Amosando publicacións coa etiqueta Coiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coiro. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xaneiro de 2025

17-1-2025. Venres da EMAO presenta "O bo peixe non cabe na rede" por Pepe Pereira [COIRO]


Hoxe en día Internet e as redes sociais para moitas persoas son todo. Existe a vida fóra das redes? Existe o oficio fóra destes espazos virtuais? Si, existen, pero cun prezo e un risco moi alto, a desaparición e o esquecemento de persoas que coa súa paixón e esforzo mantiveron un oficio e enxalzaron un material para facelo valorado e querido. José, Carmen, Rafael, Garry, Rex... teñen unha traxectoria dun valor incalculable, pero ninguén os coñece, e o seu anonimato dixital está a abocalos ao esquecemento. 

Presentado por Pepe Pereira (Mestre de Artesanía en coiro da EMAO)
Data: 17 de xaneiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

venres, 20 de decembro de 2024

Parabéns!!!

Rematamos o ano 2024 con moi boas noticias para algúns dos nosos mestres. 

 


 
Onte mesmo entregáronse en Jaén os galardóns do XXVI Premio Fundación Unicaja de Artesanía que recoñece os mellores traballos presentados en seis disciplinas diferentes: cerámica, coiro, forxa, talla en madeira, tapices e téxtiles e ourivaría e xoiería. O noso profesor de Artesanía en coiro, Pepe Pereira, obtivo o premio na modalidade de coiro, coa súa peza "Soledad".



Recentemente tamén se otorgarón os primeiros Premios ás Boas Prácticas en Igualdade da Deputación de Pontevedra. A nosa profesora de talla e escultura en madeira, Rosa García,  é a autora das esculturas entregadas aos premiados. 

 

 

 

 Moitísimos parabéns!!!

luns, 11 de novembro de 2024

15-11-2024. Venres da EMAO presenta "Punto de venta, punto de encontro" [ARTESANÍA EN COIRO, MODA E CONFECCIÓN E SERIGRAFÍA ARTÍSTICA]


 

 "Punto de venta, punto de encontro"

Saber transmitir a calidade do traballo artesán ao posible cliente ou ao destinatario dunha peza non é tarefa doada. A presentación do produto, a embalaxe e a súa exposición acurtan esa distancia, pero ¿como facelo? ... Dende catro puntos de vista diferentes, Beatriz Terol (Brackenbridge, Boj), Isaac Romero (Coiraxe e Leather Artisan Lab) e Laura Currais (Blaurtopias) preséntannos a súa experiencia e o seu saber facer á hora da montaxe, preparación e xestión dun punto de venta próximo e no que a calidade do traballo sexa o máis importante.


Presentado por Pepe Pereira, Emma González e Alba Pardo (Mestres de Artesanía en coiro, Moda e confección, e Serigrafía artística da EMAO, respectivamente)
Data: 15 de novembro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

luns, 21 de outubro de 2024

25-10-2024. Venres da EMAO presenta "Crispín e Crispiniano pasaron á historia, pero cántos se perderon na memoria? [COIRO]


 "Crispín e Crispiniano pasaron á historia, pero cántos se perderon na memoria?"

O 25 de outubro é unha data moi especial para todos os que traballan o coiro: é o seu día. Para valorar o estado presente do oficio débese ter en conta o traballo que durante moito tempo desempeñaron moitos artesáns que cada día transformaron o material en obxectos útiles que fixeron que a vida da xente fose máis doada. Moitas destas pezas hoxe son admiradas, pero descoñecemos as mans que as construíron, decoraron e deron vida.
Xa é hora de falar deles.

Presentado por Pepe Pereira (Mestre de Artesanía en coiro da EMAO)
Data: 25 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

luns, 17 de xuño de 2024

24-6-2024. Inauguración da exposición "A Música na EMAO" [ESPAZO EMAO]


Dentro da programación anual da EMAO prevese, ao remate de cada curso académico, a produción dunha exposición cos resultados dun proxecto que, partindo dunha idea xeradora única, dea lugar a interpretación, despregue do traballo e saber facer dos distintos talleres.

