luns, 30 de xuño de 2025

Fotos do Acto de Entrega de Diplomas Fin de Estudos na EMAO 2024 - 2025 [ADMINISTRACIÓN]

Acto de entrega de diplomas fin de curso na EMAO
 
Talla e escultura en madeira 
Serigrafía artística
Ourivaría
Moda e confección
Deseño e encaixe de palillos
Debuxo
CAIM Zanfona
CAIM Gaita
Artesanía en coiro
Pintura
Parte do Equipo EMAO co Alcade de Vigo e a Concelleira de Educación
Máis Equipo EMAO

venres, 27 de xuño de 2025

27-6-2025. Entrega de Diplomas Fin de Estudos no Salón de Actos [ADMINISTRACIÓN]



Hoxe, venres 27 de xuño de 2025, ás 18:30h, terá lugar o acto de entrega de Diplomas ao alumnado que remata nivel na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO). O acto terá lugar no Salón de Actos da EMAO.

xoves, 26 de xuño de 2025

Reunión da Comisión de Valoración dos Proxectos de Fin de Estudos na EMAO [ADMINISTRACIÓN]

 

Durante o día de onte e hoxe xoves, a Comisión de Valoración de Proxectos de Fin de Estudos,  formada pola xefatura do Servizo municipal de Educación (ou técnico/a en quen delegue), xefe de estudos, o/a profesor/a da especialidade e un profesor/a elixido por cada un dos departamentos,seleccionará, de xeito libre e motivado -previo o informe escrito do profesor/a da especialidade-, aqueles proxectos presentados que considere de interese, valorando os seguintes apartados:
  • Fundamentación
  • Orixinalidade
  • Implicación no proxecto dos coñecementos, técnicas e destrezas adquiridos polo alumno/a durante a súa formación.
  • Interese e relevancia que ten no marco da especialidade.
  • Capacidade intrínseca do proxecto de xerar novo coñecemento ou fixación de aptitudes e actitudes
  • Coherencia e viabilidade
  • Viabilidade económica
  • Deseño e presentación
  • Adaptación á modalidade de titoría
  • Creatividade e implicación

A EMAO publicará 1 de xullo de 2025, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel avanzado, facendo constar as iniciais do nome e apelidos do/ alumno/a, especialidade e denominación do proxecto.


 

luns, 16 de xuño de 2025

20-6-2025. Inauguración da exposición "Castelao na EMAO" [ESPAZO EMAO]


A inauguración da Exposición "Castelao na EMAO", comisariada polo profesorado das especialidades de Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira da Escola municipal de Artes e Oficios (EMAO), terá lugar o venres, día 20 de xuño, ás 19,00h, no Espazo EMAO.

Dentro da programación anual da EMAO prevese, ao remate de cada curso académico, a produción dunha exposición cos resultados dun proxecto que, partindo dunha idea xeradora única, dea lugar a interpretación, despregue do traballo e saber facer dos distintos talleres.

Neste ano 2025, a escola e as súas especialidades renderán homenaxe, no Ano dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo 75 cabodano do seu pasamento, ao polifacético persoeiro da cultura e da política, figura clave na historia recente do noso país, e considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea.

A EMAO súmase así á multitude de actos e homenaxes que, por toda Galicia, se están a desenvolver neste ano, salientando a obra do pintor, debuxante, humorista, escritor, pensador e político. O alumnado e mestres das diferentes especialidades da Escola presentan a súa particular visión deste personaxe universal. En paralelo á exposición, nas vitrinas do corredor da Biblioteca da EMAO pódense contemplar unha selección bibliográfica de títulos relacionados coa vida e a obra de Castelao, pertencentes aos fondos da Biblioteca da Escola.

Esta exposición estará aberta entre os días 20 de xuño e o 17 de outubro de 2025 (pechada o mes de agosto). 

FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: "Castelao na EMAO"
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro.
Datas: do 20 de xuño ao 17 de outubro de 2025 (agosto pechado)

Horario:
- Do 20 de xuño ao 30 de xuño: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
- Do 1 de xullo ao 12 de setembro (agosto pechado): de luns a venres, laborables, de 10:30h a 13:30h
- Do 15 de setembro ao 17 de outubro: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h

Comisariado: Alba Pardo, mestra de Serigrafía artística e Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira, coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, CAIM Gaita, Moda e confección, Ourivería, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos e CAIM Zanfona.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2025
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

Fotos da conferencia de Pepe Pereira "Si, é coiro" [VENRES EMAO]


Resumo en fotos de outras actividades da semana do 9 ao 13 de xuño [OUTRAS NOVAS]

10-6-2025. Presentación do poemario "Sereas afónicas" de Luísa Abad [ATENEO ATLÁNTICO]

Fotos cortesía de María Vázquez

 

venres, 13 de xuño de 2025

Convocatoria Xeral Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Curso 2025-2026 [ADMINISTRACIÓN]

CONCELLO DE VIGO. Educación 
Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Convocatoria do curso 2025-2026


O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca o proceso de solicitude de praza e matrícula para o vindeiro curso 2025-2026 na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), nas especialidades de: Artesanía en coiro, Construcción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Gaita, CAIM Zanfona, Cerámica artística, Debuxo artístico, Deseño e encaixe de palillos, Moda e confección, Ourivería, Pintura, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira.

 

Os prazos establecidos para este proceso, son os seguintes:

INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN 
 
Unidade Administrativa da EMAO. 
EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO. 
De luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado) 
Teléfono: 986 228 088 
Correo-e: emao@vigo.org