
A semana pasada visitamos a galería Maraca e da man de Raúl Bermúdez desfrutamos das serigrafías, risografías e demais estampas con diferentes técnicas de gravado.
Rock and roll e ilustración sempre van moi unidos, dende a arte dos carteis á inspiración que é para os artistas esa música do diaño. Nesta ocasión van da man máis que nunca porque Galería Maraca tráenos unha exposición que amosa o traballo de dous músicos ben coñecidos dentro da escena galega do Rock and roll:
Por unha banda, Diego da Iglesia, chamán dos tambores de Thee Blind Crows e ex- Terbutalina, e pola outra, Rubén Suarez, agora mesmo á fronte de Family Folks, pero antes en Foggy Mental Breakdown, Os High Serras ou Os tres sudamaricones.
Ambos nos mostran a súa vertente menos coñecida para as masas, a súa CARA B. Unha cara para sibaritas e eruditos na que ambos levan anos traballando individualmente, tanto como ilustradores como deseñadores desde hai anos. Así, Da Igrexa en Guillotina Estudo, e Suarez, antes en Bunker Graphics e agora como freelance, levan anos realizando ilustracións e traballos gráficos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!