venres, 29 de maio de 2020

Hazel Thorn [OURIVARÍA]

Hazel Thorn 
é unha artista escocesa 
que emprega nas súas obras unha técnica particular 
e propia de combinación de metais.

Birch vessels de Hazel Thorn

Thorn busca a súa inspiración nas paisaxes naturais,
pois ela naceu nunha zona remota de Escocia, nas Highlands,
 pero tamén no traballo co propio metal. 
Nas súas pezas  intenta transmitir os aspectos visuais, as cores e as texturas daquelas paisaxes. 





A obra de Hazel Thorn destaca por esa combinación de distintos metais,
 normalmente barras de prata, cobre e latón, 
 que fusiona entre si para transformalas nunha lámina de bandas ou tramas lineais 
coas que elabora as pezas.

Nas imaxes a seguir podedes ver o resultado desa investigación.



Certamente vén sendo a experimentación mais aló dun básico mokume gane, 
conseguindo a trama ou debuxo dos distintos metais
pero sen perder material.

O acabado que lle dá ás súas obras axuda a dar forza a estes debuxos abstractos,
resaltando as liñas e o movemento das pezas.





Trorn sente interese tamén por representar o paso do tempo e para iso emprega esas pátinas que aceleran a oxidación natural do metal, que no caso dos metais cuprosos xera cores verdosas ou azuis, e na prata esa cor negra, aínda que ás veces tamén deixa o acabado en branco.





Noutras obras podemos ver partes rotas ou corroídas producidas polo
propio traballo de construción ou tamén por oxidacións producidas pola calor da chama,
 e que aportan un acabado moi característico.



A ourivaría de Thorn é moi particular e cunha linguaxe propia.
Se queredes coñecer algo máis sobre ela
déíxovos aquí 
a súa web: Hazel Thorn,
e o seu Instagram: hazelthornsilversmith.



Espero que vos guste e vos inspire!!!
E grazas pola visita ;D

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!