xoves, 30 de marzo de 2023

21 Biennal de Ceramica de Esplugues Angelina Alós [OUTRAS NOVAS]

 

O Concello de Esplugues de Llobregat convoca unha nova edición do certame de cerámica máis antigo de Cataluña. As súas orixes datan de 1986, cando o Concello de Esplugues institucionaliza a organización do Premio de Cerámica «Ciudad de Esplugues» que, primeiro con carácter anual e, despois bianual, pretende incitar aos participantes para experimentar e reencontrar novas fórmulas de expresión artística mediante a arte da cerámica. Máis información

En memoria da artista e ceramista Angelina Alós (Valencia, 1917- Barcelona, 1997), vinculada á cidade de Esplugues e impulsora do Premio, en 1998, no marco da X edición da Bienal de Cerámica , o certame incorporou o seu nome.

Inscricións Ata o 7 de maio de 2023. Bases

mércores, 29 de marzo de 2023

Presentación de Tandy Leather por Lien Deraedt [OUTRAS NOVAS]

Lien Deraedt, Xerente Tandy Leather Europa


 

31 de Marzo, Xornada de Portas Abertas na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo [ARTES E OFICIOS XERAL]

 

Co motivo dos Días Europeos da Artesanía queremos dar a coñecer o que facemos na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), abriremos as portas das aulas a quen queira visitarnos. Este venres 31 de marzo tedes a oportunidade de ver como son as nosas clases e como traballa o noso alumnado. 

Horario de Visitas: 

  • De 10 a 12 os talleres de Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM) de Zanfona e Gaita
  • De 12 a 14 os talleres de Serigrafía Artística e Artesanía en Coiro
  • De 16 a 18 os talleres de Ourivaría, Moda e Confección, Pintura, Debuxo e Escultura e Talla en Madeira. 
Ao longo de todo o día poderase visitar tamén a Biblioteca onde haberá unha pequena mostra do noso fondo bibliográfico especializado en arte e oficios artísticos e artesanais. Máis información
 

mércores, 22 de marzo de 2023

Recital de Voz e Piano "A Auga na Poesía e na Música en Galicia: Escolma para Voz e Piano" [OUTRAS NOVAS]


Mañá xoves 23 de marzo, ás 19.30 horas, no Salón de Actos da EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios) (r/ García Barbón nº 5-1º, Vigo) a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo desenvolverán o recital de voz e piano "A auga na poesía e na música en Galicia: escolma para voz e piano" dentro FORUM do Instituto de Estudios Vigueses 2023.

Presentación do libro "Cómo establecer tus metas para conseguir lo que quieres en la vida" de Mª José R. Cons [OUTRAS NOVAS]


Xoves 23 de marzo, ás 19:00 horas 

na 

Biblioteca  da Escola Municipal de Artes e Oficios (García Barbón, nº 5)

luns, 20 de marzo de 2023

Venres da EMAO 24-3-2023. Proxección do Documental "Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella" [CAIM ZANFONA]


Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella, documental dirixido por Federico A. Rioboo.

Filme documental sobre a zanfona e as marxes deste instrumento desde a óptica dun dos pioneiros galegos.  A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.

 

Presenta:  Xaime Rivas. Mestre de Construción Artesanal de Zanfonas
Data: 24 de marzo de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

Fotos da Presentación de Xoán Carlos Rilo [VENRES EMAO]

Xoán Carlos Rilo e Carlos Corral

 


Resumo en Fotos das Actividades Culturais da Semana do 13 ao 17 de Marzo na EMAO [OUTRAS NOVAS]

Presentación do libro "Pandora desolada" de Susi DelaTorre

 

Presentación do libro "Barroco" de Antía Otero

 

Presentación do novo disco de Xoán Carlos Rilo "O rosel do meu sentir" v. 2
 

martes, 14 de marzo de 2023

Presentación do libro "Barroco" de Antía Otero [OUTRAS NOVAS]


 O xoves 16 de marzo, ás 19:30 

Presentación do libro

Barroco

de

Antía Otero

con Oriana Méndez e música de Su Garrido

 

Organiza o Ateneo Atlántico

Entrada libre ata completar aforo

luns, 13 de marzo de 2023

Presentación do Libro "Pandora Desolada" de Susi Dela Torre [OUTRAS NOVAS]

 

Esta tarde ás 19:00 presentación do libro de relatos "PANDORA DESOLADA" da escritora Susi DelaTorre. Un libro de historias escuras, sensitivas e emocionais que xogan coa fraxilidade humana e algúns dos seus dilemas máis limítrofes. Cun toque de teatro. 

Presentado por Francisco Castro, escritor galego e Director da Editorial Galaxia.

Composición musical : Paulo Lima da Silva.

