luns, 22 de xuño de 2026
mércores, 17 de xuño de 2026
19-6-2026. Inauguración da exposición "140. Escola de Artes e Oficios" [ESPAZO EMAO]
A Escola de Artes e Oficios de Vigo creouse en 1886 da man da Sociedade de Socorros Mutuos La Cooperativa, presidida por Manuel Diego Santos, coa axuda do seu presidente honorario, Eduardo Chao. A Escola viña cubrir a demanda dunha formación técnica para os obreiros, que poderían así perfeccionar os seus oficios ademais de completar a súa instrución básica. Comezou a súa andaina custeada polo esforzo persoal de particulares, pero non foi suficiente para o sostemento do centro. Así pois, en 1888, a Escola pasou a ser municipal; será o Concello de Vigo quen desde entón se ocupe do seu funcionamento e mantemento.
Esta Escola tivo como primeira sede o número 3 da Rúa do Circo (hoxe rúa Eduardo Iglesias), nun edificio que, ante o constante aumento de matrícula, pronto quedou pequeno. No ano 1900, despois de 14 anos, a Escola abandona a sede da rúa do Circo para trasladarse ao edificio que actualmente ocupa, un encargo de José García Barbón ao arquitecto Michel Pacewicz.
Para levar a cabo este proxecto, García Barbón doou os terreos, custeou o edificio e completou a súa doazón con material de ensino, maquinaria e libros para formar a biblioteca que aínda hoxe existe e que no seu momento foi a primeira biblioteca pública da cidade. Sempre coa convicción de que sería para o beneficio da clase obreira, a "cuxa instrución, cultura e progreso van unidos o progreso, adianto e cultura dos pobos".
Con motivo do seu 140 aniversario, as once especialidades que se imparten actualmente na EMAO, e máis a Biblioteca, renden unha homenaxe á Escola a través de 12 obras que nacen dunha visión e análise interno, e que se formalizan de maneira artística, sen tanta institucionalidade.
Honramos ás propias especialidades, aos 140 anos de vida, aos mestres e aos alumnos que por aquí pasaron; en definitiva, á nosa propia historia, a través de propostas que o alumnado dos distintos obradoiros materializaron con dedicación e oficio para levar a bo fin cada unha destas obras.
luns, 18 de maio de 2026
mércores, 13 de maio de 2026
Visitas guiadas á Exposición "Serigrafía galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez" [ESPAZO EMAO]
- De 12.00h a 13.00h
- De 13.00h a 14.00h
- De 19.00h a 20.00h (excepto os martes 19 e 26 de maio)
- As visitas están pensadas para un máximo de 2O persoas, polas características da sala e da propia exposición.
- O horario normal de apertura da exposición é de 19.00h a 21.00h, de luns a venres laborables.
luns, 27 de abril de 2026
xoves, 23 de abril de 2026
24-4-2026. Inauguración da exposición "Serigrafía Galega. 1971" [ESPAZO EMAO]
Vigo na posguerra era, en palabras de Antón Beiras, a cidade na que todo podía acontecer. Quizais por iso os Álvarez Blázquez atoparon nela o refuxio no que abeirarse cando a barbarie bateu forte na súa casa de Tui. O fusilamento do pai, Darío Álvarez Limeses, marcou un antes e un despois para toda a familia. Tanto a nai, María Blázquez Ballester, como os seis fillos que o matrimonio tivera –Darío, Xosé María, Emilio, Álvaro, Alfonso e Celso- viron golpeada a súa vida. Aínda así, rematada a guerra, en Vigo desenvolvéronse profesionalmente e botaron a andar algúns dos proxectos culturais máis significados da Galicia do seu momento.
Álvaro Álvarez Blázquez soñou a democratización e popularización da arte dende os talleres da empresa Serigrafía Gallega e con Xosé María Álvarez Blázquez á fronte de editoriais como Monterrey ou Castrelos, fixeron posible o milagre de darlle nova e fecunda vida á literatura galega nun tempo de silencio, censura e dificultades inmensas.
FICHA DA EXPOSICIÓN
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 24 de abril ao 5 de xuño de 2026
Horario: De luns a venres laborables, de 19.00 a 21.00 horas
Comisariado: Alba Pardo, mestra de Serigrafía artistica da EMAO, Darío Basso, mestre de Pintura da EMAO e Carme Varela, secretaria da Asociación Legado Activo Beiras Cal (LABC)
Cartel: LABC
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e Asociación Legado Activo Beiras Cal, 2026
martes, 24 de febreiro de 2026
Visitas guiadas á exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental". VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO.
Como complemento das actividades programadas ao abeiro da exposición
"No(i)roeste. A Reserva Occidental", os próximos venres, días 27 de
febreiro, 13 e 27 de marzo,
ás 19.00h, realizaranse visitas guiadas polo comisario da exposición e
mestre da especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO, Pepe Pereira.
Por
motivos de aforo, para a participación na visita guiada será necesario
inscribirse previamente na EMAO, por algún dos seguintes medios:
- En persoa, nas dependencias da EMAO (Avenida García Barbón, 5), en horario de 09.00h a 13.00h
- Por teléfono: 986 228 088, en horario de 09.00h a 13.00h
- Por correo electrónico: emao@vigo.org
Lémbrase que a exposición "No(i)roeste. A Reserva Occidental" estará aberta ata o día 27 de marzo, no Espazo EMAO, de luns a venres, de 19.00h a 21.00h
Inscríbete!!!
luns, 16 de febreiro de 2026
xoves, 12 de febreiro de 2026
13-2-2026. Inauguración da exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental". VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO [ESPAZO EMAO]
"Noiroeste. A Reserva Occidental", representa a sétima edición da Bienal do
Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidada xa como
referencia obrigada neste ámbito da artesanía. A cada edición déuselle
un enfoque singular que fixera visible a actualidade e percorrido desta
especialidade artesá. Nesta edición, trabállase a idea da pegada do oficio no noroeste peninsular, unha referencia xeográfica consolidada e á altura doutras máis coñecidas e recoñecidas.
Marroquineiros, zapateiros, guarnicioneiros, artistas do
coiro, zoqueiros, trenzadores... Oficios que sobreviven no nordés, a
reserva occidental que forman Galicia, Asturias, Castela e León e o
norte de Portugal, e que desde hai algo máis de trinta anos viven un
momento especial de traballo, creatividade, innovación e de compartir
coñecementos.
En febreiro de 2013 a EMAO comezou un proxecto que
naceu como algo esporádico, pero que se consolida nesta sétima edición
da “Bienal do Coiro” como unha cita imprescindible para coñecer máis e mellor o mundo do coiro. Desde hai 13 anos cada Bienal articúlase en catro ideas fundamentais:
Con
esta sétima edición da "Bienal de Artesanía en Coiro", a artesanía máis
próxima a Vigo, "a de quilómetro cero", visita a EMAO cos mellores
artesáns do
Noroeste da península ibérica. Unha nutrida representación de artesáns
de Galicia, pezas que hai 25 anos marcaron un antes e un despois na
maneira de entender o coiro, unha representación destacada dos oficios
que manteñen vixente un material que segue vivo co tempo.
FICHA DA EXPOSICIÓN
mércores, 21 de xaneiro de 2026
Ultimos días para visitar no Espazo EMAO a exposición Proxectos 2025 [ESPAZO EMAO]
"Proxectos 2025", representa unha mostra da culminación do proceso formativo do alumnado de distintas especialidades da EMAO, que se pode visitar ata o 23 de xaneiro de 2026 na sala de exposicións da escola, o "Espazo EMAO".
FICHA DA EXPOSICIÓN























































