Anne Hyatt Huntington
La escultora hispanista
Anne Hyatt Huntington foi unha escultora americana de gran prestixio internacional que se irmandou coa cultura española despois de casar co hispanista Archer Milton Huntington, fundador da Hispanic Society of America, que lle transmitiu o seu amor pola lingua e a cultura española.
Anna Vaughn Hyatt naceu o 10 de marzo de 1876 en Cambridge, Massachussets. O seu pai foi o zoólogo e paleontólogo Alpheus Hyatt, profesor na Universidade de Harvard e o MIT. Anna Hyatt estudou no Art Students League de Nova York e na Escola de Belas Artes da Universidade de Syracuse e formouse con varios escultores, entre os que se conta Gutzon Borglum. Influída pola actividade do seu pai, o seu interese pola fauna manifestouse de forma temperá, comezou a estudar a anatomía humana e animal, o comportamento dos animais realizando numerosos apuntamentos escultóricos no zoolóxico do Bronx, onde ía co seu trípode e arxila a capturar os movementos dos animais. A súa paixón polos animais etiquetouna como escultora fundamentalmente animalísta. Dese período é a obra Reaching Jaguar, 1906.

Reaching Jaguar, 1906 |
Empezou a expoñer a súa obra en 1898, e en 1906 xa alcanzara unha reputación como escultora animalística, e co tempo converterase na escultora de animais máis famosa da historia, sobre todo polas súas esculturas ecuestres, que constituíron unha das partes fundamentais no facer da súa traxectoria artística. Viviu en Europa de 1906 a 1908. En Nápoles moldea un colosal León, escultura colocada no Oakwood Park de Ohio. En 1910 obtivo unha mención de honra no Salón de París coa estatua ecuestre de Juana de Arco, que se erixiu en Riverside Drive, Nova York, en 1915, co motivo do 500 aniversario do nacemento da heroína francesa. O goberno francés encárgalle unha copia para Blois, a súa obra é moi valorada e comeza a recibir mencións e premios que a levan a ter unha gran cantidade de encargos que a sitúan nunha situación económica de privilexio. En 1916 convértese nun membro asociado da National Academy of Desing de New York.
Juana de Arco, 1910 |
Diana of the Chase, 1922 |
Charioteer and the horse,1911 |
“...a señora Anna Hyatt Huntington é desde agora unha valenciana máis, pero valenciana que dá prestixio e honra á súa patria adoptiva; o seu nome ha de perdurar na memoria e o agarimo no corazón de todo valenciano que sinta intensamente o amor patrio.” (González Martí, Feriario, 1964).
Outros dos numerosos premios e distincións coas que conta a escultora son a Medalla de Ouro da Academy of Arts and Letters (1930), a Lexión de Honra do goberno francés (1933), a Widener Gold Medal da Fine Arts Academy de Pensilvania (1937) e a Medalla de Honra da National Sculpture Society (1940).
Anna Hyatt Huntington faleceu o 4 de outubro de 1973 aos 97 anos de idade.
Enlaces web e bibliografía:
Escultoras en su contexto. Barrionuevo Perez Raquel, Visión Libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!