Neste ano 2024, a escola e as súas especialidades renderán homenaxe á música, manifestación artística cunha presencia destacada entre as súas paredes. Dende a década dos anos oitenta, a EMAO acolleu entre as súas senlleiras pedras un importante patrimonio musical. Nesa década e nas seguintes agromaron iniciativas que deixaron un pouso profundo na escola e na cidade:

Desde a Aula de Música Moderna e Electrónica, con Bibiano Morón (da que saíron numerosos grupos e músicos con traxectorias destacadas), pasando polo Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos, con Antón Corral (xérmolo da actual especialidade de CAIM -Construción Artesanal de Instrumentos Musicais-, unha das maiores e máis salientables singularidades desta institución e orixe da actividade profesional de numeroso alumnado, como luthiers e artesáns), ata a creación do Conservatorio de Música Tradicional, con Rodrigo Romaní, orixe da actual Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD), como evolución da anterior e que xerou a aparición dun bo feixe de músicos e grupos de nivel internacional, nos que destaca actualmente, entre outros, a Orquestra Folk de Galicia, SondeSeu.

Moitos son xa, pois, os artesáns e músicos que iniciaron a súa vida profesional entre estes muros, confirmando que a actividade musical, en sentido amplo, ademais de achegar unha mellora na vida das persoas, configura un importante sector de actividade económica e emprego, polo que paga a pena apostar.

Nesta homenaxe, a exposición permitirá ver dende o eclecticismo da creación artística de cada unha das especialidades non relacionadas directamente coa música, ata os instrumentos construídos polo alumnado das especialidades de CAIM.

Esta exposición estará aberta entre os días 24 de xuño e o 25 de outubro de 2024 (pechada o mes de agosto).

FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: "A música na EMAO"
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro
Datas: do 24 de xuño ao 25 de outubro de 2024 (agosto pechado)
Horario:

  • Do 24 de xuño ao 28 de xuño: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
  • Do 1 de xullo ao 13 de setembro (agosto pechado): de luns a venres, laborables, de 10:30h a 13:30h
  • Do 16 de setembro ao 25 de outubro: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h

Comisariado: Carlos Corral, mestre de Construción Artesanal de Instrumentos Musicais -CAIM- Gaita e Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira, coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, Serigrafía artística, Moda e confección, Ourivería, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos e CAIM Zanfona.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2024
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

xoves, 6 de xuño de 2024

Escola de Verán da EMAO 2024 [ADMINISTRACIÓN]

 

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte Convocatoria de Cursos Monográficos – Escola de Verán EMAO, a realizar entre os días 8 e 18 de xullo de 2024, dirixidos ás persoas interesadas que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.

O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00:00h do 17 de xuño, ata as 24,00h do 21 de xuño de 2024. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
 
[Véxanse as condicións para a inscrición ao remate desta entrada]

CURSOS QUE SE CONVOCAN:

“UN CHARRASCO DIVINO E ESPIRITUOSO”

