. 

Descanse en paz!


 

martes, 29 de setembro de 2020

NORMAS NO INICIO DO CURSO 2020-21 PARA A PREVENCIÓN COVID-19 NA EMAO. ALUMNADO E VISITANTES [ADMINISTRACIÓN]

Por Resolución de 29/09/2020 do Concelleiro delegado de Educación, aprobáronse as seguintes Normas para a prevención COVID-19 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Pero lembramos que a máis importante norma a cumprir é a de estarmos informados, sermos prudentes e ter responsabilidade individual.

NORMAS NO INICIO DO CURSO 2020-21 PARA A PREVENCIÓN COVID-19 NA EMAO. ALUMNADO E VISITANTES

0. Carácter destas normas
0.1. Estas normas son de obrigado cumprimento por todo o alumnado e visitantes.
A eventual negativa a cumprilas ou o seu incumprimento inxustificado conlevará ao inmediato abandono do edificio e, se é o caso, a apertura dun expediente disciplinario á persoa infractora que poderá rematar na baixa definitiva na matrícula, ao abeiro do artigo 3.4.2. das normas do Plan de Estudos Vixente (PEEMAO15)
0.2. Estas normas teñen carácter provisional e poderán ser anuladas, modificadas ou adaptadas en función das circunstancias de evolución da pandemia COVID-19 ou doutras circunstancias que fagan conveniente a súa revisión.

1. Non asistencia con síntomas
Calquera persoa que presente síntomas compatibles coa COVID-19 non deberá asistir á EMAO, e deberá seguir as indicacións que lle dean os servizos de Saúde.

2. Prevención xeral básica

  • Lavado frecuente de mans con auga e xabón ou desinfección con solución hidroalcohólica
  • Manter a distancia interpersoal de alomenos 1,5 m

PRESENTACIÓN DA AULA DE TALLA E ESCULTURA NA MADEIRA [TALLA E ESCULTURA NA MADEIRA]

A TALLA E A ESCULTURA NA MADEIRA NA EMAO

Alumno traballando no proceso de realización dun relevo

Dende principios do  s. XX ata hoxe a escultura como disciplina artística deixou atrás o seu carácter clásico en referencia á estatua ou o monumento para adoitar unha actitude de liberdade na forma  tridimensional e no uso  e elección dos materiais, abríndose a novas linguaxes cos que expresarse e construir un discurso artístico que conecte e comunique no contexto actual.

Dende que Marcel  Duchamp en 1913 decidiu que unha roda de bicicleta podía ser un obxecto artístico, toda unha revolución transformou a linguaxe escultórica. A partir dese momento a idea como concepto creativo transcende á forma, liberando á escultura do canon. Comézanse a xerar sinerxias novas entre disciplinas artísticas, a través das cales o volume e a ocupación do espazo baleiro trabállanse dende unha perspectiva global e libre dentro dunha linguaxe híbrida. É por iso que podemos dicir que a escultura é a disciplina artística que evolucionou dun éxito mais notablemente nas últimas décadas.

Inspiración [DEBUXO]

 Xa falta pouco para empezar o curso. Xa temos ganas, ainda que non deixa de planear  certa incertidume  por riba das nosa cabezas, como unha especie de diaño que deixa ver a súa sombra proxectada no chan...pero que descoñecemos realmente como é. Eu son dos que pensa que cando veñen circunstancias adversas que desmontan a nosa vida o noso ritmo cotián ao que xa estabamos afeitos, temos, máis que facerlle fronte, facer amizade con elas para sacar algo positivo, mirando cara diante e pensando no curto prazo, dándolle a man a adversidade e preguntándolle..¿Qué me ofreces?.

Cando intento visualizar como vai ser o obradoiro de Debuxo este próximo curso, a verdade é que non me gusta...levo días dándolle voltas a isto. Non me gusta a disposición e separación das mesas, nin ter que levar a máscara, non me gusta que non podamos interactuar entre nós como facíamos . Non vai ser doado, pero gardar o protocolo polo ben común é fundamental, é a nosa responsabilidade como cidadáns. Non obstante...temos que facer da adversidade algo de proveito. Séneca dicía que " Non hai home menos afortunado que o home a quen a adversidade esquence, pois non ten a a oportunidade de poñerse a proba".

