Binioù significa gaita na lingua bretona. Existen dúas clases de binioù na Bretaña: o binioù kozh (‘kozh’ tradúcese por antigo en bretón) e o binioù bras (‘bras’ significa grande), ás veces tamén chamado pib-veur. O binioù bras é moi semellante á gaita escocesa
O binioù kozh ten unha tesitura dunha oitava, e é moi agudo; a súa nota máis grave é o mesmo ton que a máis aguda na gaita escocesa. Ten un só ronco, dúas oitavas por debaixo da tónica. Tradicionalmente tócase a dúo coa bombarda, una dulzaina que soa unha oitava por debaixo do binioù, para o baile popular bretón. O binioù bras utilízase maioritariamente como parte dun bagad (banda de gaitas).
Existe a tradición entre os bretóns de que o binioù provén de KernVeur (Cornualles) en bretón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!