| Alumnado de novo ingreso na EMAO curso 2026-27 |
Publicados os resultados do sorteo, probas de acceso e solicitudes de convalidación para o curso 2026-2027, comeza o prazo de matrícula na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Lembrámoslle que teñen que formalizar a súa matrícula do 24 ao 30 de setembro).
Formalización de matrícula:
1.
As persoas incluídas nos listados cos resultados do sorteo, probas de
acceso e solicitudes de convalidación admitidas deberán formalizar a súa
matrícula presentando na Unidade Administrativa da EMAO a seguinte
documentación:
- Ficha cumprimentada (Recóllese e entregase na Unidade Administrativa da EMAO).
- Fotocopia simple do seu DNI.
- Datas
e horario de matrícula: do 24 ao 30 de setembro (de 10 a 13 horas e de
16 a 20 horas). O día 30 de setembro (de 10 a 13 horas).
2. De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto a persoa que figure no lugar correspondente na lista de agarda.
3. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado durante o primeiro trimestre do curso 2026-2027. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo, o número de prazas ofertadas para cada especialidade.
A admisión definitiva está condicionada á veracidade dos datos de empadroamento.
INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN
Unidade Administrativa da EMAO.
EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO.
De luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado)
Teléfono: 986 228 088
Correo-e: emao@vigo.org/
Internet: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7.php
https://emaonlinecovid.blogspot.com/
Unidade Administrativa da EMAO.
EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO.
De luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado)
Teléfono: 986 228 088
Correo-e: emao@vigo.org/
Internet: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7.php
https://emaonlinecovid.blogspot.com/
www.smtcl-eu.com
ResponderEliminar