Impartido por Sandra de Jesús e Xaime Rivas, mestres das especialidades de OURIVARÍA e CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- Zanfona, da EMAO Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos de ningunha das materias.
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas. Duración: 36 horas
Obxectivo: Construción dun Charrasco, instrumento tradicional galego, aplicando as técnicas básicas da carpintería e complementando con traballos de reciclaxe (convertindo chapas de cervexa em ferreñas) e de elaboración de elementos decorativos com latón.
Programa:
Obxectivos:
Construír, decorar e rematar un instrumento tradicional galego, o Charrasco. Transformar uns materiais de reciclaxe como son as chapas das cervexas en ferreñas para o Charrasco.
Aprender e aplicar as técnicas básicas de carpintaría para o traballo no banco, con ferramentas como o serrón, a trencha, a trade columna, lixa , etc, para a construción do instrumento.
Aprender e aplicar as técnicas básicas da Ourivaría para o traballo en metal, corte, conformado, soldado, esmerilado, pulido e brillado, etc, para realizar as pezas decorativas e dar forma ás ferreñas.
Contidos:
Desenvolvemento e construción do modelo de Charrasco dado.
Aplicación das técnicas de marcado, corte, encaixe a media madeira, pulido, etc precisas para o traballo coa madeira.
Aplicación de conformado das ferreñas, corte e calado para os motivos decorativos en metal, soldado de espigos para a súa montaxe e técnicas de acabado e pulido do metal.
Montaxe final do instrumento, ferreñas e motivos decorativos en metal e tecido.
Material a aportar polo alumnado: 3 listóns de madeira (de 1700x30x30mm, 1400x30x25mm e 800x30x30mm) de madeira dura ou semidura (piñeiro galego, faia, carballo ou freixo). Tamén precisará de outros materiais adicionais coma cable, puntas, tapóns e cintas de tecido, para rematar o instrumento. Comunicaráselle ao alumnado onde poden conseguir os materiais requiridos (custo estimado: 5€ + custo dos listóns que dependerá do tipo de madeira que se escolla).
Alumnado máximo: 12
 
 
“NON SEI COSER UN BOTÓN”

Impartido por Emma Pintos, mestra da especialidade de MODA E CONFECCIÓN, da EMAO. Destinatarios/as: persoas sen coñecementos previos interesadas en aprender “costura de supervivencia” 
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 09:00 a 13:00 horas. Duración: 36 horas 
Obxectivo: Introdución á costura, tratando as técnicas básicas de costura a man e a máquina, traballando sobre proxectos sinxelos e prácticos. 
Programa: 
Conceptos básicos de costura a man: Ferramentas necesarias no costureiro; Coser diferentes tipos de botóns; Puntadas manuais básicas (pespunte, puntada invisible, sobrefiado...)
A máquina de coser: Partes da máquina; Manexo da máquina; Tipos de costuras 
Proxecto 1. Mandíl; Proxecto 2. Mantel e servilletas; Proxecto 3. Tote bag con peto; Proxecto 4. Funda de tesoira e alfineteiro. 
Material a aportar polo alumnado: Alfinetes, agullas, cinta métrica, tesoira, dedal e teas e accesorios para os proxectos (serán especificados o primeiro día de clase). 
Alumnado máximo: 12 
 

“IMOS FACER PLENEIRISMO”
 
Impartido por Darío A. Basso e Federico Fernández, mestres das especialidades de PINTURA e DEBUXO ARTÍSTICO, da EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa interesada. 
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 09:00 a 13:00 horas. Duración: 36 horas 
Obxectivo: O termo "plein air" refírese á práctica de pintar ou debuxar ao aire libre, capturando a luz e a atmósfera natural dunha paisaxe no momento presente. Esta técnica, popularizada polos impresionistas no século XIX, permite aos artistas traballar directamente coa natureza, observando como a luz do sol transforma as cores e as formas ao longo do día. 
As especialidades de Pintura e Debuxo da EMAO propoñen a práctica desta actividade realizando, inicialmente, uns exercicios de aula para, posteriormente, saír pola contorna da ría de Vigo co alumnado, fomentando nesas prácticas finais a expresión da cor e da forma a “plein air”, procurando captar a beleza da natureza. 
Programa:
Pleneirismo na historia. Breve introducción
Diferentes técnicas do Pleneirismo 
A liña como elemento compositivo nunha paisaxe ao aire libre 
A liña como elemento xerador de texturas e movemento. Van Gogh como referencia 
A aplicación da teoría da cor para capturar a vibrante paleta natural 
Diferentes perspectivas que se presentan nunha composición a “plein air”. Lineal e atmosférica 
Expresar a beleza da natureza a través da propia interpretación creativa do alumnado 
Material a aportar polo alumnado:
Estilógrafo 04 Micron Sakura. Lapis. Block de esbozo Guarro A3 
Alumnado máximo: 15 
 

