RETOMANDO CONTACTO
![]() |
| O silencio da humanidade, Sonia Portela obra realizada no confinamiento alumna de Escultura e talla |
Dende primeiros de setembro estamos a traballar para poder comezar o curso 20-21 dentro da maior seguridade e normalidade posible que esta situación na que todos nos atopamos permítanos. Iso que chamamos "nova normalidade" esíxenos ser absolutamente coidadosos no noso espazo de traballo, adecuarnos a novas normas e ser máis respectuosos se cabe cos espazos compartidos. A EMAO ten unhas características específicas na forma de vivir a escola, as clases impartidas nos distintos talleres son teórico-practicas, é dicir os alumnos e alumnas que acoden ao centro teñen unha relación coa aula moi diferente á doutros centros de ensino, na aula de escultura e talla gran parte do noso tempo de aprendizaxe pasámolo no taller, lugar de traballo común no que nos movemos e compartimos distintos lugares, materiais e ferramentas, polo que iso esíxenos como docentes repensar e reestruturar esa posta en escena dentro da aula. De aí os nosos esforzos para que todo flúa o mellor posible tentando minimizar os posibles riscos que esta situación anormal está a obrigarnos a normalizar. Esperamos que todos e todas nos adaptemos ás novas normas no espazo compartido, desde a comprensión e o respecto xerando un ambiente de traballo o máis san en todos os sentidos.
Por iso esperámosvos a partir do 1 de Outubro con moitísimas ganas para comezar un novo curso con enerxías renovadas.