Cando intento visualizar tódalas propostas de debuxo que podemos facer no exterior iso reconfórtame. Visualizo aos grupos debuxando cas nosas sinxelas ferramentas, disfrutando dos espazos urbanos e rexistrandoos dun xeito subxetivo nos nosos cadernos. Este próximo curso temos que facernos donos das rúas, e sacar algo moi positivo de todo isto, do debuxo do natural e as posibilidades que nos ofrece o espazo urbano...no que realmente acontece e se atopa todo. O espazo urbano ten infinitas posibilidades, perspectivas, pequenos recunchos cargados de encanto, obxetos e mobiliario, persoas que poden posar ou que pasean, automóviles, xardíns con árbores e prantas, carteis publicitarios, animais, ceo...terra, asfalto. Este ano máis que nunca teremos que explorar e explotar todas esas posibilidades que ofrece a cidade para o debuxo...facendo desta adversidade unha oportunidade. Cada grupo co seu nivel, claro.


luns, 28 de setembro de 2020

49. Alfonso Armada. El estado de las cosas [PINTURA]

Alfonso Armada Rodríguez (n. Vigo; 1958): 
Es un periodista, escritor, dramaturgo y poeta español. En su trayectoria como periodista ha cubierto conflictos como el cerco de Sarajevo o el genocidio de Ruanda. Fue corresponsal para África en el diario El País durante cinco años y de 1999 a 2005 corresponsal en Nueva York para el diario ABC. Dirigió el suplemento ABC Cultural. 


Es editor y director de la revista digital FronteraD. Desde noviembre de 2017 es presidente de la sección española de Reporteros sin Fronteras.

En su casa familiar y con la inestimable colaboración de su extraordinaria madre, estuvimos hablando del estado de las cosas, en cuanto a arte, cultura y educación.

Festival Internacional de Gravado e Arte sobre Papel (FIG Bilbao) : Segunda Convocatoria da 7ª edición de Open Portfolio para Artistas Emerxentes [BIBLIOTECA]

O Festival Internacional de Gravado e Arte sobre Papel, FIG Bilbao, abre a segunda convocatoria da sétima edición de Open Portfolio para artistas emerxentes en colaboración coa Fundación ‘ ace de Buenos Aires, Arxentina. 

DESTINATARIOS 
Open Portfolio FIG Bilbao está dirixido a todos aqueles artistas emerxentes cuxa práctica se centre no campo da estampa e a obra sobre papel ou teñan unha actividade destacada nese ámbito.
 
OPEN OUTUBRO 2020
Nesta primeira fase seleccionaranse un máximo de 16 artistas para participar nas segundas xornadas Open do 2020 que se celebrarán de forma virtual entre o 26 e 30 de outubro.
As xornadas consistirán nunha presentación dos proxectos a través da website https:// openportfolio.es/  
Un xurado internacional seleccionará a catro artistas que participarán na Feira FIG Bilbao do mes de novembro.

PRAZO
O prazo de presentación da segunda convocatoria de 2020 finaliza o 15 de outubro e as propostas deben enviarse vía correo electrónico á dirección: openportfolio@figbilbao.com

PREMIO
O premio consistirá nun espazo expositivo na seguinte edición de FIG Bilbao 2020 e unha residencia na Fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, A Coruña. 

Más información: https://www.figbilbao.com/feria/

sábado, 26 de setembro de 2020

134 Aniversario da Creación da Escola Municipal de Artes e Oficios [BIBLIOTECA]


O 26 de setembro de 1886 "un domingo ás catro e media da tarde" tivo lugar a fundación da Escola de Artes e Oficios. Presidiu o acto o ex ministro de Fomento Eduardo Chao que pronunciou un entusiasta discurso excitando a todas as clases da sociedade que deixen aparte as mezquinas ruindades políticas e presten o seu apoio á escola de Artes e Oficios a fin de obter os resultados apetecibles... 

