
Practicamente toda a contorna vital de Maria era artística. Ademais do seu pai e o seu padrasto, tamén o seu irmán maior Caspar era pintor. Con todo, ningún deles chegou a destacar tanto no seu propio campo como Maria. Casou -obviamente con outro pintor, Johann Andreas Graff– pero divorciouse del en 1685 para entrar nunha comuna pietista en Frisia, levándose á súa nai e ás súas fillas (Johanna Elena e Dorothea Maria), que tamén eran pintoras e axudábana nos seus proxectos. Os seus estudos, publicados en alemán, foron moi populares na alta sociedade da época, razón pola cal os científicos, que usaban o latín como lingua de comunicación, desdeñaban o seu traballo. Con todo, vista en perspectiva, convértese non só nunha pioneira da Historia Natural moderna, senón tamén da divulgación, ao publicar os seus estudos nunha lingua maioritaria. A pesar de que o seu traballo foi ignorado durante séculos, actualmente considérase como unha pioneira da entomoloxía moderna. A súa capacidade de observación e o seu extraordinario talento como artista convertérona nunha incomparable transmisora de coñecemento, creando unhas ilustracións científicas que aínda na actualidade se consideran como grandes obras de arte e achegas á ciencia de primeiro nivel.
![]() |
Plancha extraída de Erucarum ortus, de Maria-Sibylla Merian. |
![]() |
Retrato de Maria Sibylla Merian no billete de 500 marcos alemáns |
![]() |
Ilustración da obra Metamorfose dos insectos do Surinam, realizada por María Sibylla Merian. |
"O libro cos 60 gravados de Merian foi publicado en holandés e en latín. Del algúns naturalistas dixeron que era o máis belo traballo xamais pintado en América. No libro, ademais de ilustracións e descricións da natureza, hai algúns comentarios provenientes dos ensinos que tanto africanos como indíxenas lle transmitiron a Maria sobre o uso de certas plantas. Son rechamantes as instrucións que lle deron sobre certas follas abortivas e as razóns do seu uso entre os escravos. Eles contáronlle a Merian que non querían reproducirse porque non querían traer ao mundo a outros escravos. Ela reportou o feito sen condenalo. Tamén lle falaron de plantas, flores, insectos, vermes e outros animais cos que se alimentaban e da forma de tratar certas enfermidades. Algunhas veces sen ton condenatorio e en forma etnográfica comparou ás eirugas cos indios nas súas hamacas, “das cales eles nunca emerxen”, frase a ton cos conceptos de culturas superiores e inferiores daqueles tempos."
Fragmento de texto de Natalia Silva Prada do seu articulo sobre Maria
Podedes consultar os seus interesantes libros nesta dirección:
http://www.themariasibyllameriansociety.humanities.uva.nl/merianwork/books/
The Maria Sibylla Merian Society
Gabinete del grabado: Maria Sybilla Merian ( 1647-1717)
Mujeresconciencia.com
Alic, Margaret (1991), El legado de Hipatia, Siglo XXI, Madrid
www.sibyllamerian.com/biography.html
www.britannica.com/biography/Maria-Sibylla-Merian
Reitsma, Ella (2008), Maria Sibylla Merian & Daughters: Women of Art and Science, Getty Publication
Maria Sybilla Merian y Alida Withoos: mujeres, arte y ciencia en la Edad Moderna
Espero que vos sirva de inspiración para facer o exercicio da estampa botánica! Ánimo, saúde e moita tinta!
Enlaces relacionados co exrcicio da estampa botánica:
https://emaonlinecovid.blogspot.com/2020/05/a-estampa-cientifica-serigrafia.html
https://emaonlinecovid.blogspot.com/2020/05/tramando-tramas-ii-serigrafia.html
Que marabilloso traballo o de Maria Sibylla Merian!!!
ResponderEliminarMoitas grazas Alba por este post, encantoume.
Que maravilla Alba, super interesante!! me encantó!! gracias por compartirlo.
ResponderEliminar