Katja Prins
é unha artista holandesa nada en 1970.
A súa formación é artística en deseño e ourivaría.
A súa obra particular e diferente ten como medio de expresión a xoiaría.
A través das súas pezas xera un diálogo sobre a relación do corpo humano coa tecnoloxía,
e a interacción cos aparatos ou instrumental médico.
É unha reflexión sobre a relación das persoas coa tecnoloxía aplicada ao corpo.
é unha artista holandesa nada en 1970.
A súa formación é artística en deseño e ourivaría.
A súa obra particular e diferente ten como medio de expresión a xoiaría.
A través das súas pezas xera un diálogo sobre a relación do corpo humano coa tecnoloxía,
e a interacción cos aparatos ou instrumental médico.
É unha reflexión sobre a relación das persoas coa tecnoloxía aplicada ao corpo.
Colección Inter-Act, prata, coral vermello e branco reconstituído, vidro e aceiro. Katja Prins, 2012. |
Son pezas asépticas, limpas, claras e mecánicas realizadas cunha excelente técnica e acabado,
son formas básicas que se interconectan entre sí, moitas recórdannos a partes do corpo unidas con instrumentos mecánicos.
Colección Inter-Act, prata, coral vermello reconstruido, aceiro. Katja Prins, 2011. |
Katja emprega nas súas obras múltiples materiais que a axudan a transmitir a súa mensaxe.
No caso destes catro colares da colección Inter Act, aparecen materiais como a prata, que é o material de construción, o cordón de aceiro co que crea o corpo do colar, e despois aparecen distintas pezas de vidro, de coral branco ou vermello, de ónix ou casullas de seda.
A misión da súa obra é transmitir unha mensaxe, e para iso calquera material pode ser válido.
Noutras obras traballa máis con plásticos, resina de dentista, poliuretano, pezas plásticas de maquetas, porcelana, algodón, perlas, etc.
Broche, Pendentes e Colgante (abaixo) da colección Inter Act |
Algunhas das coleccións de Katja Prins, á parte de Inter Act, que posiblemente sexa unha das máis coñecidas e representativas desta artista, son:
Rubber Collection, é unha das primeiras coleccións, anos 1999-2000, e o diálogo do orgánico e o mecánico. Os materiais son a prata e o caucho (goma de poliuretano).
Colar Rubber Collection, prata, caucho e algodón K. Prins |
Aneis Rubber collection, prata, caucho e perlas, K.Prins |
Broches Rubber Collection, prata e caucho K.Prins |
Offspring, na que o diálogo céntrase en como a técnoloxía transforma a natureza.
Podemos ver pezas que nos remiten a formas florais e vexetais pero tratadas con esa atmósfera aséptica e mecánica.
Están construídas con latón cromado, resina de dentista e perlas.
Broche Offspring, K. Prins |
Colar Offspring, K.Prins |
Colgante Offspring, K.Prins |
Outra gran colección é Inventarium, na que mantén esa relación cos laboratorios e a ferramenta médica. É unha colección, unha catalogación de obxectos, un inventario.
Nela atopamos materiais como a prata, o vidro e a porcelana.
Aneis-obxecto Inventarium 2002, prata e porcelana. K.Prins |
Aneis-obxecto Inventarium, prata e vidro. K.Prins |
Broche Inventarium, prata e porcelana. K.Prins. |
A seguir unha das últimas coleccións, Shifting Perspectives (perspectivas cambiantes).
Aquí Katja Prins traslada o diálogo do corpo e a tecnoloxía cara á relación coa arquitectura,
pois como na ourivaría o home é a medida de tódalas cousas.
Aquí centrarase nos planos, nos espazos, na cor, nas texturas, nun contorno de construción,
empregando a prata e o plástico.
Nesta serie de catro broches observade a limpeza de liñas,
como une as distintas pezas cunhas garras anchas que dan un aspecto moi mecánico e industrial, como xera estes espazos tranquilos e baleiros cos planos, a cor e a textura.
Fixadevos tamén en como foron feitas estas fotografías,
todo é composición,
empregan fondos bicolor e xeométricos,
o conxunto semellan cadros abstractos en tons pastel,
pura harmonía.
Isto é moi importante á hora de presentar as nosas pezas,
todo está atado, nada é azaroso.
A seguir tedes un colar da mesma colección feito con prata, plástico e cordón de seda.
Para min Katja Prins é unha das miñas artistas favoritas,
o seu traballo é super limpo, excelentemente acabado, a súa obra ten mensaxe e dialoga co espectador, e mantén unha evolución coherente e fiel á súa maneira de facer.
Aquí vistes un exemplo do seu traballo pero na súa web podedes pesquisar e encontrar moitas máis coleccións, imaxes e información.
Espero que vos guste tanto como a mín e vos inspire!!!
Grazas por visitarnos ;D
Sigo as publicacións como auga de Maio. A selección persoal de artistas é marabillosa, non podía ser máis do meu gusto ��.
ResponderEliminarMoitas grazas, para mín saber que os artigos son interesantes e vos gustan é unha alegría ;D
EliminarVaia mestura interesante de planos e texturas!
ResponderEliminarCertamente ;D. moitas grazas Alba
Eliminar