venres, 29 de abril de 2022

Frankenstein ou o moderno Prometeo [DEBUXO]

No ano 1818 publicouse en Inglaterra  a que ía ser considerada a primeira novela de ciencia fición, "Frankenstein ou o modeno Prometeo", da xoven autora Mary Shelley. Hai catro anos conmemoráronse,  pois, os douscentos anos da publicación deste texto tan vixente hoxe en día, e no obradoiro de Debuxo comenzamos un proxecto para recordar esta data: ilustrar o Frankinstein orixinal de Shelley utilizando a técnica do gravado en linóleo.


Fotos da Conferencia "Entre Séculos. Os Sons dos Salóns Vigueses: Escolma do XIX e XX" [OUTRAS NOVAS]




martes, 26 de abril de 2022

"A EMAO expón a arte nada do confinamento" Na Voz de Galicia


 

Arquivo de partituras [CAIM GAITA]

Froito da recompilación durante máis de trinta anos, dispoñemos na nosa escola dun arquivo de partituras de música galega, na súa meirande parte para gaita, que na actualidade están en formato de papel. Dado que moitas delas son fotocopias, e non amosan boa calidade, hai uns meses tomamos a decisión de levar todo este material a un formato dixital que permita tanto a súa conservación como a consulta por todos aqueles estudosos, ou sinxelamente interesados, aos que lle poda aportar algún tipo de crecemento, ben sexa persoal ou profesional.

Neste momento levamos dixitalizadas unhas 300 partituras. Dado que dispoñemos de varios centos delas, aínda levará un tempo telas todas dispoñibles, mais, aos poucos, iremos facendo este arduo traballo.

Polo de agora ímolas almacenandoas nun disco duro, clasificadas por ritmos e en formato PDF, á espera de poder contar cun aloxamento virtual que dea acceso a todo aquel que poida estar interesado.

Aquí tedes unha mostra:


luns, 25 de abril de 2022

Forum IEV 2022. Entre Séculos. Os Sons dos Salóns Vigueses [OUTRAS NOVAS]

 

Xoves 28 de abril ás 19:30

Biblioteca-Hemeroteca da EMAO

Entre séculos é un recital para piano só, no quee o pianista Alejo Amoedo interpretará unha selección de obras compostas por músicos vencellados a cidade de Vigo. Escoitaranse un repertorio conformado por obras que eran a banda sonora dos salóns vigueses, tanto da burguesía, como de calquera acto da sociedade.

O acto contará co relatorio do catédratico do Conservatorio de Música de Vigo, Pablo Abreu o cal nos falará das principais características socioculturales da época e contextualizará o repertorio.

O instrumento que se utilizará será o piano alemán marca Ronisch, cedido á EMAO por Puri del Palacio, propiedade da súa avoa, a pianista e compositora María Luisa Chevalier.

Charla sobre "Economía e Política. Labirintos da Prosperidade" [OUTRAS NOVAS]


 

Martes 26 de abril, 19 horas
Biblioteca da EMAO

Economía e Política, Labirintos da Prosperidade

por

Xosé Carlos Arias
Miguel Pérez Pereira
Amelia Pérez

 

Máis información

Resumo en Imaxes dunha Semana na EMAO [OUTRAS NOVAS]

 Este é un pequeno resumo en imaxes da semana do 18 ao 22 de abril.

22-4-2022. Inauguración da Exposición "Arte Confinada"
22-4-2022. Miguel Vázquez presenta "El Mar de Fang" 
22-4-2022. Afinación do piano 
21-4-2022. Conferencia sobre As Monxas Bieitas Galegas
21-4-2022. Presentación á prensa do Forum do IEV
21-4-2022. Paula Comesaña comeza a súas prácticas na EMAO (Convenio Concello IES TEIS)
20-4-2022. Montaxe da Exposición Arte Confinada
 

19-4-2022. Presentación do libro "Xoguetes para nenos cegos"
19-4-2022. Visita da Asociación Provivienda as aulas da EMAO
18-4-2022. Chegada a hemeroteca do piano doado por Puri del Palacio

xoves, 21 de abril de 2022

Presentación á Prensa do Forum do Instituto de Estudos Vigueses 2022 [OUTRAS NOVAS]



Está mañá foi a presentación do Forum IEV 2022 aos medios de comunicación. Resaltar que a maioría das conferencias terán lugar na Biblioteca-Hemeroteca da nosa Escola.

A primeira será o xoves 28 de abril ás 19:30,"Os sons dos salóns vigueses: escolma dos séculos XIX e XX"  a cargo do relator Pablo Abreu e o pianista Alejo Amoedo.

mércores, 20 de abril de 2022

Arte entre catro paredes [OUTRAS NOVAS]


Hoxe o Faro de Vigo publica esta reseña sobre a exposición "Arte Confinada" que se inaugura este próximo venres, 22 de abril ás 19:00 horas. no Espazo EMAO.

