martes, 27 de outubro de 2020

Grandes obras Ilustradas: Bruguera [DEBUXO]

Estes días atopeime con uns libros que sempre levo na memoria. Foi unha alegría velos novamente, xa que formaron parte da miña infancia e supoño que son responsables, entre otras cousas, de porqué  me dedico a esto do debuxo. Agora 40 anos despois retoman o motivo polo que foron creados, ser leidos por un cativo. Trátase da colección da Editorial Bruguera "Grandes obras ilustradas" que comenzou a editarse no ano 1967  en forma de revista, eu conservo unhas cantas delas, para logo convertirse en libros recopilatorios monográficos. Tanto as revistas como os libros acadaron un grandísimo éxito ata o peche da editorial no ano 1985 . Trátase de novelas clásicas da literatura xuvenil, adaptacións en forma de banda deseñada cas que disfrutei moitísimo sendo cativo. Foi un xeito de ler a través do texto e a imaxen a autores como Emilio Salgari, Julio Verne, Jonathan Swif e un grandísimo etc...toda unha galería de autores  con 272 adaptacións literarias. Estas publicacións foron un xeito fantástico de dar a coñecer a literatura xuvenil clásica a xuventude dos 70, ofrecendo tanto unha lectura máis sinxela destes textos como un xeito barato de ter acceso a eles.


As adaptacións dos textos literarios foron realizadas por moitos e variados escritores, pero debemos destacar entre eles ao prolífico Víctor Mora, creador do "Capitán Trueno",  Jabato, ou o " Corsario de Hierro",  a Jose Antonio Vidal Sales, creador de " La nave del tiempo", e a Juan Manuel González Cremona,  o principal guionista desde 1977 ata o final da serie. 

Con respecto aos ilustradores que deron vida en imaxe aos personaxes, resulta moi dificil quedarse con algún deles, xa que son moitos moi bos e moi variados, con un estilo similar ao que desenvolveu o xenial Miguel Ambrosio Zaragora coñecido como Ambrós, xa que imitan ese estilo naturalista que tanto éxito tivo na banda deseñada española desde o anos 50, con títulos citados como o " Capitán Trueno" ou " La nave del tiempo"....e que continuou nesta serie nos anos 70 e 80. 

ALGÚNS AUTORES

De toda esta galería de debuxantes españoles con moito oficio e inxustamente esquencidos podemos destacar a:

Antonio Pérez-García Carrillo, creador de "Capitán Pantera" e que firmaba como Carrillo. Gozaba dunha gran facilidade para debuxar chicas de curvas imposibles, de feito son coñecidas como as "Chicas Carrillo", esas mulleres de sensualidade sublime dentro da banda da época e que tiveron tamén aceptación no extranxeiro. De feito Carrillo publicou posteriormente manuais didácticos, estilo os de Andrew Loomis para aprender a debuxar esa chicas.

As chicas Carrillo

Pero non so iso, Carrillo destacaba por ser un gran debuxante de historias de aventuras e de dar vida a selvas exóticas, piratas, templos perdidos....lugares lonxanos. Das Xoias Literarias de Bruguera realizou a adaptación en imaxes " Entre apaches y comanches" de Karl May.  Tamén podemos atopar para Bruguera historietas de aventuras tan sonadas  como " Rex de los Mares del Sur".



Juan García Quirós, xunto co seu irmán Jose Luis representanban o tamden perfecto, Juan como guionista e entintado e Luis co seu debuxo a lápis. Vinculados sobre todo a editorial valenciana  Maga deron vida nos anos 60 a Pantera Negra e Flecha Roja, bandas de aventuras ambientadas no Oeste americano. 


Para a colección de Bruguera traballaron na adapatación de Miguel Strogoff de Verne que eu recordo vívidamente sendo cativo, e no ano 1979  na gran responsabilidade de adaptar o Quixote. Outros títulos adaptados foron: "Julio César" de Enrico Farnacci. "El gran cazador de las praderas" de Emilio Salgari.




Outro debuxante foi Alfonso Cerón que  firmaba como Cerón. Unha das adaptacións que recordo gratamente foi a da "Isla del Tesoro" de Stevenson firmada no interior por este autor. Con un estilo menos naturalista que os anteriores contrastaba ca maravillosa portada de Antonio Bernal, portadista de todos os primeiros títulos da colección e moi recordado polas portadas do "Capitán Trueno" nos anos 70. Cerón ademáis de traballar nun banco foi humorista gráfico e director de publicacións. Participou  en revistas infantís como Pulgarcito ou Tío Vivo, nesta última aportando personaxes como Don Marcial, chupatintas ejemplar. 


