O mopane (colophospermum mopane), é unha madeira cada vez máis apreciada na construción de instrumentos polas súas excelentes características físicas e sonoras. Ten unha gran concentarción de aceite, o que a fai moi resistente á humidade e ás fendas.
Unha vez secada ó ar ten unha densidade de 1300 kg/m3, un pouco por debaixo, aínda que case igual á do granadillo, o que lle confire un son moi potente pero algo máis cálido.
Ata non hai moito resultaba complicado conseguilo no formato que nós precisamos, mais afortunadamente xa dispoñemos de provedor para esta madeira.
O cerne é de cor café avermellado, o escaso sámago é de cor amarela a café claro. Madeira moi dura, pesada e resistente ás térmites.
As follas do mopane distínguense facilmente xa que son compostas, teñen dous foliolos e forman entre os dous a forma das ás dunha bolboreta. Onde se xuntan as dúaas follas advírtese o remanente dun terceiro foliolo. O mopane é unha árbore caducifolia (as follas caen na primavera e brotan en outubro, antes das chuvias) ou semicaducifolia (as follas caen cando brotan as novas). Entre decembro e abril brotan as flores, pequenas e amarelas, apenas visibles. O froito ten forma ovalada ou de ril e madura entre abril e xuño.
Clarinete en mopane |
Usos:
Ademais de na construción de gaitas e diversos tipos de frautas e clarinetes, tamén se utiliza para as travesas das vías do tren e para os soportes das minas.
Outros usos da árbore inclúen utilizar as súas poliñas coma se fosen cepillos de dentes, facer curtidos e cordas coa cortiza e sandar feridas coas follas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!