mércores, 16 de setembro de 2020

RETOMANDO CONTACTO [TALLA E ESCULTURA]

     RETOMANDO CONTACTO

O silencio da humanidade, Sonia Portela
obra realizada no confinamiento
alumna de Escultura e talla

Dende primeiros de setembro estamos a traballar para poder comezar o curso 20-21 dentro da maior seguridade e normalidade posible que esta situación na que todos nos atopamos  permítanos. Iso que chamamos "nova normalidade" esíxenos ser absolutamente coidadosos no noso espazo de traballo, adecuarnos a novas normas e ser máis respectuosos se cabe cos espazos compartidos. A  EMAO ten unhas características específicas na forma de vivir a escola, as clases impartidas nos distintos talleres son teórico-practicas, é dicir os alumnos e alumnas que acoden ao centro teñen unha relación coa aula moi diferente á doutros centros de ensino, na aula de escultura e talla gran parte do noso tempo de aprendizaxe pasámolo no taller, lugar de traballo común no que nos movemos e compartimos distintos lugares, materiais e ferramentas, polo que iso esíxenos como docentes repensar e reestruturar esa posta en escena dentro da aula. De aí os nosos esforzos para que todo flúa o mellor posible tentando minimizar os posibles riscos que esta situación anormal está a obrigarnos a normalizar. Esperamos que todos e todas nos adaptemos ás novas normas no espazo compartido, desde a comprensión e o respecto xerando un ambiente de traballo o máis san en todos os sentidos.

Por iso esperámosvos a partir do 1 de Outubro con moitísimas ganas para comezar un novo curso con enerxías renovadas. 

Volver, volver os brazos da niña nai e meu pai, do meu irmán, das niñas avoas, das niñas amigas e amigos, da familia, dxs compañeirxs...da liberdade, Sonia Portela @sonia.catclws


Este curso pensabamos inauguralo cunha exposición dalgúns traballos seleccionados que os alumnos e alumnas de distintas aulas da escola realizaron en confinamento, pero dada a situación de rebrote que estamos a vivir, pensamos que era máis oportuno esperar ao comezo de curso e organizala de maneira que non dificulte a chegada ás aulas e poida xerar situacións pouco controladas. Pero sen dúbida poderemos gozar deses traballos que realizastes con tanto esforzo e ilusión.

Pandemia fiction, Sonia Portela

A situación de confinamento esixiunos unha reacción inmediata á nova situación na escola. Obrigounos a  reinventarnos e traballar de maneira diferente pero moi intensa cos nosos grupos de alumnos. No caso da nosa especialidade, escultura e talla, pillounos co material de traballo na aula, e con moitas dificultades para realizar o traballo nas nosas casas. Iso fixo que variásemos o programa do curso, adaptándoo á nova situación. A través do blogue que a escola creou de xeito inmediato colgamos contidos teóricos sobre temas de escultura que nos obrigaron a investigar e leváronnos  a descubrir o traballo de moitos/ as artistas que moitas veces comentamos a través desta canle, así compartimos entradas por "capítulos" entregas coma se da serie de moda tratásese:  Mulleres escultoras: Os obradoiros  do silencio ou Escultores  hiperrealistas entre outros; pero tamén propuxemos traballos prácticos nos que acompañamos dun forte apoio teórico documentado, fomos capaces de traballar a escultura en casa con moi poucos medios pero moitísima creatividade; traballos que nos han  empoderado e dotáronnos de recursos cos que poder crear  sinérxias e diálogos artísticos moito mais alá da elaboración dunha peza escultórica, proxectos como entre outros: Construción-  Deconstrucción - Construción: Proxecto para a realización ducha escultura confinada; Paisaxes Inesperadas: Proxecto de Observación e Creación e o noso éxito da tempada Encerrados co obxecto atopado.


Skol, Sonia Portela

Deste último Proxecto de traballo comparto convosco hoxe estas imaxes da obra dunha alumna da nosa aula, Sonia Portela @sonia.catclaws que interpretou o obxecto atopado xogando coa colaxe, a imaxe fotográfica e os obxectos creando pezas realmente interesantes desde o  leguaxe da escultora Carmen Calvo, o fotógrafo Chema  Madoz ou os irónicos artistas  do Pop, crea o seu propio discurso e móstranos a súa visión do confinamento cunha obra moi coidada, Bravo Sonia en situacións difíciles a creatividade é unha gran aliada!!. 


Ducia e media e mais, Sonia Portela


#Fod-Erte, Sonia Portela



Poder camiñar polo meu xardín axúdame co encerro, Sonia Portela

Instagram se Sonia Portela @sonia.catclaws
No instagram da aula que abrimos para este proxecto poderes ver todas as pezas realizadas polos alumnos e alumnas de Escultura e Talla. @encerradoscobxetoatopado

Irei mostrando algúns traballos de alumnos que formarán parte desta próxima e interesante  exposición.

3 comentarios:

  1. Impactante los silencios humanos,tal cual,como cambio el cuento de nuestras vidas

    ResponderEliminar
  2. Una satisfacción poder haber seguido participando de actividades a pesar de los inconvenientes,gracias a todos X estar y compartir y especialmente a Rosa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias a ti Verónica, por tu compromiso y participación

      Eliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!