Acontéceme ás veces con moitos ilustradores, que cando vexo algún dos seus libros penso... que bonito é, que ben resolto, que boa idea tivo con este proxecto... ¿Por qué non se me ocorreu a min?
Iso pasoume coa obra de Emmanuelle Tchoukriel e Virginie Aladjidi cando descubrín os seus inventarios de animais e plantas. Son libros perfectos. Inventarios que todos os nenos nun momento da súa infancia queren facer. Recordo que o meu irmán máis eu colliamos follas, pegabámolas e debuxabámolas nas libretas, xogando a ser biólogos. O mesmo cos insectos. Por iso estes libros resultan tan atractivos, ademais de estar ilustrados cunha notable delicadeza utilizando a acuarela e o rotring, lévannos a un momento da infancia que todos tivemos... que marabilla de momentos.
Hoxe quero compartir estes libros grazas a dous alumnos:
Manolo alumno do grupo Medio que estes días estivo a traballar nesta liña a partir dun inventario inglés de animais e plantas, co fin de practicar coa cor acuarela e a liña, do mesmo xeito que fai a ilustradora Emmanuele Tchoukriel, especializada en ilustración médica e científica. Espero que Manolo rememorase eses momentos da infancia aos que é bo acudir de cando en vez.
O mesmo lle aconteceu a Aurora, alumna do grupo Superior, que confinada nunha finca e rodeada de verde, inspiroulna facer o seu propio inventario da natureza presente na contorna. Debuxos nunha liña moi fresca que nos invitan a saír por fin a descubrir as marabillas que nos ofrece a primavera.
Grazas aos dous pola vosa iniciativa.
INVENTARIOS DE ANIMAIS
DEBUXOS DE MANOLO
DEBUXOS DE AURORA
Qué maravilla, Manolo!! 👏👏
ResponderEliminarAurora,... maravillosos también. parabéns!👏👏
ResponderEliminarEncántame, un traballo precioso.
ResponderEliminarGústame o teu traballo, Manolo.
ResponderEliminarNoraboa!!!
Qué chulos Aurora.
ResponderEliminarNoraboa !!!
Federico, son ideas estupendas para debuxar ao aire libre.
ResponderEliminarPlanazo !!!
Gracias.
Pois veña!!! agora que xa podemos sair un pouco!!
EliminarMe gusta mucho todos los dibujos, el colorido me encanta .
ResponderEliminarMe gusta mucho el colorido de los dibujos
ResponderEliminar