venres, 11 de marzo de 2022

O Concurso da XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira Selecciona Dúas Obras de Rosa García [OUTRAS NOVAS]

Rosa García na súa aula da EMAO
 

Felicitamos a nosa mestra de Talla e Escultura en madeira, Rosa García, unha dos catro artistas españois seleccionados no concurso da XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira. A bienal de arte máis antiga de Portugal e da Península Ibérica estará de regreso este próximo verán, cunha proposta de reflexión sobre cuestións globais como a sostibilidade, as alteracións climáticas, a equidade entre xéneros e etnias ou a urxencia da paz.

Nesta ocasión presentáronse un total de 1164 obras a concurso de 741 artistas oriundos de 50 países. Do 16 de xullo ao 31 de decembro mostraránse 96 obras de 77 artistas.

Parabéns Rosa!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!