“ESTAMPADO ESTIVAL PARA PRAIA OU FESTIVAL”
 
Impartido por Alba Pardo e Pepe Pereira mestres das especialidades de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA e ARTESANÍA EN COIRO, da EMAO 
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos. 
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas. Duración: 36 horas 
Obxectivo: Mediante linogravado, gofrado e serigrafía, estamparemos sobre tecidos e coiro para crear accesorios de verán: unha bolsa grande, unha máis pequena e un sombreiro. Tamén estamparemos sobre madeira para facer palas de praia. Utilizaremos o coiro como propia matriz para estampar. Esa mesma matriz de coiro será remate dos accesorios.
Programa:
Obxectivos:
Achegarse ao proceso de deseño para aplicación das estampas nos obxectos propostos 
Asimilar os procesos de gravado e creación de matrices para realizar estampacións 
Experimentar coas tintas de estampación sobre diferentes soportes 
Confeccionar complementos personalizados feitos polas persoas participantes 
Contidos:
Desenvolvemento do deseño para os distintos elementos que forman as pezas finais
Adecuación do deseño á temática e procedementos propostos para lograr a funcionalidade e resultado que se pretende.
Aplicación das técnicas de gravado, serigrafía e coiro para a preparación das matrices. 
Realización de gofrado de texturas e estampacións sobre diferentes soportes 
Aplicación e montaxe final das estampas e remates en coiro nos obxectos propostos.
Material a aportar polo alumnado:
Os materiais e consumíbeis que empregarán terán un custe aproximado de 20 € (O alumnado levará estampada unha bolsa grande, unha pequena, un sombreiro e palas de praia). 
Alumnado máximo: 10
 

“INICIACIÓN NA ORNAMENTACIÓN”

Impartido por Carlos Corral, mestre de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- Gaita, da EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos da materia. 
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas. 
Duración: 36 horas 
Obxectivo: Construción dunhas Tarrañolas, sobre as que faremos diversos tipos de ornamentación 
Programa:
Construcción dunhas tarrañolas según plantilla, deseño da ornamentación, talla sinxela, incrustación de puntos, incrustación de figuras irregulares ... 
Material a aportar polo alumnado:
Pelos de serra de marquetería (nº 2 ou 4), xogo de gubias para talla, xogo de limas de agulla ou limatóns. 
Alumnado máximo: 8


“CUN 6 E UN 4, FAGO O TEU RETRATO, E CON ENCAIXE, ÁTOO”


Impartido por Rosa García e Marian Nuñez mestres das especialidades de TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA e DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS, da EMAO 
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos. 
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas. Duración: 36 horas 
Obxectivo: Realizar un retrato coas técnicas do encaixe e gravado. A partir dun diálogo transversal de distintas disciplinas, como parecen o encaixe e o gravado, buscamos o punto de mestura entre o volume do tecido e a pegada no papel, dende a aproximación ás técnicas básicas das dúas especialidades xogaremos cos fíos e as formas, descubrindo novos procedementos e procesos, mantendo un primeiro contacto cos materiais dende o proceso creativo. 
Programa:
Talla en madeira
O gravado en relevo 
Aproximación ás diferentes técnicas aditivas 
O gravado gofrado 
Distintos papeis para a técnica seca
Realización dun retrato a partir dunha matriz de encaixe palillos 
Deseño e encaixe de palillos
Materiais e ferramentas a empregarán
Deseño para a estrutura do encaixe 
Enchido dos palillos 
Realización básica do punto do tecido e cordóns (Par enteiro)
Enganachar o fío sobre si mesmo para completar a peza realizada
Remate da peza de tecido para xogar con distintas tintas de gravado 
Material a aportar polo alumnado: 
1 papel de gravado Hahnemühle 300gr. 2 pares de palillos. Fios. Ganchillo nº 11.
Alumnado máximo: 10 


CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS


Duración dos cursos: 36 horas 
Datas: Entre o 8 e o 18 de xullo de 2024. Horario de mañá 
Lugar: Aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)
Prazas limitadas: Ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica

Inscrición: Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico, no prazo indicado a continuación, a emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles): 
  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante
  • DNI
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.

