Denis Diderot (1713-1784) |
O 5 de outubro de 1713 nacía Denis Diderot filósofo francés, representante da ilustración, director da Enciclopedia, escritor e crítico de arte. Foi, con Voltaire, quen exerceu maior influencia sobre o pensamento social do seu epoca. Diderot considerou fundamental o papel da técnica e da industria no desenvolvemento do pensar e do coñecer. O experimento e a observación son os métodos e guías do coñecemento. Baseándose neles, o home pode alcanzar un saber, se non do todo fidedigno, no alto grao probable. Diderot fixo da creación da Enciclopedia a empresa central da súa vida.
En 1747 Le Breton, libreiro de éxito e especialista na tradución de obras inglesas, encarga a tradución ao francés da enciclopedia de Ephraim Chambers, Cyclopaedia, ou Dicionario Universal de Artes e Ciencias a Diderot e Jean Le Rond d' Alembert. Pero Diderot convénceo para ampliar a perspectiva e en lugar de traducir o texto orixinal, realizar unha obra nova, co que se dá inicio á monumental elaboración editorial da Encyclopédie. Entre os dous, cun equipo inicial de 21 colaboradores, puxeron en pé a Encyclopédie, ou Dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers, (Enciclopedia, o Dicionario razonado das ciencias, das artes e dos oficios)
Portada da Encyclopedie (1751) |
Durante a súa elaboración, o equipo de redactores foi aumentando ata chegar a ter 160 colaboradores. Entre eles estaban algunhas das figuras máis importantes da súa época como Voltaire, Montesquieu, Jean-Jacques Rousseau ou Malesherbes, así como decenas de sabios nos distintos campos. Diderot escribiu máis de cinco mil entradas da enciclopedia en áreas tales como economía, artes mecánicas, filosofía, política e relixión entre outras.
- Unha versión dixitalizada pode consultarse en Gallica, a biblioteca dixital da Biblioteca Nacional Francesa.
- Wikisource en francés contén unha copia da Encyclopédie de Diderot https://bit.ly/3cWqEoE
- “A Enciclopedia Francesa”, Introdución a obras de consulta sobre a enciclopedia de Diderot, en Biblioteca Nacional de España https://bit.ly/2GiL0g5
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!