Presentado por Alba Pardo (mestra de Serigrafía artística da EMAO)
Data: 30 de maio de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
Este venres teremos na escola a presentación do taller de gravado Entretintas de Bilbao, Omer Zaballa falaranos de cómo foi a súa creación e da execución das edicións realizadas xunto ao artista e exalumno de serigrafía da EMAO Peri Helio.
Omer Zaballa é gravador, profesor e director do taller de gravado Entretintas. Especializado en grafica contemporánea e gravado. O seu enfoque artístico combina a técnica tradicional do gravado cunha mirada critica cara á historia e a sociedade contemporánea.Ten formación en restauración e conservación de bens culturais na Universidade do País Vasco (Bizkaia), paralelamente completou a súa formación en La Taller taller de gravado (Bilbao), Casa Falconieri (Sardeña, Italia), Fundación Mirou (Mallorca), Art Print Residence (Barcelona), Fundación CIEC (Betanzos, Coruña), entre outros.
En 2022 Creou a canle de Youtube “ENTRETINTAS” dedicado á divulgación do gravado e a obra gráfica. A través deste medio, realiza entrevistas e reportaxes sobre a historia do gravado, visita a talleres, museos e exposicións.
En 2023 inaugura o taller de gravado Entretintas no que é o director onde se imparten clases de gravado, fanse pequenas exposicións vinculadas ao a gráfica e realízanse edicións para outros artistas. Como artista recibiu números premios e bolsas, destacando o Premio Nacional de xoves creadores da Calcografía Nacional (Madrid) en 2019. Con exposicións individuais e colectivas por todo España, Francia, Italia, Inglaterra, Polonia, Hungria, Serbia, México e Arxentina.
Este venres teremos a presentación do taller de gravado Entretintas de Bilbao e a parte de amosar a creación do taller, Omer Zaballa e Peri Helio, ex alumno da escola, falarannos de cómo crearon edicións de obra gráfica xuntos e este ano participaron no FIG, Festival Internacional de Gravado.
Deíxovos aquí un enlace con información sobre o traballo de Omer Zaballa e o seu taller. Nesta entrada centrarémonos no traballo de Peri, ex alumno de serigrafía.
En torno ao 2005 a obra de Peri Helio comeza a adquirir unha linguaxe propia que definirá o seu estilo actual, creando un universo particular de carácter onírico, con claras evocacións e influencias do surrealismo e o simbolismo. Tras a súa estancia en Tenerife entre 2007 e 2008, onde desenvolve a súa actividade artística xunto ao colectivo local Os Chinijos Do Millo, tende a traballar en murais de formato cada vez maior á vez que participa en diversos festivais de arte urbana, como o Desordes Creativas, e a súa carreira profesional oriéntase definitivamente cara á arte. Paralelamente á súa obra mural, Peri empeza a traballar sobre papel, coa tinta como un dos seus materiais preferidos. Desde hai algúns anos envorcouse no mundo da estampaxe.
Tras estudar serigrafía artística na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), Peri monta o seu propio taller taller de serigrafía, no que desenvolve actualmente o seu traballo, e ademais realizou estudos de xilografía no Centro Internacional da Estampa Contemporanea (CIEC) de Betanzos, onde acode periodicamente para traballar nos talleres libres. Ao longo de todos estes anos Peri realizou numerosos murais en diversas cidades de España, Italia, Portugal, Francia ou Alemaña e participado en festivais de arte urbana como o IBUG, Desvelarche ou Desordes Creativas entre outros. Ademais, realizou exposicións, tanto individuais como colectivas, en diferentes espazos e países como o Museo de Pontevedra (Pontevedra, España), o Museo de Arte Contemporánea de Puerto del Rosario (Tenerife, España), o Forum de Maia (Maia, Portugal), o espazo BECUH (O Porto, Portugal), Mambo Gallery (Vigo, España), La Frontera (Roma, Italia)… e o seu traballo foi publicado en diversas revistas e libros tales como “Os nomes esenciais do Grafiti e a arte Urbano español”, da Editorial Lunwerg, ou o primeiro volume de “Street Art & Grafiti. Vol.1”, de Fronteira Do Caos Editores.
Crítico coa sociedade actual, filósofo visual da condición humana, cunha clara conciencia ecolóxica e, sen dúbida, observador da natureza e os seus cambios. Todos estes son aspectos da miña personalidade que se evidencian na linguaxe metafórico da miña obra. Aínda que a miña carreira artística está intimamente ligada á arte urbana e ao espazo público, na actualidade no meu proceso creativo combínanse diversas disciplinas entre as que destacan a pintura mural e o debuxo, aínda que sen dúbida a serigrafía e o mundo da estampaxe en xeral cobran cada vez máis importancia… esta variedade axudou ao desenvolvemento do meu proceso creativo á vez que enriqueceu a base conceptual da que parten os meus traballos.
A Asociación Cultural Jules Verne presenta a primeira versión en galego deste relato de Verne, continuando coa edición de obras vernianas. A presentación terá lugar na Escola de Artes e Oficios (García Barbón, 5) este luns 26 de maio, ás 20.00 horas con entrada libre ata completar o aforo.
![]() |
Castelao 1886-1950 |
Presentado por Darío Basso (mestre de Pintura da EMAO)
Data: 23 de maio de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
![]() |
*Foto de Hugo Izarra |
![]() |
*Foto de Hugo Izarra |
![]() |
*Foto de Hugo Izarra |
![]() |
*Foto de Hugo Izarra |
![]() |
*Foto de Hugo Izarra |
![]() |
*Foto de Hugo Izarra |
![]() |
*Foto de Hugo Izarra |
![]() |
*Foto de Hugo Izarra |
*Agradecemos a Hugo Izarra, escritor e xornalista, as fantásticas fotos que nos enviou do pasado Venres da EMAO no que Virginia R. Lorenzo, fundadora xunto con Miguel Sánchez-Cantón de marca Joyas de la Raspa achegounos á intrahistoria da Raspa. Unha tarde inesquecible.
8-5-2025. Conferencia "Cando Vigo entrou na historia. De Búrbida a Turonio" por Manuel Santos-Estévez [FORUM IEV]
6-5-2025. Presentación do libro "Entre café, espuma y confidencias. El Bar León y su entorno" de Fernando Ferreira Priegue [IEV]