Para Bruguera nesta colección fíxose cargo da banda en adaptacións como: "La Isla del Tesoro", "David Coperfield" de Dickens, "Aventuras de un soldado de Napoleón" de Erckman- Chatrian, " La cabaña del tío Tom" de Harriet Beecher, "Viaje a la Luna" de Verne...etc.


Luis Casamitjana foi un dos continuadores de Ambrós dando vida ao Capitán Trueno, cando este debuxante decide abandoar a serie en 1960 para probar sorte en París como pintor. Casamitjana será director gráfico en Bruguera e colaborará nas Xoias literarias da editorial. Recordo a adaptación de "Viaje al centro de la Tierra" ca portada de Antonio Bernal que foi editado en 1971 por primeira vez. 


Outros títulos ilustrados para esta colección por Casatmitjana serán "Dick Turpin" de Ch. C. Harrison e "Aventura en el Oeste" de Mark Twain.


Outros ilustradores participaron activamente en títulos desta colección, todos eles notables, como Torregosa, Carrión, Escandell, Espinosa, e como non Purita Campos, unha das autoras imprescindibles da banda española do século XX, sendo recoñecida ca Medalla de Ouro ao mérito das Belas Artes. Purita traballou para Bruguera desde os anos 60 ilustrando as revistas femeninas da editorial como Sissi ou Celia. Desde os 70 embarcouse no proxecto co que acadaría sona fora de España, no mercado británico, dando vida a Patti´s World e que en España traduciuse posteriormente como "Esther y su mundo". Este personaxe tivo a súa propia revista desde o ano 81. A tirada semanal chegou aos 400.000 exemplares. 


Para a colección Bruguera de clásicos da literatura xuvenil ilustrou Heidi de Juana Spiry


Este é un pequeno recoñecemento a estes debuxantes de oficio, posiblemente con un estilo imposto pola editorial, xa que en moitos casos resulta difícil adiviñar quen é cada un deles só ollando as viñetas. Eran debuxantes, si,  pero como se estiveran en unha cadea de montaxe dunha fábrica. Ainda así o resultado a min paréceme fantástico, quizáis non sexa moi obxetivo, porque o vexo con unha mirada de anhelo dun momento feliz...como é a infancia. Eso si, foi un pracer reencontrarme novamente con estas publicaións e ver como as novas xeracións seguen a disfrutar destas historias adapatadas do mesmo xeito que o fixen eu. Teño a sorte de ter unhas cantas na miña colección de libros e contar con amigos con fillos que ainda as conservan tamén.  Rebuscade nos vosos rochos, é posible que atopedes algún e vos reencontredes ca vosa infancia.

Por se non tedes ningúnha desta xoias e vos queredes facer con algún exemplar, deixo este enlace para coleccionistas que vos pode interesar: COLECCIONISTAS DE BANDA. Eu para os Reis xa vou pedir algún. 

2 comentarios:

  1. Grazas Federico por esta deliciosa entrada que me retrotrae á infancia e adolescencia. Fun unha gran consumidora dos produtos Bruguera, desde o Pulgarcito ata a colección Historias Selección, recordo especialmente esta colección da que tiven e lin moitísimos títulos. Unha colección que tiña á súa vez varias series: Julio Verne, Mujercitas, Clásicos xuvenís, Pobos e países, Pollyana, Ciencia Ficción, Emilio Salgari, Historia e Biografía, Grandes aventuras, Lendas e contos, Sissi e Karl May.
    Con centos de títulos inesquecibles. Recordo que eran uns libros coas cubertas de cor beige a dúas tintas e unha sobre cuberta moi rechamante de cor branca e fucsia. O lombo desta tiña catro recadros cos principais protagonistas da narración, o resto da portada era para unha ilustración a todo cor con algunha imaxe representativa da novela. No interior lembro as súas tres páxinas de texto seguidas dunha de cómic. Pasábame horas léndoos, que tempos aqueles!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E non conservas ningún ?, porque reencontrarse novamente con eles é unha delicia.

      Eliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!