Aquí deixamos vídeos do proceso de como fixemos a peza sonora "Zanfóname". Trátase dun panel didáctico sobre a zanfona realizado con tinta serigráfica conductiva que ao tocala emite sons: o son das teclas, tres melodías e o son do traballo de construcción de zanfona no taller de lutería. Este traballo foi realizado pola aula de serigrafía artística co asesoramento e colaboración de Xaime Rivas, Anxo Pintos, Xosé Liz e Sinsal audio.
luns, 10 de febreiro de 2025
luns, 17 de xuño de 2024
xoves, 13 de xuño de 2024
Papel artesanal [SERIGRAFÍA]
martes, 21 de maio de 2024
Concerto de Nicolás Pastoriza [SERIGRAFÍA][BIBLIOTECA]
Algunhas imaxes do concerto de Nicolás Pastoriza na hemeroteca con proxeccións dos traballos que facemos na aula de serigrafía artística da que Nico é alumno. Foi máxico!
![]() |
| Ensaios con Nicolás, Manu Ares e Paulo Modulador de ondas |
![]() |
| Parte do alumnado de Básico de Serigrafía Artística |
Paulo Pascual, Modulados de Ondas tivo a amabilidade de amosarnos o funcionamento do Theremin:
Foi moi especial, graciñas Nico!
xoves, 20 de xullo de 2023
Monográfico de gravado calcográfico PiN-PRESIÓN [OURIVARíA E SERIGRAFÍA]
No monográfico de gravado calcográfico realizamos planchas á augaforte coas que fixemos estampas en papel e logo transformamos as matrices en broches. A temática elexida para traballar foi a botánica, podedes consultar enlaces á historia das estampas científicas e botánicas ao final desta entrada. Aquí amosamos imaxes dos procesos paso a paso onde traballamos xuntas as especialidades de ourivaría e serigrafía artística:
Aprendimos a facer incluso os nosos propios punzóns e buriles:
luns, 12 de xuño de 2023
Visita á exposición «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló». [SERIGRAFÍA]
A semana pasada cruzamos a Ría de Vigo para desfrutar no auditorio de Cangas do Morrazo da exposcición Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló. Esta exposición pretende dar a coñecer diferentes técnicas de
gravado como o calcográfico, a xilografía, a
litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre
unha técnica e outra non é tan nidia xa que os artistas actuais son quen
de mesturar as distintas técnicas. Esta exposición, composta por pezas gráficas seleccionadas entre os
fondos da Colección de Arte de Afundación, permite ampliar coñecementos
sobre a obra dalgúns dos mestres gravadores da arte española do século
XX, entre os cales destacan tres grandes xenios internacionais da
pintura que o foron tamén da arte da estampa: Salvador Dalí, Pablo
Picasso e Joan Miró.
Proxectos [SERIGRAFÍA]
Deixamos aquí algunhas imaxes dos proxectos de serigrafía do curso pasado que estiveron expostos. Recordade que o prazo para a convocatoria deste curso para O Nivel Avanzado remata o 15 de xuño.
O proxecto de Natalia Moreno consistiu en traballar diferentes métodos de estampación artesanal explorando as súas múltiples posibilidades de aplicación trasladadas a diferentes obxectos e soportes para espazos habitables. Aquí amosamos algúns exemplos de lámparas:
venres, 22 de xullo de 2022
Exercicio de serigrafía sonora [SERIGRAFÍA]
Esta proposta sonora trátase dun exercicio da aula de serigrafía artística en colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo e Honorino García e foi realizada durante o monográfico da escola de verán de iniciación á serigrafía.
O exercicio consistía en realizar texturas con métodos directos en serigrafía. A partir destas formas creouse un rede de dispositivos que posibilitan a interactuación co son.
Honorino García é licenciado en Composición na especialidade
de música electroacústica. Na súa labor como docente ensina tecnoloxía aplicada
á música, programación e electrónica creativa na arte. Como investigador
colabora en proxectos relacionados con intelixencia artificial e redes
neuronais, tanto no ámbito artístico como no educativo. Graciñas a él e a Manu e Inés da Orquesta Clásica foi posible esta experimentación coa cal podedes interactuar no espazo expositivo da entrada da escola.
mércores, 25 de maio de 2022
Dende a ventá [SERIGRAFÍA]
O venres rematou a exposición "Arte confinada"con algunhas das pezas que realizou o alumnado da diferentes especialidades da escola durante o confinamento. Unha das propostas da especialidade de Serigrafía Artística para realizar dende a casa consistíu na realización da técnica da cianotipia utilizada baixo a temática común “dende a ventá”. De ahí xurdiron diferentes interpretacións do tema: o que vemos dende a ventá da nosa casa, as ventás imaxinadas …
A cianotipia é un procedemento fotográfico monocromo que no seu proceso fotosensible utiliza citrato de amonio e ferro (III) e ferricianuro de potasio. Esta solución fotosensible aplícase sobre superficie porosa e ao expoñerse á luz reacciona producindo imaxes de gran variedade tonal.