Eduardo Chao

Terminada a sesión, o público percorreu as instalacións. A Escola de Artes e Oficios tivo a súa primeira sede na rúa do Circo, hoxe Eduardo Iglesias, número tres, un edificio propiedade de Augusto Bárcena, que pronto resulto insuficiente para albergar ou elevado número de alumnos que acudían ás súas clases.

A Escola foi unha iniciativa da Sociedad de Socorros Mutuos "La Cooperativa" presidida por Manuel Diego Santos.

En Vigo viñan sucedendo, desde facía anos, os intentos de crear unha Escola, dándose, ademais, na cidade, un caldo de cultivo para o establecemento dun centro que se ocupase de formar ao artesán nas artes e os oficios, completar a súa formación, a miúdo deficiente, e perfeccionarse na técnica das súas respectivas profesións. Este anhelo recollía tamén as inquietudes das sociedades obreiras e agrarias, ese mesmo interese existía tamén entre a mocidade de Vigo e no resto das poboacións circundantes. A sociedade viguesa e os seus prohomes deixaban constancia dese interese nas páxinas da prensa local, conscientes da necesidade de elevar o nivel da instrución das clases traballadoras en beneficio do desenvolvemento da cidade.

Desde o 10 de outubro de 1888 o Concello de Vigo faise cargo da Escola convertendose nun establecemento municipal de ensino, con subvencións puntuais da Deputación, do Estado e dalgúns cidadáns.

No ano 1900, despois de 14 anos, a Escola abandona a sede da rúa do Circo para trasladarse ao edificio que actualmente ocupa: un encargo de José García Barbón ao arquitecto Michel Pacewicz. Para levar a cabo este proxecto, García Barbón doou os terreos, costeou o edificio e completou a súa doazón con material de ensino, maquinaria e libros para formar a biblioteca que aínda hoxe existe e que no seu momento foi a primeira biblioteca pública da cidade. Sempre coa convicción de que sería para o beneficio da clase obreira a "cuya instrucción, cultura y progreso van unidos el progreso, adelanto y cultura de los pueblos"

mércores, 23 de setembro de 2020

Daniel Johnston [DEBUXO]

 Os 11 de setembro  desde o ano 2001 son recordados por aquelas fatídicas imaxes de NY que cambiaron o mundo. Tamén o 11 de setembro os cataláns celebran o seu día, a diada. Pero a data do 11 de setembro agora tamén me lembrará a Daniel Johnston, xa que hai un ano, xusto, que faleceu á ideade de 59 anos. Johnston é coñecido como músico, cancións de gran sensibilidade versionadas por grupos ben coñecidos dos 90 como Yo la tengo, pero tamén será recordado como debuxante... unha sorte de debuxo adolescente pop americano. No ano 2012 tiven a sorte de vicularme dalgún xeito e estar perto da exposición e concerto que se fixera na Casa Encendida de Madrid , "Visiones simbólicas". Alí estaba eu en primeira liña... perto do mito. A exposición  foi unha retrospectiva da obra de Johnston que recollía todo o seu mundo obsesivo, diaños, super heroes e a imaxe idealizada do seu amor de adolescencia, Laurie. O exmánager e amigo Jeff Tartakov foi recompilando e gardando este material gráfico ao longo dos anos cos que fixo unha colección . Grazas a el puidemos gozar da súa obra, que nace para ilustrar as portadas dos cassettes que producía Daniel de xeito artesanal na súa casa. 

Ver a Johnston en directo foi unha mestura de sensacións entre ternura e pena.... o idealizado autor que coñecera e me entusiasmara na película The Devil and Daniel Johnston ... era un home desfeito subido a un escenario, sen dentes e coa camiseta manchada de lamparóns, cunha limitada voz, unha man temblequeante e pouca aptitude no escenario. Pero as cancións... as cancións... escoitar Speeding Motorcicle ou True love will find you in the end da voz de Johnston foi marabilloso... emocionante.