Durante o confinamento domiciliario para evitar a perda de contacto co profesorado e a actividade escolar, púxéronse en marcha algunhas medidas de comunicación e relación non presencial, co uso dos medios ao noso alcance: iniciouse a publicación do Blog EMAO EN LIÑA, activáronse os grupos de mensaxería instantánea de cada especialidade, artelláronse titoriais e propostas didácticas para a continuidade, no posible, do curso escolar que irremediablemente quedaba truncado. 

Neste contexto se producen distintas propostas docentes de realización de exercicios estructurados na casa, que serviron tanto para non perder o contacto, como para que a arte, a artesanía e a creatividade se convertisen nun acompañante fiel do noso alumnado naquelas insólitas horas de encerramento nas casas.

Dous anos despois, reunimos nesta exposición parte das creacións do noso alumnado durante o período de confinamento, entendido este tamén no senso amplo da resposta persoal e artística á pandemia por parte das persoas matriculadas na nosa Escola.

 Título: Arte confinada

Produción e montaxe: Equipo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello de Vigo 
Lugar: Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro. 
Datas: do 22 de abril ao 20 de maio de 2020.
Comisariado: Federico Fernández, Rosa García e Darío A. Basso, mestres das especialidades de Debuxo, Talla e escultura en madeira e Pintura da EMAO, respectivamente.
Cartaz: Federico Fernández, sobre unha escultura de Rosa García

Miquel Barceló no "Mar de Fang" [BIBLIOTECA]


Este venres 22 de abril dentro dá Programación dos Venres da EMAO se proxecta o filme de Luís Ortas "Mar de Fang", que relata o proceso creativo do mural cerámico que Miquel Barceló creou para a Catedral de Mallorca. Por este motivo expoñemos na vitrina da entrada a hemeroteca algúns libros con referencias á obra de Barceló.

A intervención do artista mallorquino na capela de San Pedro da Sé consistiu na elaboración dun mural cerámico de 300 metros cadrados que representa o milagre da multiplicación dos pans e os peixes segundo o Evanxeo de San Juan. Para realizar o mural, Barceló trasladouse a Vietri sul Mare ( Nápoles) para traballar xunto ao ceramista Vincenzo Santoriello.

Fotos da Montaxe da Exposición "Arte confinada" [Espazo EMAO]






Produción e montaxe: Equipo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello de Vigo

Lugar: Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro.
Datas: do 22 de abril ao 20 de maio de 2020.
Comisariado: Federico Fernández, Rosa García e Darío A. Basso, mestres das especialidades de Debuxo, Talla e escultura en madeira e Pintura da EMAO, respectivamente.
Cartaz: Federico Fernández, sobre unha escultura de Rosa García

martes, 19 de abril de 2022

O Rostro de Juan Compañel [OUTRAS NOVAS]


Hoxe publícase no Faro de Vigo un artigo sobre o descubrimento da única fotografía que se coñece ata agora do editor e impresor do Rexurdimento, Juan Compañel. Este achado débese ao historiador e amigo desta Escola, José Luis Mateo Álvarez, quen ollando uns álbums dos irmáns Eduardo e Alejandro Chao propiedade dos seus herdeiros, atopou esta foto coa seguinte dedicatoria: "A.M. de Cisneros, a mi amigo y paisano Juan Compañel, 1857" 

Outro aspecto destacable do achado é a propia fotografía pois o autor do retrato é Andrés Marcelino de Cisneros, fotógrafo pioneiro en Galicia e do que non se coñecían fotos anteriores a 1858.

Bases do Concurso do Cartel das Festas de San Xoán 2022 no Municipio de Carballo [OUTRAS NOVAS]


 

Aberto ata o 9 de maio o prazo para participar no concurso do cartel de San Xoán

É obxecto do presente concurso a selección do cartel que anunciará as festas de San Xoán 2022, organizadas pola Comisión de Festas de San Xoán, e que se celebrarán no municipio de Carballo entre o 21 e o 26 de xuño de 2022.

Bases do Concurso

Presentación do Libro "Xoguetes para nenos cegos" por Luz Darriba [OUTRAS NOVAS]

 


Martes 19 de abril ás 19:00, presentación do libro de Luz Darriba "Xoguetes para nenos cegos". Acto organizado por Ateneo Atlántico no que intervirán tamén Xina Vega e Xabier Paz. Entrada libre ata completar aforo.(Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (García Barbón, 5)

Nesta obra Xosé rememora os anos da posguerra xunto a Xan, o fillo cego dos Pena Moura, co que medrou servíndolle como fiel guía e recibindo en pago os refugos dos vencedores. "Xoguetes para nenos cegos" é un relato sórdido, doloroso nalgúns momentos, anguriante noutros, dun tempo non afastado de opresión, miseria e incultura.