martes, 5 de abril de 2022
A esencia dun cadro. Unha exposición olfativa [SERIGRAFÍA]
Esta exposición do Museo do Prado propón unha relación coa pintura diferente da habitual. O cadro de Jan Brueghel e Rubens que protagoniza esta exposición, O olfacto, condúcenos a unha beleza distinta, a olfativa. No cadro, unha muller que personifica o sentido do olfacto cheira un ramallete de flores. Ao redor dela reúnense outras moitas flores e plantas, e tamén obxectos relacionados co mundo do perfume, como luvas perfumados, unha civeta, etc.
Nesta exposición, que conta co patrocinio tecnolóxico de Samsung, o público terá ocasión de cheirar 10 fragrancias que evocan 10 deses obxectos. Os comisarios son: Gregorio Soa, perfumista senior de Puig, Académico do Perfume e creador das 10 fragrancias, e Alejandro Vergara, xefe da área de conservación de Pintura flamenca e Escolas do norte do Museo do Prado. Enlazamos esta noticia co que estamos a traballar este mes co curso Básico no taller.
mércores, 23 de febreiro de 2022
Rosalía [SERIGRAFÍA]
Hoxe, 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e no taller lembramos esta serigrafía feita por Alba Troiteiro e o proxecto de retratos que está a desenvolver Eila, do curso Avanzado:
mércores, 24 de novembro de 2021
Gravado á punta seca con tetrabrik. Taller no Museo MARCO [SERIGRAFÍA]
A área de didáctica do MARCO afronta este trimestre consolidando e renovando a súa oferta de actividades, entre as que destaca unha nova proposta de obradoiros para adultos. A actividade proposta enlaza co que estamos a facer de gravado na aula. Fixemos punta seca sobre tetrabrik, estupenda técnica de grabado non tóxico que aproveita o material de refugallo.
mércores, 3 de novembro de 2021
O Sanatorio [SERIGRAFÍA]
luns, 11 de outubro de 2021
Lámpadas basadas nos gravados de Anni Albers [SERIGRAFÍA]
martes, 29 de xuño de 2021
FOTOS BAUHAUS/EMAO [SERIGRAFÍA ]
Curso 20/21 superado!!! e con motivo da exposición EMAO/BAUHAUS o alumnado de serigrafía artística fixo unha serie de fotos...

xoves, 18 de febreiro de 2021
O caderno de apuntes [SERIGRAFÍA]
Como complemento ao que falamos na clase xa dende o primeiro día do curso Básico sobre a importancia do uso do caderno persoal para xestionar, rexistrar e organizar a información, exploraremos neste post algunhas páxinas de cadernos de artistas recoñecidos que sirvan de inspiración (sobretodo para o alumnado dos grupos de Superior e Perfeccionamento II que están a desenvolver o PFI, Proxecto Final Integrado). Comezamos a viaxe adentrándonos nun caderno de Gaugin:
venres, 18 de decembro de 2020
Entre bastidores. Sofia Venzel [SERIGRAFÍA]
Esta mañá Sofia Venzel, alumna de serigrafía, compartiu connosco a súa experiencia como investigadora na Biblioteca Internacional da xuventude de Munich. Trátase da biblioteca máis grande do mundo especializada en literatuta infantil e xuvenil e está situada no castelo de Blutenburg.
martes, 23 de xuño de 2020
Auga de San Xoán [SERIGRAFÍA]
Co motivo da noite de San Xoán hoxe recordamos o traballo da alumna Iria Vázquez Costas. Trátase de Mitos galegos reimaxinados, unha caixa de postais deseñadas e serigrafadas á man por Iria. Deixamos aquí tamén o vídeo da preparación da auga de san Xoán feito por Galician garden. Mouchos, coruxas, sapos e bruxas...
mércores, 27 de maio de 2020
Tramando tramas II [SERIGRAFÍA]
martes, 26 de maio de 2020
Tramando tramas [SERIGRAFÍA]
As tramas, esa combinación de puntos, liñas, trazos ou texturas que en serigrafía son esenciais para acadar degradados, matices e sombras. O tramado manual dota de calidez e personalidade ás imaxes. Esta semana traballaremos nos nosos cadernos exercicios de reforzo sobre o que xa fixemos na clase sobre tramas. Esta vez, como xa coñecedes o proceso serigráfico, seguro que aplicades o tramado manual de forma máis consciente e adaptado ás vosas necesidades. Aquí podedes ver algunhas imaxes de momentos nas clases en cursos anteriores traballando o debuxo de tramas.


















