Adrián Pereiro toma contacto co mundo da luthería de xeito autodidacta. Cun proxecto arriscado e máis ilusión que maña,
tenta a construción dunha zanfona. Descoñecemos cal foi o resultado
daquela empresa, pero serviulle para que no seu interior rebulise o
becho e a inquietude de construír instrumentos. Formado inicialmente na
EMAO, continúa a súa aprendizaxe na escola vasca de luthería BELE
asistindo ao mesmo tempo a diferentes cursos impartidos por mestres de
referencia internacional. Completa a súa formación en Chipre co mestre
Stepan Soultanian. Actualmente ten o seu obradoiro na Coruña, onde
proporciona un servizo profesional, cálido e próximo a instrumentistas
de corda fretada.
"Un chelo, catro historias" nace co obxectivo
de poñer en valor unha serie de proxectos vencellados á cultura, á
artesanía e ao rural, elaborando un violonchelo con madeiras de cada
unha das catro provincias galegas. Detrás de cada táboa, unha historia,
cos seus protagonistas, e co luthier e o seu traballo artesán como
elemento conector desas historias. O proxecto tamén busca acadar
información de carácter físico-acústico do
instrumento para, de ser posible, abrir unha porta ao emprego de materia
prima local na elaboración de instrumentos de corda fretada.
Presentado por Xaime Rivas (Mestre de CAIM Zanfona da EMAO)
Data: 21 de febreiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!