Admisión de solicitudes:
  • Non poderán inscribirse as persoas matriculadas na EMAO no curso 2023-2024.
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
  • A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude, ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00:00h do 17 de xuño, ata as 24:00h do 21 de xuño de 2024. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
  • A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva. 


Nome do curso

Especialidade/s

Profesorado

Datas

Horario

Nº máximo alumnado

UN CHARRASCO DIVINO E ESPIRITUOSO

Ourivaría

CAIM Zanfona

Sandra de Jesús

Xaime Rivas

08 - 18 de xullo

10.00h - 14.00h

12

NON SEI COSER UN BOTÓN

Moda e confección


Emma Pintos

08 - 18 de xullo

09.00h - 13.00h

12

IMOS FACER PLENEIRISMO

Pintura

Debuxo artístico

Darío A. Basso

Federico Fernández

08 - 18 de xullo

09.00h - 13.00h

15

ESTAMPADO ESTIVAL PARA PRAIA OU FESTIVAL

Serigrafía artística

Artesanía en coiro

Alba Pardo

Pepe Pereira

08 - 18 de xullo

10.00h - 14.00h

10

INICIACIÓN NA ORNAMENTACIÓN

CAIM Gaita


Carlos Corral

08 - 18 de xullo

10.00h - 14.00h

8

CUN 6 E UN 4, FAGO O TEU RETRATO, E CON ENCAIXE, ÁTOO

Talla e escultura en madeira

Deseño e encaixe de palillos

Rosa García

Marián Núñez

08 - 18 de xullo

10.00h – 14.00h

10


luns, 25 de marzo de 2024

Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 18 ao 22 de marzo de 2024 [OUTRAS NOVAS]

22-3-2024. Presentación do libro "O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao" ensaio de Anxo Rabuñal

 


21-3-2023. Presentación do traballo de investigación "Cantando la Nacion. Pascual Veiga, Eduardo Pondal y el Himno de Galicia", por Javier Campos Calvo-Sotelo 
 

 
 
21-3-2024. Visita á EMAO do pintor, gravador e muralista Rafael Úbeda.

 
20-3-2024. Masterclass sobre "Corte e preparación de tireta de coiro para costuras e trenzados" por Isaac Romero Esteras
 

 

luns, 18 de marzo de 2024

20-3-2024. Masterclass sobre "Corte e preparación de tireta de coiro para costuras e trenzados" por Isaac Romero Esteras [COIRO]

 

Este mércores 20 de marzo, nova actividade complementaria á exposición "O Mapa" que pode visitarse ata o 22 de abril no Espazo EMAOA continuación podedes ver o cartaz con todas as actividades do programa "Do taller á Escola 2024".

 


Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 11 ao 15 de marzo de 2024 [OUTRAS NOVAS]

14-3-2024. Conferencia "Pequeña reseña de la vida en Vigo y su entorno" por Fernando Fernández Soto [FORUM IEV]
 

 14-3-2024. Conferencia de Tono Carbajal

 

13-3-2024. Recital poético A Cabeleira (Poema en 70 idiomas) 

 

12-3-2024. Conferencia "O sexo non é o xénero" por Manuel Fernández Blanco [ATENEO ATLÁNTICO] 



11-3-2024. "Florido cueril" Masterclass do artesán José Villar López na hemeroteca [COIRO]