Venres da EMAO 17-3-2023. Xoán Carlos Rilo [CAIM GAITA]


Xoán Carlos Rilo é músico e compositor. Acompañaranos na EMAO para presentar o seu novo disco "O RONSEL DO MEU SENTIR. Vol. 2" e interpretará varias pezas con gaita.
Rilo formou parte do Ballet Galego Rei de Viana, como gaitero e percusionista, para logo pasa a formar parte do grupo de música tradicional do IGAEM, hoxe AGADIC, no que continua actualmente.
Ten publicado un libro de partituras de gaita, orquestadas para banda de música titulado "Galifornias"

Presenta:  Carlos Corral. Mestre de Construción Artesanal de Gaitas
Data: 17 de marzo de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

Fotos da Conferencia de Silverio Rivas [VENRES EMAO]

Silverio Rivas e Rosa García

 

Resumo en Fotos das Actividades Culturais da Semana na EMAO [OUTRAS NOVAS]

Presentación do libro Canto de emigración... 7-3-2023

 

Conferencia "Realidades da Prostitución... 9-3-2023
 
 
 
Venres EMAO: Silverio Rivas. 10-3-2023
 

venres, 10 de marzo de 2023

Silverio Rivas [VENRES DA EMAO]

Publicado no Atlántico Diario. 10-3-2023
 

Presenta:  Rosa García. Mestra de Escultura e Talla
Data: 10 de marzo de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

mércores, 8 de marzo de 2023

Conferencia "Realidades da Prostitución e a Pornografía na Nosa Sociedade" [OUTRAS NOVAS]

 

 9 Marzo / 19:30 21:00

Dentro das actividades arredor do 8 de marzo, o  xoves 9 ás 19.30 horas, Helga Pita Romero conversará con Amada Traba sobre as Realidades da prostitución e a pornografía na nosa sociedade actual. O acto terá lugar na Biblioteca da EMAO. Organiza o Ateneo Atlántico

Día Internacional das Mulleres 2023: Mulleres Artistas: Selección bibliográfica [BIBLIOTECA]

 


 

Desde hai máis de 100 anos, o 8 de marzo é un día que celebra os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemora a longa historia de loitas e sacrificios para conseguilos. Na actualidade, durante esta xornada, organízanse marchas e manifestacións en todo o mundo para denunciar que aínda queda moito camiño por percorrer ata alcanzar esta desexada igualdade real entre homes e mulleres.

No ámbito que nos ocupa, a arte e os oficios artísticos, continua a loita das mulleres para alcanzar o lugar que lles corresponde. Desde hai séculos a muller estivo presente nas artes visuais. O seu protagonismo como suxeito da arte asociouse na antigüidade coa artesanía en téxtiles, mentres que a partir do século XVII só casos puntuais alcanzan o recoñecemento de artes visuais. 

Mulleres pintoras hóuboas sempre. Tamén escultoras, talladoras, carpinteiras, gravadoras, ourives, vidreiras. Non hai rexistros de quen eran os artistas da época prehistórica, pero os estudos dos primeiros etnógrafos e antropólogos culturais indican que as mulleres adoitaban ser as principais artesás das culturas neolíticas, nas cales crearon cerámica, teas, cestas, superficies pintadas e xoias. Na Alta Idade Media, era frecuente que mulleres e homes traballasen xuntos. As ilustracións dos manuscritos, os bordados e os capiteis tallados son claros exemplos do traballo artístico das mulleres nesa época. As artistas adoitaban pertencer a dúas clases cultas: aristócratas ricas ou monxas. A miúdo, as mulleres da primeira clase bordaban e tecían; as da outra clase, adoitaban ilustrar manuscritos.

martes, 7 de marzo de 2023

Refexións sobre os pallóns de cana. [CAIM GAITA]

Actualmente estase a impoñer o emprego dos pallóns sintéticos na gaita, dos que xa dispoñemos de varias opcións según quen os fabrique ( SEIPAL, EZEDRONE, MUIÑOS, RUBÉN CARRERA, etc).
Ben é certo que ofrecen máis estabilidade, algúns permiten variar a tonalidade... pero queda o tema da cor do son, sonan igual que os de cana? sona mellor ou peor?. Soibre esto hai opinións para tódolos gustos.
Personalmente prefiro a cana, porque me gusta máis o timbre que ofrece.
A continuación deixovos un video, feito por Jandro Barciela, un recoñecido gaiteiro, e que foi alumno da nosa escola hai uns anos e que hoxe ten o seu propio obradoiro de instrumentos. Neste video nos ofrece unhas reflexións sobre este tema, e a súa (importante) opinión.


Venres da EMAO 10-3-2023. Silverio Rivas [Escultura e Talla en Madeira]

 

Silverio Rivas non necesita presentación, xa que forma parte da historia viva da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Sendo moi novo, formouse entre estas paredes con mestres históricos como Camilo Nogueira. Pioneiro da Abstración Escultórica en Galicia despuntou nos anos 70 e formou parte do grupo Atlántica nos anos 80. Silverio é un grande da escultura galega contemporánea.


Presenta:  Rosa García. Mestra de Escultura e Talla
Data: 10 de marzo de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

luns, 6 de marzo de 2023

Presentación do libro "Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Páramos" [OUTRAS NOVAS]


 

A Clásica presenta a publicación "Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Páramos", unha investigación sobre a figura do compositor e os espazos de lecer en Vigo entre 1920 e 1950.
No acto participarán os autores do libro Manuel Martínez Torres, Pepe Coira, Alejo Amoedo e Marcos Amado “Santiso”
Será o martes 7 de marzo ás 19:30 na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (García Barbón, 5)

Entrada libre ata completar aforo.

Entrevista a Elena Ferro no Faro de Vigo [OUTRAS NOVAS]

Publicado no FdV o sábado 4 de marzo de 2023

Fotos da Conferencia de Elena Ferro [VENRES EMAO]

Elena Ferro e Pepe Pereira
 

Resumo en Fotos das Actividades Culturais da Semana na EMAO [OUTRAS NOVAS]

Conferencia de Elena Ferro no Venres da EMAO. 3-3-2023



 

Conferencia "Alfombra de Nudo Español" 2-3-2023

 

Conferencia "A Música Celta" por Carlos Núñez. 2-3-2023


 

Presentación do libro "Facedores de imaxes" 28-2-2023