venres, 22 de maio de 2020

Unha mostra do grupo Medio [DEBUXO]

Esta semana queríavos mostrar os debuxos da proposta "O que vexo desde a fiestra" realizados polo alumnado do grupo Medio. Como agora xa están ás voltas coa cor e rematando os debuxos da libreta pequena, vou a agardar unha semana máis e dar ese tempo para os que aínda non me enviastes esta proposta rematada...Veña, que os debuxos que me chegaron están moi ben... ánimo!!!

Vou facer entón unha selección máis diversa do que estivestes debuxando estes días. Debuxos a liña, mancha-cor e debuxos combinando mancha-liña. Debuxos de pequenos obxetos e de espazos caseiros, exercicios que nos axudan a desenvolver as nosas habilidades de observación e de execución.

COR
Debuxos: Bea e Manolo



Debuxos: Begoña

Debuxos: Katy e Miguel
O exercicio das latas foi a vosa primeira aproximación á cor. O recurso da liña combinado coa mancha dálle un aspecto máis gráfico e debuxístico. Pensade que estamos en debuxo e queremos potenciar ese aspecto. Begoña realizou un fantástico traballo na primeira lata, pero evitou o tratamento coa liña resultando unha peza máis pictórica. Moi bo traballo.

LIÑA

Debuxos: Paqui

Debuxos: Paqui

As libretas son o noso campo de probas onde errar, estragar.  É importante xogar a resolver as texturas coa liña e as escalas de grises co mesmo recurso.

Debuxo: Miguel

Debuxo: Miguel

Estes pequenos aperitivos de liña son unha delicia para ver, pero tamén para facer. A súa execución resulta  tan satisfactoria como atoparse cun bo libro no que entras tanto na lectura que o mundo fóra dese espazo de historia non existe. Coa execución  destes pequenos debuxos a liña pasa o mesmo, por iso é importante que tomedes o voso tempo, o voso momento.

Debuxos: Sika

Debuxo: Sika
Senta... goza do espzo e do obxecto que estás a ver. Analiza a súa forma, textura, e pensa en como interpretar coa liña toda esa información.

Debuxo: Lourdes
Debuxo: Katy
Agardo os vosos debuxos, as vosas prácticas de libreta que cada día que pasa melloran. Noto como perdedes o medo á liña, ao erro, á imposibilidade de modificar... iso tradúcese en bendita imperfección da que sacamos petróleo.

Remato cunha canción que espero vos inspire... Ten moito debuxo. Un clásico.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!