venres, 18 de marzo de 2022

Tom de Finlandia [DEBUXO]

Durante este curso académico a miña idea para os venres da EMAO era proxectar unha serie de películas relacionadas co mundo do Debuxo, da Ilustración ou das Artes Plásticas. Facer unha especie de CINECLUBE GRÁFICO. Para iso fixenme cunha serie de títulos filmográficos sobre o tema  que xa se atopan nos estantes da nosa biblioteca. 

No anterior trimestre proxectanos "Exit Through the gift shop", a película seudodocumental de Banksy que é de obrigada visualización, e durante este trimestre ía proxectar outra película que nos adentraría nos inicios da arte do grafiti, pero a proposta vai ser bastante mellor...xa irei informando.

Unha desas películas do noso catálogo EMAO, e que tamén quería proxectar para reivindicar un personaxe curioso e pioneiro da iconografía gay, titúlase "Tom Of Finland". 



Pasoume que cando chegou a cinta, esta  estaba en finlandés con subtítulos en inglés.  Así non a vou proxectar  a película un venres, polo que a miña recomendación para este mes é que a collades da biblioteca da EMAO se vos interesa o tema.

TOM DE FINLANDIA: A iconografía gay

Hai xa moitos anos, pode que uns vinte, paseando polas rúas madrileñas do barrio de Chueca,  onde xa proliferaban moitas tendas adicadas ao público gay, atopeime cunha tenda na que se vendían fetiches homoeróticos que me resultaron, curiosos, peculiares… fascinantes, e que eu, un pobre home da peiferia nunca vira. Concretamente fixeime nun boneco cachas e ben dotado que me pareceu graciosísimo, unha especie de Kent gay icónico, un Villace People de xoguete co que facer coreografías sexuais…neses xogos que os adultos gays e eteros practicamos as veces. Este boneco chamábase Billy Boy e representa o canon do home gay do mesmo xeito que Barbie e Kent representan o modelo occidental hetero. 


O boneco Billy Boy

O Canon Barbie, procede do mundo da moda, Pero de onde ven esta estética extendida no  mundo gay onde os homes están hipermusculados e hiperdotados…pois de dous ilustradores.

Un deles é o americano George Quaitance, ao que podemos denominar o gran precursor da primeira metade do século XX e o outro é Touko Laaksonen, chamado Tom de Finlandia.


Obra de George Quaitance.  O pioneiro. Anos 50


Touko naceu en Kaarina, cidade situada  ao oeste de Finlandia  en 1920. Trasladouse a capital, Helsinki, con 19 anos, onde asistiu a Escola de Artes pero pronto tivo que entrar en filas, a loitar na guerra ao lado dos alemáns no frente ruso, xa que Finlandia pertencía as forzas do Eixo.  

Moitos dos seus controvertidos debuxos collen a estética nazi que enfunda a rudos e heróticos tipos, estética que Tom omitiu da súa antoloxía polas críticas xeneradas. Estes debuxos son difíciles atopar, pero aparecen neste documental, e son o xermen da posterior estética leather, gorras negras e chaquetas de coiro, adoptada polo colectivo gay.



Despois da guerra Tom comenza a traballar na industria publicitaria e paralelamente realiza os seus debuxos homoeróticos gays, nun país e nunha época  onde a homosexualidade estaba prohibida e penada. En 1957 envía estes debuxos a revista estadounidense Physique Pictorial, enfocada claramente ao colectivo gay, ainda que non de xeito explícito. É cando Touko toma o nome de Tom de Finlandia como pseudónimo.



O seu traballo pronto impacta na comunidade gay e a estética dos seus debuxos se colle como referencia de estilo.  Tom especializouse na representación de homes musculosos e ben dotados, axudando a loitar,, con este novo canon, contra o estereotipo de home homosexual, mariquita e afeminado. 

A súa obra foi perseguida pola censura xa que por certos sectores conservadores da sociedade estadounidense era considerada como inmoral e obscena. Pero en 1962 a Corte estadounidense despenalizou a fotografía erótica masculina e a obra de Tom toma un xiro cara unha representación máis realista. Chégase  a comparar o seu traballo co do fotógrafo Robert Mappletorphe, famoso polas imaxes de espido masculino inspirado no sadomasoquismo.


Fotografía de Mappletorphe. 1979

O traballo de Tom é considerado estandarte para o colectivo LGBT pero sobre todo Tom é un artista que foi quen de crear un estilo propio, recoñecible, que influiu na estética pop gay de fináis do S.XX, popularizandoa, normalizandoa e deste xeito dignificando e normalizando a este colectivo tan castigado históricamente.

Para rematar un tema popular que bailabamos cando eramos cativos e que non pode faltar en calquera festa que se chame festa..grazas Tom, sen ti os Village People non serían o mesmo.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!