Hoxe expoñemos nunha das vitrinas da sala de lectura novos títulos adquiridos recentemente para a especialidade de pintura, espero que vos gusten.
Alice Neel : las personas primero /
Kelly Baum y Randall Griffey ; con textos de Meredith A. Brown, Julia
Bryan-Wilson y Susana V. Temkin.-- Bilbao : Guggenheim Bilbao, D.L.
2021
Alice Neel (1900–1984) é unha das artistas máis radicais do século XX.
Gran defensora da xustiza social, do humanismo e da dignidade das
persoas, considerábase a si mesma como unha “coleccionista de almas”. As
súas obras reflicten o espírito dunha época, a intrahistoria de Nova
York, centrándose en quen experimentou a inxustiza como resultado do sexismo, o racismo e o capitalismo, así como naqueles que a combatían. Os turbulentos acontecementos do século XX,
entre eles a Gran Depresión, as sucesivas guerras, o ascenso do
comunismo e os movementos feminista e dos dereitos civís, asoman na súa
obra das máis diversas maneiras.
Este libro é o catálogo da exposición organizada por The Metropolitan Museum of Art en colaboración co Museo Guggenheim Bilbao e The Fine Arts Museums of San Francisco
Helene Schjerfbeck.-- London : Royal
Academy of Arts, cop. 2019
Aínda que pouco coñecida fóra do seu país natal, Helene Schjerfbeck
(1862-1946) é unha das artistas máis queridas de Finlandia. A súa
carreira, que se estendeu desde finais da década de 1870 ata o final da
Segunda Guerra Mundial, abarcou tanto o impresionismo como o modernismo. Naceu en 1862 e morreu en
1946, e durante os 83 anos que durou a súa vida construíu unha obra
prolífica e intensa. As décadas que seguiron á súa morte convertérona no
secreto mellor gardado ata que, ao fin, os últimos anos situárona no
lugar que sempre mereceu. Desde a súa primeira gran pintura, realizada
aos 18 anos, Soldado ferido na neve (1880), unha postal bélica e
sensible e un tema que é moi estraño velo en artistas mulleres, ata os
últimos autorretratos na súa vellez, onde prima unha abstracción escura e introspectiva, a obra de Schjerfbeck forma unha curva abismal que a fai parecer varias artistas nunha soa.
La pintura como campo experimental =
Painting as an experimental field, 1948-1958 / Lygia Clark ;
[comisariada por Geaninne Gutiérrez-Guimarães].-- Bilbao :
Guggenheim Bilbao / La Fábrica, D.L. 2020
Pioneira da abstracción, Lygia Clark ( Belo Horizonte, Brasil, 1920 - Río de Janeiro, Brasil, 1988) foi unha artista fundamental da segunda metade do século XX. Este volume acompaña á exposición no Museo Guggenhaim de Bilbao (6 de marzo - 31 de maio de 2020) e explora a produción artística de Lygia
Clark durante a primeira década da súa carreira, na que dedicouse á
creación de pequenas pinturas en branco e negro e de esculturas,
constantemente experimentando con novas técnicas, grazas ao que chegou a
ser unha importante figura da vangarda brasileira. O seu traballo
durante estes anos oscila entre a figuración e a abstracción xeométrica,
creando unha linguaxe visual no que se adiviña a súa futura evolución
cara a unha dimensión máis social e participativa.